Os topónimos constitúen elementos identificadores espaciais de referencia para a poboación do territorio, os nomes de lugar teñen unha importancia capital como instrumentos para a conservación e difusión da información xeográfica e finalmente cabe sinalar que cada topónimo conten información sobre o lugar que nomea, tanto polo seu significado como polo seu contexto, orixe e evolución. A toponimia ten, por conseguinte un altísimo valor como elemento do patrimonio cultural inmaterial. O noso interese agora non está tanto no valor lingüístico do contido deste nomes, a súa procedencia e significación, a súa antigüidade filolóxica, senón que a toponimia posúe un valor simbólico e de expresión do poder territorial moito máis aló do seu valor puramente onomástico. O uso e evolución nunha sociedade concreta dos topónimos permiten recoñecer a súa evolución e os valores predominantes neste entorno social, datos que cómpre albiscar máis aló da mera lectura do nome dos lugares. A análise...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses