Celebramos estes días o 701 aniversario da peregrinación a Compostela de Santa Isabel de Portugal, a Rainha Santa , cando xa estaba viúva do rei, D. Dinis. Esta peregrinación é unha das principais referencia do culto e a devoción xacobea en Portugal e do propio Camiño Portugués, que ten en Tui un dos seus principais enclaves cunha rica historia ao longo dos séculos. O pasado ano dende o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudenses foi lembrada esta conmemoración cunha conferencia e diversas actividades arredor desta data do 25 de xullo. Hoxe recollemos en Tudensia un resumo daquela conferencia que sinala a transcendencia da figura da Rainha Santa que aínda na actualidade segue sendo unha referencia imprescindible ao falar da cultura xacobea en Portugal, mais aló da súa significación na historia do reino portugués [i] . A inmensa maioría dos peregrinos que realizaron o Camiño Portugués ao longo do tempo permanecen no anonimato. Unicamente rescatamos deste esquecemento ao...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses