Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como San Martiño

San Martiño, notas etnográficas por Manuel Fernández-Valdés

Nestas xornadas, en concreto o 11 de novembro, celebramos a festividade de San Martiño, e arredor desta data se concentran diversas expresións da nosa cultura popular convertendo o “San Martiño” nun dos principaos fitos das tradicións festivas da nosa terra. Pousa do Bispo, fotografía de Ruth Matilda Anderson, 1924 O viño novo, a matanza do porco, as castañas e os magostos... son algunhas das manifestacións desta festa cíclica, próxima xa á entrada do inverno, ligada coa cultura agraria. Os acelerados cambios socio-económicos van modificando as expresións festeiras desta data pero non o seu esmorecemento, sendos oas magostos a principal expresión actual desta festividade. En Galicia existen 214 parroquias dedicadas a San Martiño e incluso unha catedral, a catedral de Ourense o ten por titular, sendo un dos santos con maís apego popular. Unha advocación ligada á figura de San Martiño de Tours, oriundo da actual Hungría e bispo daquela cidade francesa no século IV, cuxa festividade c...