Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2024

Elena Gerpe, unha poeta no xornal "La Tetera" en 1914.

“La Tetera” foi un xornal tudense que comezou a súa andaina o 12 de outubro de 1913. Xorde coa vocación de contrarrestar a política municipal   e do distrito do Baixo Miño que monopolizaba a familia Ordoñez, primeiro con Ezequiel Ordoñez González, deputado polo distrito entre 1879 e 1901 ao que sucede o seu fillo Mariano Ordoñez como deputado incuestionable entre 1903 e 1923. Na nosa cidade os representantes do ordoñismo na vida municipal e na vida social están encabezados por Venancio Lorenzo Rodríguez, que ocupou diversos cargos: concelleiro e primeiro tenente de alcalde (1893) e foi nomeado alcalde de Tui a finais de decembro de 1893. Foi tamén deputado provincial en 1896, 1901 e 1905. Volveu ser alcalde de Tui do 1 de xullo de 1909 ata o seu falecemento o 9 de setembro dese ano. A Venancio Lorenzo o sucede como representante do ordoñismo o rexistrador da propiedade José Emilio Herraiz Ruibal, que sen chegar a ocupar cargos no Concello controlaba a situación política do distrito.

A iconografía do Nadal no pórtico da Catedral (e II): a Epifanía

Continuamos neste novo post coa análise das representacións iconográficas da portada da catedral tudense, centrándonos hoxe nas escenas relativas á Epifanía que figuran no segundo nivel do tímpano deste pórtico e que recollen dous momento relacionados coa presenza dos Magos no ciclo de Nadal: a súa visita ao rei Herodes e a posterior adoración ao Neno Xesús. No momento da Encarnación ou Nacemento de Xesús este acontecemento é revelado polo anuncio dos anxos aos pastores de Belén, ou sexa aos xudeus, pois Xesús asume a condición de Mesías ou o salvador agardado polo pobo de Israel. Pero os relatos evanxélicos recollen de seguido o episodio da Epifanía, ou primeira manifestación da divindade de Xesús, a primixenia teofanía de Cristo, agora a persoas alleas ao pobo de Israel, aos Magos de Oriente, expresando como a misión salvífica deste Neno abrangue a toda a humanidade, tamén aos denominados xentís. O relato evanxélico de Mateo sobre a presenza dos Magos recolle a presenza da estrel