Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2023

A noite de San Xoán en Tui

Esta noite de San Xoán é unha das datas con máis significacións do calendario anual. Nesta xornada se mesturan tradicións ancestrais que seguen evolucionando consonte os novos ritmos sociais e a propia evolución da nosa sociedade. Nas festas tradicionais atopamos dous elementos: dinamismo e complexidade. Dinamismo por que nestas festividades, aínda que se chaman tradicionais existe un permanente cambio ao longo dos tempos. Complexidade por que nestas celebracións confluen numerosas manifestacións culturais: identificativas, relixiosas, lúdicas, estéticas, etc. Pero, con todo, esta xornada segue a concentrar un inxente acervo da nosa cultura popular que se transforma e muda pero sen desaparecer. Reproducimos un delicioso artigo publicado no xornal “Faro de Vigo” no ano 1954 polo cronista tudense, Manuel Fernández-Valdés Costas que recolle as tradicións que hai agora 70 anos existían arredor desta festividade e comprobaremos a evolución desta festa onde desaparecen costumes, outras

Juan Domínguez Fontenla, precursor da investigación sobre os xudeus tudenses e descubridor do gravado da Menorá

A rica historia tudense, herdanza dunha vida común ao longo de mais de dous milenios, ofrece aos investigadores un amplo abano de elementos de interese que progresivamente son abordados e consecuentemente divulgados polos historiadores que pescudan neste rico legado. A historia, como unha disciplina das ciencias sociais, reconstrúe o coñecemento do pasado a partir dos documentos e as evidencias (materiais e inmateriais) sometidas a unha análise critica para comprender e explicar as dinámicas sociais do pasado, respondendo ás preguntas que xorden dende o presente e as súas necesidades e inquedanzas. Por tanto, “ a historiografía -que é a historia escrita dende a indagación e a reflexión do pasado- narra, describe e explica o pasado á luz do presente ”, consecuentemente a historia é unha ciencia dinámica en constante evolución. Veñen estas reflexións previas á conto dun traballo de investigación histórica que rescatamos neste post. Trátase dun artigo publicado, en tres entregas, no xor