Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Alfonso Betote

MC anos da restauración da sede episcopal por Ordoño II

Vimos de comezar o novo ano 2016 e ao abrir esta nova páxina temporal podemos ollar tamén como no pasado ano cumprironse 1100 anos da restauración da sede tudense polo monarca leonés Ordoño II no ano 915. Posiblemente o escaso coñecemento da historia altomedieval de Galicia e consecuentemente tamén do territorio tudense xunto ao desleixo con que os tudenses ollamos para o noso pasado histórico, entendido tantas veces como un acervo idealizado e non como unha potencial fonte de riqueza (cultural, social e mesmo económica). Ordoño II nunha miniatura da Catedral de León Nas diversas publicacións existentes sobre a historia de Tui este acontecemento é obxecto dunha somera cita ou directamente ignorado. Recuperar esta páxina do noso pasado, procurando contextualizar e revelar a dimensión deste acontecemento é unha forma non xa de coñecer o noso pasado histórico senón de dotar á   nosa cidade e as súas xentes de referentes e recursos para a recuperación do relato do noso patri...

Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote repoboadores de Tui

Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170. Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I A conquista musulmán Tui formaba parte  das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provi...