Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Festa da angula

A primeira festa da angula

Facemos hoxe un alto na serie d e "posts" sobre os diversos parlamentarios naturais da nosa cidade ou radicados nela ao longo dos séculos XIX e XX, para ofrecer outra temática nesta oferta diara que dende "Tudensia" achegamos a todos os nosos seguidores neste tempo de confinamento e crise que vivimos. Un 27 de abril de 1968 celebrouse en Tui a primeira edición da festa gastronómica dedicada á angula do Miño na nosa cidade, cúmprense pois 52 anos deste evento gastronómico celebrado, agás algunha pequena interrupción, na nosa cidade coincidindo coas festas patronais de San Telmo. Unha alongada traxectoria para esta celebración dedicada á exaltación do “meixón”, que é como, nestas terras miñotas, denominamos ás angulas. Durante este medio século as angulas pasaron de ser un produto que comezaba a ser valorado gastronomicamente e que iniciaba tamén a súa produción en viveiros a ser na actualidade un produto moi escaso no río e a un prezo completamente desorbitad...