Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

Nosa Señora do Camiño, lendas e tradicións

No último post falamos da necesidade de conserva o patrimonio inmaterial que atesoura a nosa cidade, naquel caso no que atinxe a certos topónimos que pola expansión urbanísticas da cidade e os conseguintes cambios no rueiro vanse perdendo para a memoria colectiva. Similar necesidade sucede coas tradicións populares expresadas a través de lendas que foron transmitidas oralmente polos nosos devanceiros. Actualmente esta secular cadea que nos une coa nosa historia e identidade foi rachada polos procesos de modernización que modifican os hábitos sociais e culturais nun proceso esmagador de unificación dos mesmos. Por tanto, recoller e documentar estas vellas lendas e tradicións populares que tantos de nos escoitamos na nosa infancia para evitar a súa desaparición e a conseguinte “desmemoria” colectiva resulta unha necesidade perentoria para a nosa sociedade. Unha destas tradicións mais coñecida no entorno tudense atinxe á capela a Virxe do Camiño, na parroquia de Rebordáns, na antigo

Toponimia tudense en perigo de esquecemento

  Os topónimos constitúen elementos identificadores espaciais de referencia para a poboación do territorio, os nomes de lugar teñen unha importancia capital como instrumentos para a conservación e difusión da información xeográfica e finalmente cabe sinalar que cada topónimo conten información sobre o lugar que nomea, tanto polo seu significado como polo seu contexto, orixe e evolución. A toponimia ten, por conseguinte un altísimo valor como elemento do patrimonio cultural inmaterial. O noso interese agora non está tanto no valor lingüístico do contido deste nomes, a súa procedencia e significación, a súa antigüidade filolóxica, senón que a toponimia posúe un valor simbólico e de expresión do poder territorial moito máis aló do seu valor puramente onomástico. O uso e evolución nunha sociedade concreta dos topónimos permiten recoñecer a súa evolución e os valores predominantes neste entorno social, datos que cómpre albiscar máis aló da mera lectura do nome dos lugares. A análise de