Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Basilio González Domínguez

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miñ...

Hoxe centenario do nacemento de Don Basilio

Don Basilio González Domínguez, “Don Basilio” como é coñecido polos tudenses, é unha das personalidades que ten deixado entre as xentes desta vella cidade unha pegada máis perdurable e unha lembranza á que recurrimos especialmente cando nos achegamos ás nosas festas patronais. Cúmprense agora o centenario do nacemento deste egrexio fillo de Santa Comba de Ribadelouro onde naceu o 14 de abril de 1911. Ingresa no seminario tudense no ano 1922 sendo ordenado presbítero o 23 de decembro de 1933. Xa cando cursaba teoloxía obtivo o primeiro premio nun certame celebrado arredor da figura de San Agostiño e gracias a súa habelencia literaria acadou, naqueles tempos, novos galardóns con poemas titulados “ La Maternidad de la Virgen y el Concilio de Éfeso”, “San Agustín y el Niño” ou “Acenémoslle coa mán”. Ao longo da súa dilatada traxectoria coma sacerdote desempeñou os seguintes cargos sempre vencellados á cidade de Tui, onde residía: - Capelán do Hospital - Profe...