Ir al contenido principal

De novo, Tui cidade slow?

Hai agora nove anos (13 de maio de 2011) publiquei un post neste blog sobre a pertinencia dunha reflexión para integrar á cidade de Tui no movemento das cidades “Slow”.


Logo de case unha década, reproducir de novo este artigo segue resultando, por unha banda, oportuno pero, ao tempo, un tanto desalentador por canto en todo este tempo a sociedade tudense segue afastada dunha reflexión sobre o seu futuro e a posta en valor dos seus recursos endóxenos que teñen potencial dabondo para ofrecer amplas posibilidades de desenvolvemento e progreso.

Tui foi historicamente unha cidade de servizos (administrativos e comercias basicamente) pero precisa ampliar a súa oferta de servizos (hoxe especialmente comerciais e turísticos) cara a calidade e, moi especialmente, a singularidade, os únicos recursos para tentar competir con éxito.

O movemento das cidades slow que abrangue a numerosos países, en España aínda conta cun número reducido de vilas e cidades (Balmaseda, Begues, Begur, Bubión, Lekeitio, Morella, Mungia, Pals Rubielos de Mora e La Orotava ) namentras que en Portugal son na actualidade seis localidades (Sao Bras de Alportel, Lagos, Silves, Tavira, Vizela e Viana do Castelo). Outros países como Italia, berce do movemento, Alemaña ou Francia contan con numerosas vilas e pequenas cidades integradas nesta rede de “Slow cities”. En Galicia aínda ningunha localidade sumouse a esta iniciativa. Ser pioneiros é sempre unha vantaxe que singulariza e identifica.

Esta reflexión posúe maior pertinencia no actual escenario de crise provocada pola pandemia do Covid19, cunhas consecuencias que aínda non podemos prever na súa integridade pero que serán moi dolorosas. Cómpre extraer dos problemas as oportunidades que brindan e o novo escenario postcovid esixe un re-inventarse, na medida das posibilidades, para reposicionarse como destino de turistas e visitantes. Pero esta crise tamén pon de manifesto a necesidade de recuperar valores como o encontro persoal, a dimensión humana de vilas e cidades, o valor dos produtos locais... Aspectos que redundan en dotar ás nosas localidades dunha maior dimensión humana... valores concordantes co movemento “slow”.

Temos os recursos (conxunto histórico, Catedral, Camiño de Santiago, paisaxe e patrimonio natural, a posición fronteiriza, a complementariedade con Valença, etc.) e o movemento slow ofrece estratexias e criterios para orientar un desenvolvemento equilibrado, sustentable e que ofreza posibilidade de progreso para os nosos veciños e para valorizar dun xeito excepcional o noso patrimonio e as súas potencialidades, onde os protagonistas sexan as persoas e non os coches, onde os produtos locais primen nas nosas cociñas e restaurantes, unha cidade para pasear e gozar.

Creo que logo de nove anos segue sendo de actualidade aquela reflexión que, como dicía, hoxe recuperamos pois segue tendo vixencia.

 

Tui, cidade slow?

Os seguidores de Tudensia me permitiran este post que é case unha reflexión, pois ás veces resulta ata beneficioso considerar algunhas ideas e actuacións que están a funcionar noutros lugares, e que semellan case utópicas, pero que nos abren a novos prantexamentos, a novos criterios, suscitándonos novos parámetros de actuación ou de interpretación da realidade.

O conxunto patrimonial tudense precisa, por unha banda, dunha atención de caracter coxuntural, de atencións inmediatas a súa problemática concreta que favoreza á vida nese ámbito. Pero non podemos renunciar a realizar unha diagnose estructural que defina grandes obxectivos e estratexias a medio e longo prazo, para deseñar unha nova xeira que poña en valor este tesouro que posuimos os tudenses. O momento é idóneo e non tanto polas inmediatas  elección municipais senón porque o goberno municipal que resulte deste proceso electoral asumirá a elaboración e culminación do Plan Especial do Conxunto Histórico onde é imprescindible definir estas estratexias.

Como unha aportación a este debate aberto sobre as diversas propostas encol o noso conxunto histórico que escoitamos nestes días de campaña electoral, e que está ligado a outros moitos aspectos da nosa vida social e política, pero especialmente ao urbanismo e ao turismo, hai unha idea que leva xa tempo cativándome e que a mención que o profesor Abino Prado fixo da mesma no Seminario Internacional conmemorativo dos 125 anos da Ponte Internacional (cuxas conclusións recollimos nun post de Tudensia) anímame a poñelo por escrito: Tui cidade slow.

O movemento slow (ou lento) nace en Roma en 1989 cando un grupo de manifestantes protestaba na Praza de España pola apertura dun establecemento Mc’Donald; o lider daquela protesta era Carlo Petrini, sociólogo especializado en gastronomía, defensor do valor da cociña tradicional fronte a “fast food”. Petrini tiña fundado na súa cidade natal, Bra, unha Universidade de Ciencias Gastronómicas. Dende esta opción gastronómíca xurdiu o Movemento Slow como expresión de rebeldía contra a tiranía do tempo que nos obriga a vivir exclusivamente para traballar, facer cousas a todas horas e sentirnos continuamente atarefados ou “stresados”. Como di nalgún dos seus folletos este movemento: “Desacelera a túa vida: come despacio, traballa eficientemente, ten más lecer, reláxate e disfruta”. Para máis información ver http://www.mundoslow.com/

En 1999 o alcalde dunha pequena localidade da Toscana, Chianti, pensou que esta filosofía slow era exportable a unha escala urbana, crear un xeito de vida na súa cidade, e xunto ás vilas viciñas de Bra, Positano e Orvieto crearon as “Cittaslow”. Así se as comidas lentas definen un ritmo máis pausado, as cidades lentas ofrecen aos seus habitantes mellorar a súa calidade de vida mediante a tranquilidade, os espazos verdes e a ausencia de stress.

A idea prendeu e na actualidade máis dun cento de cidades e comarcas de todo o mundo conforman este movemento das “Cittaslow”: Italia con 69 cidades asociadas lidera esta organización, que chega a Canada, Estados Unidos, Sudáfrica, Corea do Sur, Australia. En Europa está Alemania con dez, Reino Unido con oito, Polonia e España con seis, etc. No caso español están integradas na Red Estatal de Municipios por la Calidad de Vida (nome oficial da rede de cidades slow de España): Begur e Pals (en Girona), Lekeito e Mungia (en Bizkaia), Bigastro (Alacante) e Rubielos de Mora (Teruel).

As bases fundamentais das cidades slow son:

  • Manter unha arquitectura respectuosa co entorno e amigable para os seus habitantes. Os centros urbanos están pechados ao tráfico rodado, se potencia o uso das enerxías renovables y se aproban normas coherentes coa natureza.
  • Os espazos histórico-culturais e as zonas verdes se deben priorizar e conservar en perfecto estado. Estas cidades deben potenciar sistemas de reciclaxe do lixo referentes ecolóxicos para os demais.
  • O crecemento da cidade debese guiar pola mellora do territorio e dos seus habitantes, e non pola construcción urbanística insostible.
  • A alimentación debe basearse no Slow Food e, en xeral, nos produtos locais, ecolóxicos e de tempada.
  • As novas tecnoloxías e os avances científicos que fomenten a ecoloxía e a sustentabilidade deben incorporarse a estas cidades.

A cidade slow está sometidas a un rigoroso control pois os seus parámetros abranguen 59 puntos agrupados en 6 grandes categorías:

- a política de medio ambiente

- a política de infraestruturas

- as tecnoloxías pola calidade urbana

- a valorización das producións autóctonas

- a consciencia dos cidadáns

Para máis información sobre a filosofía desta Rede de cidades e a súa organización un enlace útil é http://www.cittaslow.es/blog/?p=10

Como podemos comprobar estamos diante dun prantexamento amplo, de longo percorrido, pero que para unha cidade coma Tui é unha opción a valorar por canto sería colocar a Tui nunha liña de traballo a prol de incrementar a calidade de vida dos seus habitantes, de ofrecer un valor engadido ao noso conxunto urbano, de posicionarmonos coma unha referencia pioneira na nosa Comunidade Autónoma. O selo slow é xa na actualidade unha garantía de calidade de vida e de calidade turística. Certamente obriga a mudar con moitas inercias da vida social, a modificar hábitos arraigados entre os nosos veciños e entre os nosos responsables municipais, etc.

O movemento slow pola suas implicacións penso resulta unha opción idónea e innovadora para, mantendo a nosa condición patrimonial, abrir novos vieiros ao desenvolvemento sostible da nosa cidade.

Ata agora estou falando a nivel de ideas e de teorías pero cumpriría, alomenos, realizar un achegamento a esta iniciativa para valorar a súa viabilidade e oportunidade. Pero sen apriorismos, cando menos dun xeito paseniño.

http://tudensia.blogspot.com/2011/05/tui-cidade-slow.html


Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...