Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2023

137 anos da inauguración da Ponte Internacional

  Se celebran hoxe, 25 de marzo, 137 anos da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño que dende aquel comunica as cidades de Tui e Valença constituíndose como a imaxe perenne da relación entre estes territorios transfronteirizos. Este acontecemento foi un auténtico fito na vida de Galicia e toda a prensa da época prestoulle importante atención. Recollemos hoxe o artigo publicado no diario “La Gaceta de Galicia” editado en Santiago de Composela. Este xornal de tendencia liberal aliñado coa actividade política de Eugenio Montero Ríos, recolle no seu número de 29 de marzo de 1886 a seguinte columna: ESPAÑA Y PORTUGAL   Después de multitud de perjuicios y de luchas por intereses que está llamado a satisfacer el Puente internacional sobre el Miño, que ha de servir de lazo de unión entre dos naciones hermanas por su origen, por sus desgracias, por sus glorias y por el papel que están llamadas a representar en el mundo, llegó por fin el día en que pudieron estrecharse am

Frei Santos Salvado e a fotografía documental en Nova Nursia (1869-1879)

A aparición da fotografía nas primeiras décadas do século XIX está en relación directa coas nova dinámicas sociais impulsadas pola burguesía, a vigorosa clase social en alza, que atopa neste invento mecánico (que se diferencia das outras artes de representación existentes ata daquela) un medio idóneo para promover a cultura burguesa, industrial e colonial propia daquel século. Se ven de clausurar no Museo Reina Sofía unha excelente exposición titulada “ Genealogías documentales. Fotografía 1848-1917 ” que aborda a aparición das representación fotográficas de identidades subalternas: obreiros, criados, mendigos, reclusos, doentes, etc. pero   sen esquecer que “ los retratos de las clases populares y subalternos fueron una irrupción accidental o marginal, una presencia involuntaria dentro de encuadres cuya intención era otra ”. A fotografía naqueles tempos era empregada exclusivamente polas elites sociais e consecuentemente contribúe á difusión das ideoloxías do poder: “ a partir de

Rafael Areses Vidal e o monte Aloia

Unha das personalidades tudenses mais sobranceiras nos últimos cen anos foi, sen dúbida, o enxeñeiro forestal Rafael Areses Vidal. Todos ligamos a súa figura co Monte Aloia, unha das grandes alfaias do noso territorio e que foi unha realización de Areses Vidal, pero a súa traxectoria e obra abrangue moitos outros aspectos de interese e transcendencia.-  Rafael Areses Vidal, en Foto de G. Gutierrez en Vida Gallega 15.10.1917 Existen diversos traballos que abordan a biografía de Rafael Areses polo que resultaría reiterativo repetir estes datos aos que os nosos lectores poden acceder con facilidade. No ano 2000 o Parque Natural do Monte Aloia editou un libriño de 32 páxinas titulado D. Rafael Areses Vida. Biografia dun home dedicado aos bosques de Galicia. Mais recentemente o número 7 de Castelllum Tyde, revista do Instituto de Estudios Tudenses, correspondente aos anos 2020/21, publicou un traballo de Jesús Pemán García, Antonio Morcillo San Juan e Juan Picos Martín: Rafael Areses Vid