Continuamos a serie que con este titulo de “visitas ao patrimonio tudense” abordamos en ata catro entregas ou posts neste blog nos últimos anos. Hoxe recollemos novas propostas de visita para os nosos lectores que os levarán ata lugares de interese patrimonial no noso municipio, que conserva un amplo acervo de bens que merecen ser coñecidos, conservados e divulgados.
Capela
do Anxo – Pazos de Reis
No barrio homónimo da
parroquia de Pazos de Reis, foi edificada esta capela cara 1580 no episcopado
de Diego de Torquemada conservándose o seu escudo na reedificación realizada no
século XVIII, hoxe visible no exterior da cabeceira da capela. En principio
tivo como titular ao arcanxo S. Rafael pero posteriormente posiblemente cando a
súa reedificación mudou polo Santo Anxo Custodio, que se mantén aínda na
actualidade.
Casa
Forestal do Monte Aloia
A construción desta
casa está vinculada ao proceso de reforestación do Monte Aloia que inicia cara
1910 o enxeñeiro de montes tudense Rafael Areses Vidal coa sementeira de
piñeiros na parte alta do monte. Moitos dos árbores plantados no Aloia proceden
do Viveiro Forestal de Areas creado en 1906.
Para a xestión deste
proceso de reforestación Areses promoveu a construción desta Casa Forestal en
1921. Tipoloxicamente presenta semellanzas coa casa tradicional galega, pero,
Areses concibe un deseño que lle aporta orixinalidade. Pois, en canto ao
tratamento mural escolle un aparello marcadamente rústico que dota ao edificio
dunha linguaxe organicista ou naturalista coa que se intenta a conexión directa
coa paisaxe na que abundan os rochedos. Para elo non só emprega os penedos nos
muros se non que tamén no deseño das barandas e elementos sustentantes feitos
en cemento, que imitan troncos de árbores.
Outro dos elementos característicos deste edificio é o arco rampante da entrada principal, que evoca ás formas estruturais da arquitectura de Gaudí.[1] Na actualidade acolle o Centro de Interpretación e Información do Parque Natural do Monte Aloia.
Chemineas
dos fornos cerámicos de Guillarei
No entorno das
“barreiras” ou antigas minas de explotación de arxilas para a elaboración de
tellas, ladrillos ou cerámica no entorno das gándaras do río Louro se
implantaron, a inicios do século XX, as fábricas ou forno de cerámica
promovidos polos irmás Trinta, orixinario de o Rosal, ou a telleira de Severino
Gómez e algunha outra.
Estes complexos empregaban grandes chemineas de ladrillos para os fornos de cocción de materiais de construción. Conservamos unha imaxe de 1957 da cheminea e forno dos irmáns Trinta onde comezaban os procesos de modernización desta industria tradicional.
Hoxe conservamos dúas
chemineas de grande altura que testemuñan e documentan os inicios da industrialización
tudense e a aparición dun proletariado ligado aínda ao mundo rural neste caso
nas instalacións da empresa de Sucesores de Severino Gómez e moi preto outra
cheminea neste caso sen o resto da edificación industrial.
![]() |
| Chemineas da telleira de Severino Gómez |
Portada
da Pousa de Arcos en Randufe
Desta antiga pousa, ou
casona localizada no ámbito rural tanto cunha función residencial como de
explotación agrícola, unicamente se conserva actualmente o portalón de entrada
onde figura un amplo brasón coas armas dos Pereira, Sousa, Castro e Lobeira.
Ernesto Iglesias
Almeida que ten estudado este liñaxe sinala: Esta antigua familia de origen
portugués constituyó una de las ilustres de la nobleza tudense de finales del
siglo XVI (...) su historia se inicia con la fundación y vinculo de maayorazgo
realizado por el licenciado Paulo Pereira de Castro de Sousa y su esposa María
de Montenegro, a favor de su única heredera, su hija, María Pereira de Castro y
Montenegro en 1608. Este matrimonio tenía su casa solar en la zona de A
Oliveira, en la ciudad de Tui, cuya casa se conservó hasta la construcción del
entonces cibe Yut (hoy discoteca Mertropol en rúa Porta da Pía). Esta María
Pereira de Castro se casó en 1608 en Tui con Lorenzo Montenegro y Sotomayor,
natural de Pontevedra, desde entonces quedan unidas estas dos importantes casas
nobles del sur de Galicia con residencia en Tui y esta antigua casa de Arcos.
Varios personajes de esta familia fueron grandes personajes de la política y la cultura, entre los que destacan el humanista Álvaro de Cadaval Vadallares y Sotomayor o el jurista Francisco de Caldas Pereira.
Capela
de San Fins – Rebordáns
Esta capela de San Fins,
nas abas do Monte Aloi, foi edificada no ano 1995 pola Comunidade de Montes
Veciñais en Man Común de Rebordáns e ali se celebra dende o ano anterior unha
romaría o primeiro domingo de agosto na honra de San Fis (ou San Félix).
Hai unha tradición da existencia dunha capela ou eremitorio (onde vivía un ermitán) desaparecido. Alberto Romero afirma “da antiga capela de San Fions non podemos dar unha data exacta da súa existencia, pero pénsese que posiblemente date do ano 1600. Esta capela estaba ocupada por frades portugueses e españois que escolleron estes destinos para ofrecer as súas penitencias. Estes frades sobrevivían cos rabaños de ovellas que tiñan e co que recollían na zona, pero un certo día decidiron marchar para Portugal levando a San Fins con eles, cousa que non gustou moito na parte española.”[2] Unha lenda que explica o nome homónimo deste lugar de Rebordáns e de Friestras en Valença, onde na capela dos Remedios conservase a festa dedicada a San Fins trastalada dende o abandono do inmediato mosteiro.
Peto
de ánimas da Manteigada - Rebordáns
Localizado na antiga
N-550, xunto á farmacia de Rebordáns, foi construído no ano 1865 segundo a
inscrición que podemos ler no seu baseamento: Limosna querido / por Dios te
pedimos / abrazadas gemimos / en un fuego vibo / se hizo a devoción d D. J. A.
T. / cura de esta parroquia 1861.
Conserva un retabliño
de azulexos coa representación da Virxe do Carme, posiblemente non sexa a
orixinal, con dous anxos en actitude de sacar ás ánimas do inferno.
A súa localización
testemuña o antigo camiño real que dende Tui continuaba ata O Porriño pasando
logo pola capela da Nosa Señora do Camiño.
Capela
de Frinxo
Neste barrio da parroquia
de Pazos de Reis atopamos esta capela dedicada á advocación de Nosa Señora das
Dores foi edificada por mandado do bispo tudense Telmo Maceira Pazos no seu
episcopado que abrangue de 1856 a 1864.
No adro desta capela consérvase
unha oliveira cunha idade superior aos oitenta anos, sendo un dos exemplares
desta especie arbórea mais sinalados da nosa contorna.
A cruz do Romero – Ribadelouro
Monumento funerario,
localizado no monte comunal da parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte
Aloia, en recordo a Manuel Romero Fernández, un rapaz que faleceu nun tráxico
accidente na canteira do seu pai no ano 1932. É un conxunto, con cruz e lápida
a modo de tumba aínda que sen sepulcro, a inscrición recolle o suceso, o nome
do rapaz falecido e a data do suceso.
No libro “Aloianos” de
Alberto Romero recéllese a transcrición dunha testemuña oral sobre ese lugar.
Cablaxe
do túnel das “Encerradas”
O amigo Iago Soto,
enxeñeiro de comunicación, comentounos que esta estrutura de madeira data do ano
1917, cando a chegada do teléfono a Tui, tratándose dun elemento patrimonial único en España.
Era para cables
telefónicos individuais con recubrimento de papel (aínda non existía o plástico)
e tiñan que estar separados para evitar o cruce das chamadas. Cando o tendido
era polo aire se separaban 15 cm e se apoiaban en pezas cerámicas.
A renovación do
alumeado do conxunto histórico recentemente realizado levou por diante este
elemento patrimonial, nunha nova manifestación da falta de criterio e
sensibilidade polo patrimonio que padecemos tan a miúdo por parte de empresas e
técnicos que abordan unha intervención en espazos tan sensibles sen valorar o
legado que teñen entre mans. Durante mais de cen anos houbo cambios de alumeado
sen destruír este elemento pero agora nunha mosta de desleixo se desmonta para instalar unha peza, que amáis resulta carente de idoneidade para
este enclave patrimonial.
Agardamos que, como
garantiron os responsables municipais, esta peza de madeira sexa reposta no seu
lugar axeitadamente.
[1] Ver a ficha realizada por
Eduardo Freiria en https://patrimoniogalego.net/index.php/48936/2013/08/casa-forestal-do-monte-aloia/
[2] Romero Rodríguez, Alberto
(Romer) (2018): Aloianos, p. 181-182.















Comentarios
Publicar un comentario