Ir al contenido principal

O reino dos suevos e a creación da diocese de Tui

En outubro do ano 1884 o “Liceo Artístico” tudense, se traslada de localización dende a rúa Sanz ao Paseo da Corredoira, e para celebrar a inauguración do novo local organiza unha conferencia pronunciada por Máximo Casal González, secretario do Concello, sobre a historia de Tui que logo foi publicada, no mesmo ano, pola imprenta e libraría tudense de Pérez Hermida e hijo, co título de APUNTES HISTÓRICO-BIOGRÁFICO-DESCRIPTIVOS de la M. N. y M. L. Ciudad de Tuy y sus HIJOS ILUSTRES POR Un tudense amante de las glorias de su pueblo Máximo Casal González.

Nesta obra, que bebe dos datos de Fernández de la Granja e de Manuel García Maceira, recolle a seguinte descrición, que deseguido reproducimos, sobre a presenza dos suevos en Tui. Resulta curioso, case sorprendente, que logo de máis dun século estas breves notas continúen sendo, en boa medida, a referencia que sobre dito período histórico posuímos os tudenses.

Miniatura medieval do primeiro concilio de Braga, co rei suevo Ariamiro (dereita) e os o
bispos Lucrecio, Andrés e 
Martiño de Dumio. Siglo X Codex Vigilanus
.

A principios del siglo V hicieron su entrada en España los Suevos, Vándalos y Alanos, siendo Cónsul Estilion regente del Imperio durante la menor edad de los príncipes Honorio y Arcadio, hijos de nuestro preclarísimo Teodosio. Dirigiéndose a Galicia ocupando los Vándalos a Lugo, los Alanos a Braga con su rey Ataces, y los Suevos a Tuy capitaneados por Hermenerico I, quien no pudo posesionarse tan pronto de Tuy por la tenaz resistencia que le opusieron sus moradores, viéndose por lo tanto obligado a ocupar toda la falda del monte Aloya donde se hicieron fuertes, hasta que los de Tuy tuvieron que capitular. En compañía de los Suevos vinieron muchos Francos procedentes de la Teutonia y las Galias, quienes ocuparon el fuerte que desde entonces conocemos con la denominación de Cabeza de Francos. Restablecida la paz dirigiose Hermenerico contra Ataces que se había situado con sus Alanos en Braga, cuya población quedo desde entonces por el rey Hermenerico Señor de Tyde: perseguido nuevamente Ataces que se había establecido allende el Duero, y no pudiendo resistir al Soberano Suevo, dio a éste en matrimonio su hija Cindaminda, y a la muerte de aquel quedó Hermenerico dueño de toda la tierra que se extiende desde Tuy hasta el Mondego donde se asienta la antigua Colímbrica. 

Deseoso el rey de los Godos Leovigildo de añadir a su corona el reino de los Suevos, se apoderó de Galicia por la fuerza de las armas introduciendo a la vez la secta Arriana, matando y persiguiendo a los que se oponían a ella como contraria a la doctrina Católica. Echó de su iglesia al Obispo de Tuy el Santo Neufila, poniendo en su lugar a Gardingo que seguía los mismos errores del Soberano. Muerto éste en 586 le sucedió su hijo Recaredo, el mismo que haciéndose cristiano en el concilio 30 de Toledo, hizo que el Santo Neufila, también asistente a éste, ocupase nuevamente su Iglesia, en la que murió en paz.

Avila y La Cueva na súa inxente “Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado” de 1852 recolle escasos datos sobre a presenza dos suevos en Tui mais aló da resistencia dos cidadáns de Tui á súa chegada ou invasión, que provoca que no Monte Aloia os tudenses lebantaron una nueva población con suficientes casas y edificios por el indicado fin y para su defensa y seguridad la cercaron en redondo de una fuerte y gruesa muralla de media legua de circunferencia, la que tuvo principio según mas provablemente se cree luego que los suevos empezaron a molestar con guerra a los gallegos. Cuyo sitio sirvió de asilo y refugio a los tudenses y circunvecinos por dilatados años,

A fortaleza pétrea do Monte Aloia, temos de subliñar, mantén a súa incógnita, pois as diversas hipóteses ou teorías sobre a orixe desta estrutura militar ou defensiva non atopan unha resposta definitiva na arqueoloxía.

Velaí unhas sinxelas notas para un período histórico que, a pesares da súa brevidade temporal, ten deixado unha pegada que chega ata os nosos días e coloca ao territorio galaico e, especialmente, a Tui nun lugar sobranceiro no panorama da historia non xa de Galicia ou a Península Ibérica, senón da propia Europa como veremos.

Na historia do Noroeste peninsular, que podemos identificar co antigo convento romano denominado “Gallaeciae”, este período do reino suevo segue escurecido pola falta de fontes, tanto documentais como materiais, que implica unha maior dificultade de coñecemento e por conseguinte unha menor atención por parte de estudosos e investigadores.

Aínda abranguendo un reducido espazo temporal o reino suevo ten unha pegada substancial na conformación de Galicia como un territorio con identidade propia. Os suevos na Gallaeciae crean o primeiro reino europeo e, andando os anos, o primeiro reino cristián de Europa. Un acontecemento capital para a evolución histórica xurdida da desaparición do Imperio Romano e a nova conformación do espazo europeo, onde os suevos asentados no territorio galaico abren un novo período histórico cunhas consecuencias que chegan aos nosos días: o territorio do Noroeste segue, aínda na actualidade, conformando un espazo común e o cristianismo segue sendo a referencia básica da identidade histórica dos seus habitantes.

Esta condición orixinal e pioneira do reino suevo, que coloca á Gallaecia na vangarda da historia daquel tempo convulso de inicios do século V, curiosamente é escasamente reivindicado pola nosa historiografía e pola nosa elite cultural, ata a punto de ser un feito practicamente descoñecido para a maioría dos habitantes deste territorio.

No noroeste peninsular se instalará o pobo suevo creando un reino independente entre os anos 410 ata a súa anexión ao reino visigodo no ano 585. Nun primeiro momento a integración dos suevos coa sociedade galaico-romana foi intensa, sobre todo na área do seu asentamento, que corresponde coa rexión bracarense, inmediata á zona tudense. O continxente suevo será sempre un reducido grupo fronte á poboación galaico-romana polo que buscará o seu apoio.

Hermerico, primeiro rei suevo, no Corpus Pelagianum

Hidacio na súa crónica, fonte básica de información para esta época, sinala que no ano 446, no reinado de Requila, a rexión de Toroño,  xunto a Tui, foi asolada por unha flota de piratas xermánicos, posiblemente enviada polo rei vándalo Geiserico, certificando o atractivo e a riqueza deste territorio que xustifican estas incursións de carácter depredativo.

A nosa cidade, xunto con Lugo, figura citada como capital do reino suevo en tempos do rei Requimundo (459-463), nun período de guerra civil. Cómpre lembrar que ao longo do boa pare do reino suevo as loitas fratricidas e enfrontamentos entre as diversas liñaxes e faccións suevas foron unha constante, dando lugar en la práctica a dos entidades políticas autónomas: una con sede en Oporto y Braga, sucesiva y simultaneamente; otra con sede primero en Lugo y luego en Tui, manteniendo esta última su relevancia política hasta los momento finales del reino godo de Toledo (Jorge López Quiroga e Artemio Manuel Martinez Tejera, 2017). Unha relevancia que explica o papen relevante que desempeña Tui na Gallecia visigoda e a instalación en Tui de Witiza, herdeiro ao trono visigodo de Toledo, logo da conquista do reino suevo.

Estas loitas internas evidencian a debilidade do reino suevo e por tanto a necesidade de establecer unha alianza coa poboación galaicoromana, maioritaria no territorio, e moi especialmente coa Igrexa Católica que asenta o seu control do territorio mediante unha estrutura eclesiástica que se consolida progresivamente. A conversión dos suevos ao catolicismo se inxire neste proceso de reforzamento socio-político fronte ao progresivo dominio do reino godo de Toledo, que naquel momento se declara arriano.

A transcendencia deste período histórico deriva que os suevos conforman na antiga Gallaeciae o primeiro reino ou poder europeo organizado; o reino suevo foi o primeiro estado da Europa medieval, que tras a conversión do rei Teodomoiro, no ano 559, ao catolicismo (fronte ao arrianismo que asumían os visigodos), será igualmente o primeiro reino cristián do continente europeo.

A figura de San Martiño de Dumio é, en grande medida, responsable deste proceso de cristianización e da consolidación do papel da Igrexa como base do poder rexio, e así os bispos ocupan un papel moi relevante na vida social e política. Aínda que a presenza do cristianismo é anterior, este período caracterízase tamén pola súa consolidación na Gallaeciae e o paulatino artellamento dunha organización eclesiástica.

San Martiño de Dumio ou de Braga, miniatura do Codex Albeldensis, ano 976,
Biblioteca do Mosteiro de San Lourenzo do Escorial

No I Concilio de Braga, celebrado no ano 561 baixo a presidencia do bispo bracarense, Lucrecio, e o rei Teodomorio, figuran oito bispos asinando as actas (Lucrecio, prelado de Braga, Martiño, Ilderico -único nome xermánico-, Timoteo, Andrés, Coto, Lucecio e Mailoso, pero sen indicar as sedes de procedencia (Jorge López Quiroga e Artemio Manuel Martínez Tejera, 2017).

Muchos querrían ver un obispo de Tui entre los nombres que figuran en las firmas del I Concilio de Braga (...) y como consecuencia la afirmación de que había ya obispo en Tui en el año 561. Estas curiosas lucubraciones llevan a algunos autores  a la conclusión gratuita de que sería Cotto el que gobernaría la sede tudense, que suponen ya para este tiempo una de las sedes dependientes de lo que luego será el convento de Lugo (Manuel Cecilio Díaz y Daría Vilariño Pintos, 2002).

O II Concilio de Braga, celebrado, no ano 572 está presidido xa por Martiño de Dumio e convocado polo rei Miro ofrece xa unha imaxe estruturada da Gallaecia.

En algun momento antes del año 572, quizás en un concilio celebrado en Lugo en el 569, la iglesia católica del reino suevo llevó a cabo una profunda reorganización. Dentro de los límites del reino existía una única sede metropolitana – Braga- cuyo ámbito jurisdiccional resultaba demasiado extenso; algo parecido ocurría  con los escasos obispados, cuyos titulares no podían cumplir satisfactoriamente sus obligaciones con las protoparroquias rurales. La asamblea tomó dos importantes decisiones: elevar el número de sedes episcopales y encuadrarlas en dos sínodos o provincias, en lugar de una sola: Braga y Lugo. La iglesia existente en Tui se constituyó en sede episcopal (...) el resultado para Tui fue que pasó a formar parte del distrito o provincia lucense, cuando en época romana pertenecía al convento jurídico bracarense. (Armas Castro, Luis e López Alsina, Fernando, 2015).

De esta manera, Tui comienza a agruparse con las diócesis galaicas del Norte, aunque hasta aquel momento lo que será luego su territorio hubiera formado parte de la diócesis de Braga, como algunos suponen con bastante fundamento, toda vez que la situación y organización interna  de la diócesis lleva más bien a sospechar que se desgajara como sede independiente de la sede de Braga. El hecho curioso de que en 572, como vemos, se agrupe dentro del llamado Concilio de Lugo (con lo que para éste significa la frontera Sur en el Miño) resulta de difícil justificación, ya que sería de esperar continuara manteniendo más íntimas relaciones con la diócesis de Braga de la que había formado parte. Es probable que en la reorganización manifiesta en 572 se apostara por una vieja situación del antiguo convento lucense, cuando este quedaba delimitado al Sur por el Miño (...) Toda esta organización quedó suprimida pocos años después, cuando el llamado reino suevo fue incorporado por el rey Leovogildo al reino visigodo (585). En estas circunstancias se restableció en toda su vigencia y amplitud la antigua metrópoli de Braga, con la novedad de incluir en ella algunas diócesis que en tiempos anteriores habían dependido de la metrópoli de Mérida (capital de la provincia de Lusitania). (Díaz, Manuel Cecilio y Vilariño Pintos, Daría 2002).

A nivel de hipótese esta adscrición da nacente diocese tudense ao convento de Lugo pode estar relacionada co sinalado anteriormente das diverxencias entre os grupos dirixentes do reino suevo que nalgún momento ligaron a Lugo e Tui fronte a Braga, capital desta monarquia.

No referido II Concilio de Braga asiste o bispo tudense, Anila, que polo seu nome parece formar parte da elite sueva, evidenciando a cohesión entre os sectores privilexiados eclesiásticos e suevos. Trátase da primeira mención que conservamos dun bispo tudense. O seu nome xermánico pode indicar que na igrexa tudense dominaban os grupos de ascendencia sueva sobre os galaico-romanos. En consecuencia, podemos datar que en torno ao 572, cando se celebra este segundo concilio bracarense, a creación da diocese tudense, con seu bispo ao fronte.

A primeira noticia documental que posuímos de Tui como sede episcopal é a súa aparición no chamado “Parroquial Suevo”, un listado das parroquias de cada unha das dioceses do reino suevo, elaborado en medios eclesiásticos de Braga en torno ao ano 570. Este documento posee un extraordinario valor como documento único en su género para la época, pues calca la red de poblamiento presente en el noroeste desde época prerromana y romana. No hay parangón, en todo el Occidente latino, de un texto similar que nos ofrezca una auténtica fotografía de la implantación de la administración eclesiástica del territorio del noroeste peninsular (Jorge López Quiroga e Antonio Manuel López Tejera, 2017).

Copia do Parroquial Suevo no Liber Fidei, Doc. n.º 551, séc. XIII. Arquivo Distrital de Braga

A diocese tudense é a que presenta unha estrutura máis desenvolvida amosando un complexo sistema organizativo que diferencia “ecclesias” e “pagi”, distinción que comparte só con Porto e Braga, documentando como o territorio que abrangue entre o Douro e o Miño é o eixo de desenvolvemento no reino suevo.

Neste “Parroquial” a diocese tudense figura con nove igrexas, a meirande parte xunto ao río Miño, e seis pagos, de máis difícil identificación, pois trátase de entidades de poboación moi reducidas. Cómpre resaltar a continuidade destas vellas entidades tradicionais, das que aínda hoxe moitas  perduran no noso territorio. En concreto, as igrexas que sinala este Parroquial son: o propio Tui, Turedo, Tabulela, Lucoparre, Aureas, Langetude, Carisiano, Marciliana, Turonio, Celesantes e Torucca. Namentres que os “pagi” son Aunone, Sacria, Erbilione, Cauda, Avinia e Cartase. A identificación destes topónimos resulta moi problemática e non entraremos neste tema que non é obxecto deste post (ver, por exemplo, o traballo ao respecto de Suso Vila, 2000).

J. C. Sánchez Pardo (2014) afirma tras a análise deste “Parroquial”: Cuanto más potente era, más ecclesiae dominaba cada obispo a estas alturas del siglo VI. En ese sentido, de las 132 referencias del parroquial suevo, 73 se distribuyen en el eje Tui-Braga-Porto, presumiblemente en la zona donde la monarquía sueva tenía mayor implantación y donde el poder público era más fuerte. Por tanto, es evidente que el obispo de Tude era, sin duda, el más poderoso de la actual Galicia, y uno de los tres más importantes del Reino Suevo, como refleja su capacidad de dominio e introducción en las estructuras de organización local de su diócesis.

El Parroquial suevo es, más que un listado técnico de organización eclesiástica, ante todo un documento de plasmación de poderes, de dominios de cada obispado, y casi de exhibición y competencia entre ellos en el ámbito central de la monarquía sueva. Por ello, podemos aprovecharlo para comprender mejor las relaciones de poder y las áreas de dominio o control de cada obispo en Galicia, es decir, de cada gran poder regional, y la base o sustento de su poder. La sede tudense se muestra en este momento como la más importante y desarrollada de la actual Galicia, y una de las tres principales de Gallaecia, con un total de 11 ecclesiae y 5 pagi.  De hecho, si tenemos en cuenta la extensión aproximada de su espacio diocesano, Tude sería el obispado con más densidad de «parroquias» de toda Gallaecia. También hay que tener en cuenta que el núcleo de Tude en este período sería el segundo centro urbano de Galicia después de Lugo. Según la geografía del Parroquial, podemos pensar que el obispo de Tude sustenta su poder en una amplia riqueza agrícola y en actividades comerciales, sobre todo marítimas. Este obispo tiene redes de poder más extensas, incluyendo canales de relación política con propietarios locales y de hecho, parece controlar también él algunos latifundios y espacios rurales.

O “Parroquial Suevo” certifica, no século VI, a continuidade do papel reitor de Tui no territorio miñoto e como a articulación dunha organización eclesiástica neste espazo evidencia como era quen posuía unha estrutura máis desenvolvida neste occidente peninsular. Este papel reitor é pois recoñecido, tamén no ámbito eclesiástico, coa creación neste intre da diocese que aparece ben estruturada e dotada de grande potencialidade.

Dende un momento tan temperá, no século VI, documentamos a ensamblaxe que o cristianismo, e a conseguinte organización eclesiástica, realiza co territorio tudense, ata agromar como un dos signos de identidade da nosa cidade; a súa condición episcopal será consubstancial a todo o desenvolvemento histórico de Tui. Cerca de mil cincocentos anos de continuidade histórica dende a creación da sede episcopal tudense como espazo articulador dos territorios de ambas ribeiras do Miño, aos que dota personalidade de seu que, ao longo dos séculos, se mantén máis aló das circunstancia políticas de cada momento. Cabe lembrar que será nos inicios do século XV cando a diocese tudense perda definitivamente os seus territorios “transmineo”, non hai nin seiscentos anos.

A época sueva é pois un momento de gran transcendencia para Tui aínda que as noticias que posuímos son, como vimos sinalando, moi escasas. Tanto que non nos permiten albiscar a conformación urbana da cidade, a continuidade ou non do hábitat de época romana, a creación dun castelo ou praza forte dotada de muralla, etc.

Igual escaseza existe nas fontes arqueolóxicas. Os restos materias que podemos relacionar coa presenza sueva son moi escasos e a eles faremos de seguido unha aproximación.

As cuñaxes de moeda deixan interesantes achados, como unha moeda atopada en Lleida, en concreto unha siliqua do Emperador bizantino Anastasius I (430-518) realizada na ceca de “Tude”, pois evidencia o importante papel que mantiña a nosa cidade naquela altura, nos inicios do reino suevo, onde estes continuarían acuñando moedas imitando os tipos dos monarcas bizantinos, aos que os suevos tentaron aproximarse en diversas oportunidades. Tamén co topónimo Tude aparece un Tremises (moeda de ouro cuñada dende época romana) da coñecida como serie “Munita” que corresponde ao último período suevo.

A presenza desta ceca apunta a súa posible orixe romana o que fortalece as hipóteses sobre a importancia do Tude romano e a súa continuidade en época sueva, onde Tui é, logo de Braga e Lugo, a cidade de referencia deste reino 

Triente de Sisebuto, ceda Tude

https://www.academia.edu/38440082/La_moneda_sueva_un_destello_fugaz_en_la_historia_monetaria_de_Gallaecia

Carecemos de restos arqueolóxicos  directos que testemuñen a presenza sueva en Tui. Podemos sinalar diversos elementos que apuntan a esta época

Unha peza arqueolóxica vinculada tradicionalmente con este período suevo é a chamada “Lauda de Modesa”, vinculada ao ámbito funerario e ao proceso de cristianización, Esta lauda atopada nas inmediacións da igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns, está recoñecida pola súa morfoloxía como “lauda de estola”. Tradicionalmente se identifica como un motivo iconográfico baseado na simplificación da representación dun orante. Para Jorge López Quiroga e Artemio Manuel Martínez Tejera (2017) esta asociación non é válida pois a representacións do orante corresponden cos primeiros momentos de implantación do cristianismo, namentres que as laudas de estola, que se cinguen exclusivamente á Gallaecia, corresponden só á época sueva, A súa orixe está nos canóns dos concilios bracarenses e á influencia de Martiño de Dumio, que regula a vida relixiosa, con medidas coma as referentes ao uso da estola polos diáconos, das que esta lauda sería unha testemuña. Esta lauda se conserva na actualidade no Museo de Pontevedra. 

Lauda de Modesa (conservada no Museo de Pontevedra) na exposición "In tempo sueborum"

Nas intervencións arqueolóxicas realizadas en 1970 por Chamoso Lamas e Filgueira Valverde no subsolo da igrexa de San Bartolomeu foi atopada outra lauda con similar decoración, aínda que moi gastada. Nunca foi analizada esta duplicidades de laudas co mesmo motivo decorativo, certamente singular na arqueoloxía do Noroeste peninsular.

Escavacions arqueolóxicas en San Bartolomeu de Rebordáns. Arquivo M. Chamoso Lamas.
Real Academia Galega de Belas Artes N. S. do Rosario

Cómpre sinalar tamén que nalgunha das necrópoles de inhumación que se documentan na transición do mundo tardoantigo cara a Idade Media foron atopados restos deste período: é o caso das necrópoles de San Bartolomeu, San Domingos ou no claustro catedralicio.

En San Bartolomeu de Rebordáns os traballos arqueolóxicos de Manuel Chamoso Lamas e Xosé Filgueira Valverde (1976) desenvolvidos en 1970 documentan nas naves do templo diversos niveis de ocupación de época romana a alto medieval, neste caso os posibles alicerces dun templo dos primeiros tempos medievais. No adro a sondaxe dejó al descubierto una extraordinaria edificación con muros de espesor de 1,20 metros. Se trata de una organización constructiva absidial, desarrollada en semicírculo, pero mostrando unos extraños contrafuertes, a la vez que, al finalizar el desarrollo semicircular, se recoge la construcción como si se estrechase la nave que debe seguir a tan poderosa edificación. Os nosos autores identifican estes restos como vestixios do antigo mosteiro de época medieval existente neste lugar. Aínda hoxe estas estruturas monumentais seguen sen ter unha axeitada interpretación, que poderían ligarnos cun templo de época sueva ou “xermánica”.

Na área lateral sur exterior na igrexa de San Domingos as intervencións realizadas en 1992 documentaron unha necrópole con enterramentos datados entre os séculos IV ao XV, con diversas tipoloxías de tumbas. Esta datación testemuña o funcionamento deste lugar de enterramento no período do reino suevo, pero sen achegar ningunha peza arqueolóxica (LLANA RODRIGUEZ, Cesar et al. 1995).

Por outra banda, no claustro da Catedral  foi  realizada polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño unha prospección en xullo de 1976 na que se localizou unha lauda sepulcral e dúas sepulturas. La similitud de estas tumbas, tanto en dimensiones, forma y orientación con las de la necrópolis del castro de “Medos” en Currás, las de Castroverde de Cerrato (Valladolid) y las de San Bartolomé de Rebordáns nos obligan a catalogarlas dentro de la época germánica (suevo-visigoda). (TAMUXE X: do et al., 1977)

Noutra zona do claustro foi realizada unha escavación no ano 2004 dirixida pola arqueóloga Carmela Torres, na que foron documentadas un conxunto de ata 37 tumbas de tipo “xermánico”, orientadas ao leste, como mandan os ritos cristiáns; trátase dunha das necrópoles máis grandes de Galicia e cunha cronoloxía que abrangue ata o século XIII. Nunha información xornalística el La Voz de Galicia de 13.02.2004 se sinala: Los investigadores datan los restos entre los siglos VI y XIII (...) con cuatro estratos funerarios en los que figuran superpuestas 37 tumbas de tipo germánico y orientadas al este como en los ritos cristianos (...) están construidas con piedras hincadas en el suelo y cubiertas con una placa de pequeñas losas y argamasas (...) la mayoría de los esqueletos corresponden a niños, uno de ellos de dos años de edad, debido a la alta mortalidad infantil en el alto medievo. También aparecieron los restos óseos de un adulto de gran altura envuelto en un sudario (...) La mayoría son enterramientos rústicos aunque dos tumbas destacan por estar mejor labradas y porque, para ubicarlas, hubo que rebajar la roca.

Infografia publicada en La Voz de Galicia de 13 de febreiro de 2004

Vinculado tamén ao espazo catedralicio está unha excepcional peza como é o sartego de mármore, conservado na actualidade no Museo Diocesano e que procede da catedral tudense. Esta peza romana foi estudada por Siilvia González Soutelo (2018) que documenta a sua execución en material pétreo de Estremoz (no Alentejo portugués). Trátase por tanto dunha peza foránea que foi traída a Tui; entre as hipóteses que manexa para que esta peza de mármore chegase ata Tui sinala ao período de ocupación sueva-visigoda de la ciudad de Tui, dentro del comercio tardoantiguo que se reactivó con fuerza en el Noroeste durante los siglos IV-VII d.C. Así, este fenómeno podría vincularse, por ejemplo, a las redes comerciales fundamentalmente marítimas, pero también a las diferentes incursiones realizadas por monarcas suevos en su conquista hacia territorios más meridionales del ámbito atlántico (por ejemplo, con la expansión del reino suevo realizada por Rechila que alcanzó y saqueó Mérida en el 440), a lo que debemos sumar la posible atracción hacia regiones más septentrionales de materiales de prestigio, que se asociarán, entre otros aspectos, a la fundación de las diferentes sedes episcopales y a la construcción de las iglesias parroquiales.

Sarcófago de mármore. Museo Diocesano de Tui

A condición episcopal implica a existencia dunha sede ou cátedra do bispo, dunha catedral. Carecemos de vestixios deste templo ou do asentamento suevo na cidade, que ben podería re-aproveitar o lugar do “Castellum Tyde” na cima do outeiro namentres que a poboación, ou unha parte dela, seguiría establecida no núcleo arredor da antiga “mansio” da vía XIX.

Unicamente sobre unha peza conservada na Catedral tudense formúlase algunha hipótese sobre a súa adscrición a este período “xermánico”. Trátase do capitel reaproveitado na portada norte deste templo. Peza que tampouco foi obxecto dun estudo pormenorizado pero que algúns historiadores da arte especulan coa súa adscrición a este período dos primeiros séculos altomedievais. 



Tamén reaproveitadas son as catro columnas que enmarcan esta porta norte, tanto pola tipoloxía do granito como polo seu tamaño, menor ao necesario polo que teñen que ser suplementadas. Unha información que agradecemos a José Ramón Fernández. Da mesma adscrición temporal e física que o capitel? Testemuñas dun templo anterior?


Evidentemente, o bispo Anila en torno ao 572 contaba cunha sede, aínda que descoñecemos se na actual localización da Catedral ou en San Bartolomeu ou noutro lugar; igualmente os monarcas suevos ou os seus representantes na cidade terían un lugar de residencia destacado do resto da poboación; uns habitantes que, posiblemente, seguirían ocupando os lugares de habitación de época romana artellados arredor da “mansio” da vía XIX e do “Castellum Tyde”.

Moitas conxecturas, moitas hipóteses e suposicións... e poucas realidades documentadas fidedignamente. O reino suevo segue, tanto a nivel de Galicia como de Tui, pleno de incógnitas que non nos permiten coñecer con certa seguridade esta período.

Sen embargo, estamos nun momento histórico de singular relevancia. O reino dos suevos na “Gallaecia” é o primeiro reino europeo e igualmente a primeira monarquía cristián do continente. Nos últimos momentos deste reino, en torno ao 570, créase a diocese de Tui cunha sólida estrutura e que convértena nunha das principais do Noroeste Peninsular en paralelo ao protagonismo político que adquire Tui, no último período suevo e logo na monarquia visigoda. Por tanto reiteramos como neste momento do reino suevo están os elementos que conforman a identidade do territorio e a historia tudense. E fronte a esta excepcional importancia o descoñecemento do período segue resultando desolador para a nosa conciencia colectiva e territorial.


Dedicado este post con especial afecto a D. Luis Quinteiro Fiuza, actual bispo de Tui-Vigo sempre interesado neste período da nosa historia.


BIBLIOGRAFIA 

ARMAS CASTRO, JOSÉ e LOPEZ ALSINA, FERNANDO (2015): “La ciudad de Tui en la Edad Media” en Seara Morales, Iago (dir.) La Catedral de Tui desde su Plan Director, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2015.

AVILA Y LA CUEVA, FRANCISCO (1852): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tui y su obispado. Edición facsimilar. IV vol. Santiago, Consello da Cultura Galega, 1995.

CARBAJAL SOBRAL, JOSE (1999): Los concilios de Braga en los siglos VI y VII, reflejo de la vida en la Gallaecia de la época. O Porriño, 1999.

CASAL GONZALEZ, MAXIMO (1884): Apuntes histórico-biográfico-descriptivos de la m. n. y m. l. ciudad de Tuy y sus hijos ilustres por un tudense amante de las glorias de su pueblo Máximo Casal González. Tui, Imprenta libreria Pérez Hermida, 1884. Copia en http://costa.x10.mx/Tui/Apuntes-Tui-MaximoCasalGonzalez.pdf

CHAMOSO LAMAS, MANUEL E FILGUEIRA VALVERDE, JOSÉ (1976): “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolome de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” en Noticiario Arqueológico Hispano, nº 4, 1976, pp.323-333.

DIAZ, MANUEL CECILIO y VILARIÑO PINTOS, DARÍA (2002) “La diócesis de Tuy hasta 1100” en García Oro, José (coord.): Iglesias de Santiago de Compostela y Tuy-Vigo. Historia de la Diócesis Españolas, vol. 14. Madrid, Biblioteca de Autores Cristianos, 2002.

GONZÁLEZ SOUTELO, S., GUTIÉRREZ GARCIA-MORENO, A. Y ROYO PLUMED, H. (2018): “El sarcófago romano de Tui (Pontevedra): un ejemplo de la presencia de material marmóreo foráneo en el noroeste de la península Ibérica”, Spal 27.2: 229-246. DOI: http://dx.doi.org/10.12795/spal.2018i27.21

LLANA RODRÍGUEZ, CESAR, BLANCO SAN MARTÍN, MARIA DA PAZ e SUÁREZ ESTEVEZ, XOSE MANUEL (1995): “Intervención arqueológica na área de Santo Domingo, Tui, Pontevedra” en Actas del XXII Congreso Nacional de Arqueología: Vigo, 1993, Vol. 2, 1995,

LOPEZ QUIROGA, JORGE E MARTINEZ TEJERA, ARTEMIO MANUEL  coord. (2017): In tempore sueborum. El tiempo de los suevos en la Gallaecia (415-585). El primer reino medieval de Occidente. Ourense, Deputación Provincial

SANCHEZ PARDO, JOSE CARLOS (2014): “Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del Parroquial Suevo” en Hispania Sacra LXVI, 134, julio – dociembre 2014

https://hispaniasacra.revistas.csic.es/index.php/hispaniasacra/article/view/423/427

TAMUXE, X do, G. SOBRINO e A.G. SANTISO (1977): “Necrópolis germánica en el claustro de la Catedral de Tuy” en Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano, vol II, 1977.

VILA-BOTANES,SUSO (2000): “A diócese sueva de Tui” en Boletín de Estudios del Seminario “Fontán – Sarmiento” Nº 21, 2000.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le