Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2023

Martín Rodriguez, apaixoado ilustrador tudense

Chegou esta mañá do martes 18 de xullo a triste noticia do falecemento nas terras da illa de Tenerife de Martín Rodríguez Álvarez, o recoñecido debuxante tudense que tantas láminas da súa querida terra ten elaborado e popularizado. Asinaba en numerosas oportunidades como “Martín de Tuy”, lembrando a nosa cidade onde nacera en 1938 e como tantos outros tudenses daqueles duros anos da posguerra atopou na carreira militar, no seu caso na Armada, un camiño profesional que o levou ata as terras das Illas Canarias, en concreto Santa Cruz de Tenerife, onde desenvolveu a súa vida profesional e familiar. O pasado ano, no decurso da súa última estadía en Tui o Concello tudense concedeulle un recoñecemento público coa concesión dunha “Mención honorífica especial” pola súa actividade e traxectoria. Con amigos e veciños que o acompañaron na entrega polo Concello da "Mención honrífica especial" o 9 de xuño de 2022 Editou en Tui dous libros; por unha parte, “Tuy en blanco y negro” (1985