A devoción ao “Corpo Santo” Pedro González Telmo é unha constante na cidade de Tui dende os tempos medievais, pois tras a súa morte xa temos documentada a pregraria dos nosos veciños diante seu intercesor. Mais de setecentos anos de continuidade no seu culto provocan que a figura de San Telmo estea firmemente asentada en múltiples realidades da nosa cidade. As festas que vivimos estes días teñen o seu punto culminante na solemne procesión que percorre a nosa cidade na tardiña do vindeiro lúns, un desfile procesional que na súa actual configuración data da metade do século pasado, ao incorporarse á procesión de San Telmo boa parte do cerimonial e imaxes que desfilaban na procesión do Corpus Christi. Un traslado motivado polas reformas litúrxicas que realizaba a Igrexa naqueles anos, excluindo outros elementos da procesión fora de Cristo Sacramentado, para resaltar a centralidade deste culto eucarístico. Cómpre indicar que procesión do Corpus foi, sen dúbida, o principal desfile procesio...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses