Parlamentarios tudenses (III): Florencio Rodríguez Vaamonde, Antonio Arias Seoane, Esteban Areal, Bartolomé Hermida e Laureano Sanz
Entre 1833 e 1868, que corresponde co reinado de Isabel II, España vive un tempo histórico dominado pola consolidación do réxime liberal con diversos avatares propios das loitas políticas entre as diversas opcións políticas de moderados e progresistas e a irrupción do carlismo e a súa oposición armada ao réxime isabelino. Nas eleccións celebradas o 24 de xullo de 1839 resulta elixido pola provincia de Pontevedra o tudense Florencio Rodríguez Vaamonde , fillo de Agustín Rodríguez Vaamonde. Este avogado tudense, daquela era fiscal na nosa cidade, inicia neste ano a súa andaina política que o levará a ocupar importantísimos postos no Goberno e no Estado. Político e xurista, reitor da Universidade Central de Madrid, membro do Consello de Estado e presidente da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas. Foi unha das grandes personalidades dos anos centrais do século XIX, sendo Ministro de Gracia e Xustiza, en 1847, e de Gobernación en 1863-1864. Sobre a figura de Florencio Rod...