Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2022

O reino dos suevos e a creación da diocese de Tui

En outubro do ano 1884 o “Liceo Artístico” tudense, se traslada de localización dende a rúa Sanz ao Paseo da Corredoira, e para celebrar a inauguración do novo local organiza unha conferencia pronunciada por Máximo Casal González, secretario do Concello, sobre a historia de Tui que logo foi publicada, no mesmo ano, pola imprenta e libraría tudense de Pérez Hermida e hijo, co título de APUNTES HISTÓRICO-BIOGRÁFICO-DESCRIPTIVOS de la M. N. y M. L. Ciudad de Tuy y sus HIJOS ILUSTRES POR Un tudense amante de las glorias de su pueblo Máximo Casal González . Nesta obra, que bebe dos datos de Fernández de la Granja e de Manuel García Maceira, recolle a seguinte descrición, que deseguido reproducimos, sobre a presenza dos suevos en Tui. Resulta curioso, case sorprendente, que logo de máis dun século estas breves notas continúen sendo, en boa medida, a referencia que sobre dito período histórico posuímos os tudenses. Miniatura medieval do primeiro  concilio de Braga , co rei  suevo Ariamiro (