Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como José Sarmiento

Tuyd, a visita de Ambrosio de Morales en 1572

  Temos recollido en diversas oportunidades en Tudensia textos antigos sobre Tui que nos permiten acceder a unha visión diacrónica da nosa cidade dende a ollada e intereses dun visitantes doutros tempos e nos ilustran sobre a evolución histórica desta localidade. Presentamos hoxe as páxinas escritas en torno a 1572 por un historiador e cronista de grande prestixio naquel momento, Ambrosio de Morales, que visita, como veremos, o Noroeste da Península entre xuño de 1572 e febreiro de 1573 e nos deixa varias páxinas de interese sobre a Tuyd, que é como escribe o nome da nosa cidade. Natural de Córdoba, onde nace en 1513. Estuda na Universidade de Alcalá e na de Salamanca, onde é Reitor o seu tío, o humanista Fernán Pérez de la Oliva. Aos vinte anos profesa como xerónimo, e exaltado de fervor chega a castrarse para extinguir toda tentación. Tivo que saír da Orde de San Xerome por tal suceso pero consegue, tras unha viaxe a Roma, continuar a súa vida con hábito secular. Completa a s...