Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Menorá

A singularidade da menorá da catedral de Tui

O traballo realizado nas últimas décadas por diversos investigadores ten contribuído decisivamente ao coñecemento e valorización da presenza de comunidades xudías e cripotixudías na nosa cidade ao longo dos séculos. Unha achega asumida polo concello tudense que culminou unha coa integración de Tui na Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad en 2019. Tanto en Tui como en Galicia a presenza destas comunidades xudías está amplamente recollida na documentación conservada nos arquivos que os historiadores teñen estudado e publicado. Igualmente a lembranza desta presenza ficou, ás veces, na memoria colectiva a través da toponimia e mesmo no rueiro de vilas e cidades do noso país. Pero os restos materiais que poidamos atribuír directamente a estas comunidades de xudeus residente en Galicia son moi escasos, pero algúns de inestimable valor. Como é o caso da Biblia Kennicott (finalizada na Coruña o 24 de xullo de 1476 por encargo dun importante comerciante, Don Isaac, fillo de Salomón...

Juan Domínguez Fontenla, precursor da investigación sobre os xudeus tudenses e descubridor do gravado da Menorá

A rica historia tudense, herdanza dunha vida común ao longo de mais de dous milenios, ofrece aos investigadores un amplo abano de elementos de interese que progresivamente son abordados e consecuentemente divulgados polos historiadores que pescudan neste rico legado. A historia, como unha disciplina das ciencias sociais, reconstrúe o coñecemento do pasado a partir dos documentos e as evidencias (materiais e inmateriais) sometidas a unha análise critica para comprender e explicar as dinámicas sociais do pasado, respondendo ás preguntas que xorden dende o presente e as súas necesidades e inquedanzas. Por tanto, “ a historiografía -que é a historia escrita dende a indagación e a reflexión do pasado- narra, describe e explica o pasado á luz do presente ”, consecuentemente a historia é unha ciencia dinámica en constante evolución. Veñen estas reflexións previas á conto dun traballo de investigación histórica que rescatamos neste post. Trátase dun artigo publicado, en tres entregas, no xor...