“Xornal de Galicia” publicaba onte, lúns 17 de xaneiro, unha columna de opinión de Manuel Mera, ex-secretario xeral da CIG, na que fai unha referencia a unha efemérede que celebramos no día de hoxe, o cento décimo aniversario da celebración en Tui do primeiro Congreso Obreiro Galego-Portugués, desenvolvido na nosa cidade os días 18 e 19 de xaneiro de 1901. Moi interesante referencia sobre a que ten traballado o historiador e profesor na nosa cidade, Bieito Alonso, que xa escribui hai algun tempo sobre “Obreirismo en Tui, 1900-
A celebración en Tui desta asamblea obreira suliña a nosa centralidade nas relacións entre Galicia e Portugal e a importancia do movemento societario tudense, que naquela contaba xa cunha Federación Obrerira creada en 1900, vencellada á UGT, e onde terá, andando o tempo, especial protagonismo o sindicalismo anarquista. Outro capítulo máis da ricaz historia tudense do que apenas tems máis que estas referencias.
Froito daquel congreso é a creación na nosa cidade da agrupación obreira, Unión galaico-portugesa, con seccións en Viana do Castelo e Vigo, presidindo esta última o sindicalista vigués Heraclio Botana, que participou activamente no congreso de Tui.
Reproducimos pois polo seu interese a columna de Manuel Mera, a quen agradecemos este recordatorio.
CONGRESOS OBREIROS GALEGO-PORTUGUESES
Manuel Mera
Ás sete do serán do día 18 de xaneiro constituíase o Congreso, aínda que as delegacións xa chegaran na súa maioría o día anterior para celebrar a sesión preparatoria. O Congreso rematou o 19 e nos días seguintes fixéronse mitins en Ourense e Vigo, para divulgar as conclusións, destacando os xornais que os locais estaban ateigados polos asistentes.
Realizáronse outros dous congresos. Un no mes de abril de 1902 en Viana do Castelo, e un ano despois outro en Braga, no mesmo mes. Ao de Viana acudiron 36 asociacións galegas e 44 portugueses, e ao de Braga 47 asociacións de Portugal e 30 de Galiza. Victor de Sa, nun artigo sobre o tema, publicado en A Nosa Terra, salientaba que no congreso de Viana “o regulamento composto por 14 artigos apostaba como obxectivo do Congreso por difundir o movemento asociativo nos pobos de Galiza e do Norte de Portugal (...). Para defensa dos intereses dos traballadores galego-portugueses manifestábase a preocupación de evitar que fosen declaradas dúas ou máis folgas ao mesmo tempo”.
O historiador Dionisio Pereira, que ten analizado este período histórico do movemento obreiro galego, dinos que a Unión Galaico-Portuguesa foi impulsada polas organizacións operarias de unha e outra banda da raia, concretamente polo socialismo vigués e compostelán e polos seus parceiros de Porto, Braga e Viana do Castelo. A finalidade era controlar a entrada de man de obra de Portugal que se empregaba arreo pola patronal para crebar as folgas na construción. Para nos situar no momento, convén lembrar que no ano 1901 e 1903 dánse dous importantes paros xerais na cidade de A Coruña, daquela vangarda da loita obreira na Galiza xunto con Ferrol. A folga de 1901 remata con tres mortos, 60 feridos e máis de cen detidos; a de 1903 sufría un abafante control da garda civil e fervía cun mitin ao que asistiron oito mil persoas.
A días dunha nova folga xeral, para intentar frear unhas medidas laborais e sociais que arrebatan dereitos tan dificilmente conseguidos, non está demais botar unha ollada á longa historia do movemento obreiro galego, que no albor do século pasado fortalecía a unidade con Portugal. Algo a repensar agora cando sufrimos as mesmas políticas regresivas.
Hai cento dez anos que se fixo o primeiro Congreso Obreiro Galego Portugués na cidade de Tui. Os xornais indicaban que foron aprobadas 59 credenciais representando a 92 asociacións obreiras, nas que estaban integrados 60.160 afiliados e afiliadas. Unha cifra importante, mesmo hoxe. A presidencia sería ocupada por un delegado de A Coruña, José Rodríguez, e a vicepresidencia por Concepción Fernándes, representante dos obreiros metalúrxicos de Porto. Como secretarios delegados de Ourense, Porto, Pontevedra e Viana do Castelo. Ou sexa, a mesa presidencial era paritaria entre galegos e portugueses do norte (ou galegos do sur).
Ás sete do serán do día 18 de xaneiro constituíase o Congreso, aínda que as delegacións xa chegaran na súa maioría o día anterior para celebrar a sesión preparatoria. O Congreso rematou o 19 e nos días seguintes fixéronse mitins en Ourense e Vigo, para divulgar as conclusións, destacando os xornais que os locais estaban ateigados polos asistentes.
Realizáronse outros dous congresos. Un no mes de abril de 1902 en Viana do Castelo, e un ano despois outro en Braga, no mesmo mes. Ao de Viana acudiron 36 asociacións galegas e 44 portugueses, e ao de Braga 47 asociacións de Portugal e 30 de Galiza. Victor de Sa, nun artigo sobre o tema, publicado en A Nosa Terra, salientaba que no congreso de Viana “o regulamento composto por 14 artigos apostaba como obxectivo do Congreso por difundir o movemento asociativo nos pobos de Galiza e do Norte de Portugal (...). Para defensa dos intereses dos traballadores galego-portugueses manifestábase a preocupación de evitar que fosen declaradas dúas ou máis folgas ao mesmo tempo”.
O historiador Dionisio Pereira, que ten analizado este período histórico do movemento obreiro galego, dinos que a Unión Galaico-Portuguesa foi impulsada polas organizacións operarias de unha e outra banda da raia, concretamente polo socialismo vigués e compostelán e polos seus parceiros de Porto, Braga e Viana do Castelo. A finalidade era controlar a entrada de man de obra de Portugal que se empregaba arreo pola patronal para crebar as folgas na construción. Para nos situar no momento, convén lembrar que no ano 1901 e 1903 dánse dous importantes paros xerais na cidade de A Coruña, daquela vangarda da loita obreira na Galiza xunto con Ferrol. A folga de 1901 remata con tres mortos, 60 feridos e máis de cen detidos; a de 1903 sufría un abafante control da garda civil e fervía cun mitin ao que asistiron oito mil persoas.
A días dunha nova folga xeral, para intentar frear unhas medidas laborais e sociais que arrebatan dereitos tan dificilmente conseguidos, non está demais botar unha ollada á longa historia do movemento obreiro galego, que no albor do século pasado fortalecía a unidade con Portugal. Algo a repensar agora cando sufrimos as mesmas políticas regresivas.
Comentarios
Publicar un comentario