Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Carlos Pérez-Fonterosa; Grupo Filatélico de Tui

Os selos sobre Tui e o Grupo Filatélico tudense

A filatelia é unha afección dedicada a coleccionar e clasificar selos, sobres e outros documentos postais. Dende a edición do primeiro selo postal, en Inglaterra o 6 de maio de 1840, no caso de España o 1 de xaneiro de 1850, comezou paralelamente o coleccionismo destes gravados. Nos selos podemos contemplar parte da historia e da cultura dun país ao recoller nas súas emisións imaxes de persoeiros, monumentos, pinturas, acontecementos destacados, flora, fauna... en definitiva, un amplo abano da realidade de cada país emisor. A afección polas coleccións de selos conta con numerosos seguidores e aínda que os cambios nas comunicacións, concretamente as epistolares, parecen cuestionar mesmo a súa continuidade segue gozando dun amplo número de seguidores. En Tui temos unha agrupación local de dilatada historia, con sesenta anos de traxectoria -que cumpre este ano-, e que reúne a un amplo fato de coleccionistas. O Grupo Filatélico e Numismático de Tui foi creado no ano 1962, deste xeito n...