Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como alfombras de flores

A procesión de Corpus Christi en Tui, unha tradición de case 500 anos

A celebración da festa do Corpus Christi ten a súa orixe no século XIII pero será moi especialmente logo do Concilio de Trento cando adquira unha extraordinaria solemnidade. Este Concilio é a resposta da Igrexa Católica á Reforma protestante que cuestiona a presenza real de Cristo no sacramento da Eucaristía. O movemento contrarreformista incidirá, por tanto, na exaltación deste misterio da fe a través de múltiples expresións na teoloxía pero especialmente na piedade popular. Custodia da Catedral de Tui (1602) A festa do Corpus, desenvolvida nas súas expresións litúrxicas no século XIV e XV, e moi especialmente a procesión co Corpo de Deus polas rúas das cidades, convértese nunha das principais manifestacións da relixiosidade barroca. É un cortexo que en moitos lugares asume a herdanza medieval (na presenza de manifestacións para-teatrais, danzantes, gremios e confrarías, expresións do ciclo do maio, etc) ás que se suma, en época moderna, a elaboración de monumentais custodias para e...