Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Congreso obreiro galaico-portugués

Hai hoxe 110 anos celebrouse en Tui o primeiro Congreso Obreiro Galego-Portugés

“Xornal de Galicia” publicaba onte, lúns 17 de xaneiro, unha columna de opinión de Manuel Mera, ex-secretario xeral da CIG, na que fai unha referencia a unha efemérede que celebramos no día de hoxe, o cento décimo aniversario da celebración en Tui do primeiro Congreso Obreiro Galego-Portugués, desenvolvido na nosa cidade os días 18 e 19 de xaneiro de 1901. Moi interesante referencia sobre a que ten traballado o historiador e profesor na nosa cidade, Bieito Alonso, que xa escribui hai algun tempo sobre “Obreirismo en Tui, 1900- 1936” . A celebración en Tui desta asamblea obreira suliña a nosa centralidade nas relacións entre Galicia e Portugal e a importancia do movemento societario tudense, que naquela contaba xa cunha Federación Obrerira creada en 1900, vencellada á UGT, e onde terá, andando o tempo, especial protagonismo o sindicalismo anarquista. Outro capítulo máis da ricaz historia tudense do que apenas tems máis que estas referencias. Froito daquel congreso é a creación n...