Ir al contenido principal

Frei Santos Salvado e a fotografía documental en Nova Nursia (1869-1879)

A aparición da fotografía nas primeiras décadas do século XIX está en relación directa coas nova dinámicas sociais impulsadas pola burguesía, a vigorosa clase social en alza, que atopa neste invento mecánico (que se diferencia das outras artes de representación existentes ata daquela) un medio idóneo para promover a cultura burguesa, industrial e colonial propia daquel século.

Se ven de clausurar no Museo Reina Sofía unha excelente exposición titulada “Genealogías documentales. Fotografía 1848-1917” que aborda a aparición das representación fotográficas de identidades subalternas: obreiros, criados, mendigos, reclusos, doentes, etc. pero  sen esquecer que “los retratos de las clases populares y subalternos fueron una irrupción accidental o marginal, una presencia involuntaria dentro de encuadres cuya intención era otra”.

A fotografía naqueles tempos era empregada exclusivamente polas elites sociais e consecuentemente contribúe á difusión das ideoloxías do poder: “a partir de la décadas de 1850, las campañas de los monumentos nacionales fueron un de los impulsos emblemáticos del “imperio de la fotografía”. La Misión Heliográfica  de 1851, en Francia, es un ejemplo de cómo el discurso de los monumentos históricos nacionales fue instrumental para la ideología del Estado Nación y la diseminación de discursos nacionalistas por toda Europa. Fue una campaña que encontró sus particulares réplicas en otros territorios. En España su pionero fue Charles Clifford; su seguimiento de los viajes de Isabel II en forma de albúm y sus recorridos por la geografía monumental española constituyen el primer repertorio organizado que articula un discurso fotográfico sobre la nación. No obstante, a la idea burguesa de nación, que impulsa la producción de estas campañas y álbumes sobre el patrimonio histórico y artístico, se contrapone la irrupción de ciertas figuras de alteridad en la periferia de los monumentos: los criados en los palacios, los gitanos en la Alhambra, los pequeños oficios y escenas de trabajo, mendigos o personajes de calle que aparecen azarosamente entre las arquitecturas”.

Neste mesmo momento a fotografía é unha das grandes protagonistas nas exposicións universais que se popularizan nestes anos, a Gran Exposición de Londres en 1851 marcou un fito neste sentido pois amosan os procesos de industrialización e as grandes obras públicas parellas, onde o emprego de man de obra proletaria e mesmo os traballos forzados da poboación reclusa. “Las imágenes de las grandes obras obras y de la colonia penitenciaria tienden a confundirse. Obreros reclusos encadenados aparecen en daguerotipos de 1850, imágenes de obras públicas dirigidas por el ingeniero Lucio del Valle, pionero en España de este tipo de documentación fotográfica”.

Estamos nun momento de incorporación da achega que representa a fotografía aos diversos ámbitos do coñecemento, da investigación e da comunicación. Así “el gran catálogo enciclopédico sobre las razas humanas del alemán Carl Dammann, que comenzó a publicarse por entregas en 1874, constituye uno de los grandes monumentos a las aspiraciones del positivismo en el estudio de la diversidad humana. Otro ejemplo es el viaje del historiador Aby Warburg a la región de los indiso hopi en 1895 (...) No obstante, es el trabajo del antropólogo Bornislaw Malinowski y sus colaboradores en la islas de Trobriand hacia 1900, el que marcaría la consolidación de la fotografía en el trabajo de campo” cunha visión do uso antropolóxico da fotografía.

Resulta curioso, ata sorprendente, que nos diversos manuais consultados sobre os inicios da fotografía en España ou en Australia, e concretamente a fotografía documental se omita, basicamente por descoñecemento, a obra fotográfica que realiza o tudense Frei Santos Salvador na misión de Nova Nursia en Australia occidental fundada e dirixida polo seu irmán, de sangue e de vocación relixiosa, Frei Rosendo Salvado Rotea.

Frei Santos Salvado na súa cela en Nova Nursia

Un breve e superficial achegamento á historia da fotografía en Australia nos informa que a primeira fotografía tirada en Australia tivo lugar no ano 1841 no decurso da visita do capitán naval Lucas, que foi publicada no Australasian Chronicle o 13 de abril dese ano. Dende o ano seguinte hai noticia da existencia de fotografía comercial centrada nos retratos. De feito a foto máis antiga conservada é un daguerrotipo do Dr. William Bland realizada por George Baron Goodman, o primeiro fotógrafo profesional australiano, tirada en Sidney en torno a 1845. Haberá que agardar ata 1852 en que sae do prelo The Illustrated Sydney News, primeiro periódico ilustrado de Australia. En 1854 o naturalista e artista polaco William Blandowski lidera unha expedición ao noroeste de Victoria, a primeira expedición científica australiana coñecida que inclúe fotografía.

Pero en diversas búsquedas realizadas a través da internet non hai referencias á figura de Santos Salvado e a súa actividade como fotógrafo na abadía de Nova Nursia, agás nos estudos centrados nese lugar. Cómpre pois un achegamento a súa figura e a súa produción fotográfica.

Miguel de los Santo Salvado Rotea, nace en Tui o 5 de xullo de 1811, sendo o sexto fillo, doi oito que tiveron, de Pedro Bernardo Salvado e María Francisca Rotea. Dos seis fillos varón, dous morren de curta idade, os ou b tros catro seguen a carreira eclesiástica. Santos ingresou en 1825 no noviciado do mosteiro bieito de San Martiño Pinario en Santiago de Compostela sendo ordenado dez anos despois.

Tras os procesos desamortizadores, Santos Salvado retorna á casa paterna tudense igual que Rosendo consegue unha capelanía na Real Capela no Pazo Real, cunha renda de trinta mil reais anuais, que lle permiten “vivir como un duque”. No ano 1865, tras a morte da súa nai, pediulle á raíña Sabela II deixar o seu servizo. Pasou dez meses en Roma, “teniendo por un privilegio ensoñado poder decir treinta y cinco misas en la cueva en Subiaco de su padre san Benito”.

Foi un activo colaborador do seu irmán ao longo dos anos, ao que representaba e co que mantiña unha ampla correspondencia (á que era tan afeccionado Rosendo Salvado), pedíndolle a Rosendo que o admitise na misión australiana,  ao que este lle indicou para serlle útil aprendera fotografía. Os estudosos non coinciden se esta aprendizaxe foi neste momento en Italia ou Santos xa coñecía as técnicas fotográficas na súa estadía madrileña.

Rosendo Salvado cun neno aborixe, foto atribuía a Santos Salvado

Santos colabora tamén moi activamente con Rosendo na procura dun grande edificio onde instalar un seminario para as numerosas vocacións que queren sumarse á misión australiana. Tras pensar en Samos ou en Oña, finalmente conseguen da raíña a cesión do mosteiro de San Lourenzo do Escorial por unha Real Orde de 11 de febreiro de 1868 se lle concede a apertura do Colexio Beneditino de Ultramar no Escorial, do que Rosendo é nomeado presidente o 22 de xuño. Pero de novo os acontecemento políticos frustran os seus proxectos, a revolución gloriosa obriga ao peche do colexio misioneiro escurialense.

Santos arribou a Fremantle o 3 de maio de 1869, acompañado do seu irmán e 43 toneladas de equipaxe e obxectos de toda índole para o mosteiro de Nova Nursia: “El equipaje de Santos Salvado, sus chattels, pesaba cuarenta y tres toneladas. De él hacían parte un candelabro de diez y siete brazos, una espesa alfombra y un gran espejo, una cama de bronce; cinco relojes de campana, uno de los cuales había sido del abuelo del pretendiente carlista, Carlos VII; un armonio de diez y siete registros fabricado expresamente para él, la cruz de oro de la Orden Americana de Isabel la Católica... Su hermano le había pedido que se llevara todo, menos las sillas, las mesas y los útiles de la cocina. En un envío posterior, iría la colección completa de los santos padres griegos y latinos, el Migne que se la llama corrientemente, por su editor, el sacerdote bretón de ese apellido, pero habiendo tenido mucha parte en la empresa el benedictino Pitra. Salvado gestionó su adquisición en el viaje siguiente, y los libros llegaron antes que él, cuando ya había comprado más en Roma. Ambos cargamentos significan el comienzo de un nuevo período, en el cual Nueva Nursia se iba a convertir también en uno de esos monasterios llenos de riquezas artísticas y librarias, como lo eran algunos de los restaurados o fundados entonces en Europa o América del Norte. El viaje duró ochenta y ocho días”.

Nova Nursia, en "El Museo Universal" ano 1861.

Pero esta colaboración de Santos para dotar de obras de arte que prestixiaran o mosteiro e o culto litúrxico, en liña coa tradición monástica, mantívose logo do seu retorno a España en 1879. Santos fue también el primer agente de las adquisiciones de obras de arte que entonces empezaron. Así se llegó a formar una pinacoteca, rica sobre todo de lienzos españoles e italianos, todavía no bien estudiada. También se acopiaron ornamentos bordados y piezas de orfebrería. La Divina Pastora de Juan Fernández de Laredo (1632-1693) le había sido regalada a Salvado en su primer viaje a Europa por los oratorianos de Barcelona. Un crucifijo de marfil fue a su vez regalo de Isabel II, de la cual también hay libros. Todo ello a partir de La Virgen del Buen Consejo que, por un motivo estrictamente devocional, se había llevado Rosendo consigo a su nuevo país. Y hay que tener en cuenta que este arte refinado es sólo una parte del Museo de Nueva Nursia, el cual es muy completo además, en labores aborígenes, y en los utensilios de las artes y oficios practicados en el monasterio desde la fundación, incluidas la famacia y la medicina de los tiempos de dom Emiliano Coll, como por supuesto los instrumentos músicos. Por ejemplo, se guardan la cámara fotográfica de Santos y los aparatos de telegrafía usados por Helen.

Ao pouco tempo de chegar, e dado que Rosendo retornara a Europa para participar no Concilio Vaticano I, Santos converteuse no segundo Prior de Nova Nursia tras a morte de Venancio Garrido en 1870. É definido como “un hombre talentoso, siendo un consumado organista, corista y coleccionista y reparador de relojes, también introdujo la fotografía en Nueva Nursiia (hizo sus propios platos y papel) y trajo al monasterio instrumentos musicales como el armonio, el contrabajo y la viola”, está é unha viola stradivarius que lle fora regalada pola raíña Sabela II e que aínda se conserva en Nova Nursia.

Santos achega o primeiro aparello fotográfico coñecido na Australia occidental e comeza de inmediato a rexistrar cada faceta da vida naquel mosteiro. As súas placas de vidro, que aínda se conservan, son un rexistro inigualable da vida aborixe emisioneira nas décadas de 1860 e 1870.

 

Santos Salvado regresou a España en 1879 debido a problemas coa vista. Parte de Nova Nursia o 11 de febreiro e arriba a Xibraltar o 9 de abril, o 27 está en Compostela e o 6 de xuño se instala de novo en Madrid, cun dobre obxectivo: lograr un continxente estable de novas vocacións para a abadía australiana e promover a restauración beneditina en España. Na nova viaxe de Rosendo entre 1882 e 1885 se establece no mosteiro de Montserrat. Presenta o 15 de maio  de 1884 un memorial ao rei Afonso XII a restauración do concedido en 1868, logrando que ese mesmo ano a aprobación real para a creación do Colexio de Ultramar en Montserrat, onde formará numerosos monxes.

Mosteiro de San Bieito, das beneditinas en A Guarda


Santos dimite como capelán real do altar da igrexa de San Isidro en 1885 e retorna a súa terra, sendo nomeado capelán das monxas do mosteiro bieito de A Guarda, seguramente gracias ao amparo do seu curmán e párroco, Nicolás Salgado y Rotea, con quen ten unha grande amizade.  Alí permanece ata o seu pasamento, o 17 de abril de 1894. Xa en 1862 Fei Santos dispuxera que todos os seus bens foran entregados ao seu irmán Rosendo, como así se fixo tras a súa morte deixándolle as súas casas da Guarda e media en Tui xunto con outros bens.

Mantivo a súa afección fotográfica realizando unhas extraordinarias vistas xerais de Tui, que con toda probabilidade son as fotografías máis antigas que se conserven da nosa cidade, así como un amploa número de retratos de familiares e amigos.

Vista de Tui dende As Valiñas, atribuida a Santos Salvado

A misión ecomendada por Rosendo Salvado ao seu irmán Santos é documentar, coa novidosa técnica da fotografía, a vida no mosteiro e coas comunidades aborixes que alí se acollen, para empregar estas imaxes como un instrumento propagandístico da misión e lograr fondos económicos para o sostemento e progreso de Nova Nursia: De hecho, las fotografías jugaron un papel en la recaudación de fondos para New Norcia. La audiencia prevista de las fotografías tomadas por Santos Salvado, por ejemplo, incluía a la realeza española y dignatarios de la iglesia en Roma, y ​​hay amplia evidencia en el Archivo de Nueva Norcia que vincula las fotografías de los aborígenes en Nueva Norcia con la creencia en el éxito misional. Las fotografías de Santos Salvado muestran una visión idealizada de un futuro para los aborígenes. En la fotografía del “Hermano Pablo Clos amamantando al niño pequeño Pat” Santos Salvado construyó una línea de tiempo visual del 'progreso' aborigen, capturando con su lente a los Yued mayores con vestimenta tradicional yuxtapuestos junto a los Yued jóvenes. niños en misión

Non podemos desbotar unha visión crítica, cunha ollada deste século XXI, ao labor de Rosendo Salvado e a estas fotografías realizadas para a xustificación e difusión do seu labor “civilizador” cos indíxenas australianos. Pero resulta extremadamente inxusto cinguirse a esta análise sincrónica que descontextualiza o labor inxente e singularísimo de Salvado.

A diferencia de muchos de los misioneros, Salvado respetó la necesidad de los Yued de continuar con las prácticas tradicionales y permitió más libertad que la mayoría de sus compañeros misioneros en toda Australia. Mary Nannup, Margaret Drayton y Paul Willaway escriben en la publicación que acompaña a la exposición: “Consideramos que el obispo Salvado era amigo del pueblo Yued… (él) tenía un profundo interés y respeto por los aborígenes en los que registró la lengua, la cultura y las costumbres locales de Noongar.”

Cualquiera que sea nuestra perspectiva mirando hacia atrás desde el siglo XXI, está claro que Salvado respetó los intereses de los aborígenes, incluso si esto estuvo condicionado por su comprensión como hombre y como monje benedictino de la época.


Non podemos esquecer que Salvado realiza nos seus escritos e na cidade-misión de Nova Nursia unha xenial aportación á Humanidade, anticipando en case un século as ideas e conceptos expresados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Velaí a súa impresionante dimensión e consecuentemente a necesidade de repensar e reposicionar a figura de Rosendo Salvado con estas novas lecturas da súa traxectoria que o colocan como un auténtico xigante, coma un tudense, galego e español que proclamou e anticipou o valor do respecto aos dereitos e a dignidade dos homes e o seu conseguinte labor de integración (nunca asimilación) das minorías e dos marxinados (ver: http://tudensia.blogspot.com/2022/07/rosendo-salvado-nova-lectura-como.html )

Neste contexto o traballo desenvolvido por Santos Salvado como documentalista a través da fotografía do labor da abadía de Nova Nursia cómpre ser recoñecido como unha das primeiras mostras da representación dos aborixes, cun uso case antropolóxico da fotografía empregada tamén como instrumento de propaganda.


A figura de Santo Salvado Rotea reclama un estudo que documente unha rica traxectoria vital que apuntamos sumariamente neste post. Hoxe nos interesa detacar o seu traballo como fotógrafo que podemos coñecer a través dos extraordinarios albumes que se conservan tanto en Nova Nursia como no arquivo do Mosteiro da Transfiguración do Señor en Trasmañó (Redondela) que edificou a comunidade de moxas bieitas da Guarda hai varias décadas. Tamén o Arquivo catedralicio e diocesano de Tui custodia unha boa colección de fotografías de Santos Salvado. 

Álbum de fotografías de Santos Salvado. Arquivo Catedral de Tui.

A súa figura reclama ser recuperada como un dos primeiros fotógrafos de caracter documental de Galicia e mesmo de España que presta atención aos marxinados, os “sen alma” e sen dereitos, que eran os pobos aborixes australianos.

Lembremos que o primeira noticia que temos da presenza da fotografia en Galicia é de 1843 coa daguerrotipista Enrique Lauard Falconier na Coruña. Na Exposición Regional de 1858 o fotografo compostelá Andrés Cisneros realiza 14 fotografías da cidade e da propia exposición recollendo a visita da raíña Sabela II, pois o fotógrafo oficial, Charles Clifford, non puidera achegarse a Galicia. Ata as últimas décadas do século XIX os fotógrafos que aparecen en cidades en vilas teñen como case exclusiva actividade os retratos, e moi serodiamente recolleran acontecementos sociais e haberá que agardar ao século XX para a aparición de fotografos cunha pretensión documental.

Frei Santos elabora extraordinarios álbumes conformado por numerosas e curiosas cartes de visite de aboríxes, misioneiros no desempeño das súas actividades diarias así como vistas xerais ou parciais da misión. Estes álbumes son unha muestro de seu bo quefacer como fotógrafo durante os case dez anos que residiu en Nova Nursia e da súa pioneira aportación que documenta un capitulo singular nos procesos de colonización no territorio australiano. Unha obra, a de Frei Santos Salvado, lamentablemente descoñecida e que reclama o seu rescate e difusión.




Bibliografía empregada:

Linage Conde, José Antonio: “Rosendo Salvado. La aventura a lo divino de un gallego en Australia” en  Estudios Mindonienses, Volumen 25 (2009), pp. 625-757.

Genealogías documentales, fotografía 1848-1917. Exposición. Musee Nacional Centro de Arte Reina Sofía, 2022.

James, Tony: “Monastic Musings: Some Notes On The New Norcia Archives” en https://publications.archivists.org.au/index.php/asa/article/download/7683/7679/

Shellam, Tiffany: “Aboriginal Cottages, Transactional Encounters & Mission Lifestyles at New Norcia, 1860s–1900s” en New Norcia Studies nº 25 (2015), pp. 22-32.

VV.AA.: O Bispo dos en alma. Frei Rosendo Salvado (1814-1900), unha misión en Australia: Exposición no centenario da súa morte. Consello da Cultura Galega, 2001.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis