Hai agora nove anos (13 de maio de 2011) publiquei un post neste blog sobre a pertinencia dunha reflexión para integrar á cidade de Tui no movemento das cidades “Slow”. Logo de case unha década, reproducir de novo este artigo segue resultando, por unha banda, oportuno pero, ao tempo, un tanto desalentador por canto en todo este tempo a sociedade tudense segue afastada dunha reflexión sobre o seu futuro e a posta en valor dos seus recursos endóxenos que teñen potencial dabondo para ofrecer amplas posibilidades de desenvolvemento e progreso. Tui foi historicamente unha cidade de servizos (administrativos e comercias basicamente) pero precisa ampliar a súa oferta de servizos (hoxe especialmente comerciais e turísticos) cara a calidade e, moi especialmente, a singularidade, os únicos recursos para tentar competir con éxito. O movemento das cidades slow que abrangue a numerosos países, en España aínda conta cun número reducido de vilas e cidades (Balmaseda, Begues, Begur, Bubión, Leke...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses