Ir al contenido principal

Mulleres tudenses

MULLERES TUDENSES

Relación de mulleres que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada na vida tudense, cunha mínima referencia da súa achega e traxectoria (todas elas xa falecidas)


AGUSTINA, Isabel
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio de las hermanas clarisas de Tui, p. 16


ALONSO, Rosalía

Era a tía de Gumersindo Rodríguez e foi detida despois da folga de solidariedade cos folguistas de Ferrol, en xuño de 1932. Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da FAI en Tui, en 1934.

ALVAREZ, Beatriz
Solteira, filla de Enrique Mendez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

ALVAREZ DE LEON, María
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader, veciña de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

ALVAREZ MENDEZ, Catalina
Natural de Viana en Portugal, solteira, filla de Enrique Méndez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

BAHAMONDE, Rosa
Rosa Epifania Rodríguez-Vahamonde y Dominguez, naceu en Tui o 22 de maio de 1832 e faleceu en Madrid o 1 de abril de 1898, deixando un cuantioso legado ao Hospital de Tui en memoria do seu pai, o político e académico Florencio Rodríguez Bahamonde
En Fernández Valdés: “Familias antiguas de Tui”, 1958, p.118

CHAMOA GOMEZ

Posiblemente tudense, filla do comes tudensis (conde de Tui), Gomes Nunes que gobernaba a nosa cidade en torno a 1138. Casada, primeiro con Paio Soares da Maia, ao enviuvar ingresa no convento de  Vairâo, do que sae pola súa nova relación con Mem Rodrigues de Touges, pero é coñecida por ser a compañeira do primeiro rei portugués, Afonso Enriques que só despois da morte de Chamoa, en 1145, comeza a procura de esposa.



CONCHEIRO GARCIA, Ascensión (Chonchiña)
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 112-113


CORONEL, CATALINA
Natural de Salvaterra, viuva de Tomé Rodríguez, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORONEL, Isabel
Muller de Antonio Paz, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada, año de 1621” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORREA, Josefa
“Vivió en el siglo XVIII. Esta señora inventó un sistema de hilar al torno y fundó en Tui una escuela gratuita, por lo que mereció en 1785, la honrosa distinción de ser la primera persona de su sexo a quien confirió el titulo de socio de mérito de la Real Sociedad económica de Galicia”
En: Fernandez Valdés, m.: Familias... p. 43

CRISTO, Blanca de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio... , p. 16


CRISTO, Leonor de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

CRUZ, Ana de la
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

DELGADO PIÑAR, María del Pilar
Profesora de Xeografía e Historia do Institito de Tui (1936)

DIAZ CARPINTERO, Pilar

Raíña dos Xogos Florais de Galicia celebrados en Tui do 24 ao 26 de xuño de 1891.


ENRIQUEZ DE MUÑOZ, Inés
Esposa de Álvaro de Soutomaior, fillo de Pedro Madruga, soterrada nun dos arcosolios da Igrexa de San Domingos de Tui (sec. XV)

FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Emilia
Alumna de 4º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “Nuestro Instituto” (1935), “San Telmo, patrón de Tuy y de los navegantes” (1936)

FILGUEIRA, Carmen (Sor)

Relixiosa que lega todos os seus bens, cun valor de 9.000 pesetas, para as obras do Hospital e Inclusa no ano 1900-1901 (en Pérez-Fonterosa Antón, Carlos: “Resumen histórico del antiguo hospital e inclusa, hoy área panorámica de Tuy”. Libro festas San Telmo, 2000).


FRANCISCA, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

G. LORENZANA, Isabel
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “Quisiera estar en Babia” (1936)

GARCIA RODRIGUEZ, Loreto

Participa na exposición de arte celebrada en Tui promovida pola “Juventud Artística” en maio – xuño de 1925 no programa de actos do milenario de San Paio: “se nos revela una gran futura artista pues emplea colores muy limpios y buen dibujo”. (El Pueblo Gallego, sábado 4 de xullo de 1925)



GARCIA SEGRET, Josefa
Aínda que nada en Santiago, casada con Hipólito Gallego Camarero mestre en Forcadela-Tomiño e vítima da represión política do franquismo en Tui, con episodios que recolleu no seu libro “Abajo las dictaduras” (1982).
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 186-187


GARCIA-VALDECASAS SALGADO, Julia
Aínda que natural de Barcelona sempre estivo vinculada a Tui. Foi, entre outros cargos, Ministra de Administracións Públicas de 2003 a 2004.

GERPE, Elena

Envía dende Tomiño ao xornal tudense “La Tetera” un canto a Tui, en verso (en G. Paramos, J.: Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid, 1918)


GOMES, Isabel
Natural de Viana, en Portugal, neta de Manuel Falcón, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

GOMEZ, Antonia
Viuva de Fernando Pereira, natural de .... veciña da cidade de Tui “quien fue muger de Diego Falcón, herege judaizante, reconciliada, año de...” (Sambenitos da Catedral de Tui)

GONZALEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

GONZALEZ RODRIGUEZ, Julia
Mestra e primeira muller concelleira na Corporacion Municipal de Tui en 1973

HENRIQUEZ, Antonia
Viuva de Duarte Coronel, veciña da cidade de Tui condenada pola Inquisición, ausente, “herege judaizante ante reconciliada, relajada en estatuta” ano 1619 (Sambenitos da Catedral de Tui)

IZQUIERDO BALBUENA, Carmen

Participa na exposición de arte celebrada en Tui promovida pola “Juventud Artística” en maio – xuño de 1925 no programa de actos do milenario de San Paio: “la cabeza de estudio está bien ejecutada en todos sus detalles”. (El Pueblo Gallego, sábado 4 de xullo de 1925)


IZQUIERDO DURAN, Pilar
Directora do Hogar Rosendo Salvado de Auxilio Social en Tui
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.83


JASO, Evangelina
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 220

JASON LIDNER, Elfride
Profesora de lingua francesa do Instituto de Tui (1935)

MARIA DE LAS NIEVES
Natural de Tui, muller de Pedro Corera, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada año 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui).

MARTINEZ, Aurelia
De Tui, colaboradora de El Correo de la Moda
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 262


MALLO, Maruja
Pintora, natural de Viveiro (1902) viviu de nena en Tui, onde naceu o seu irmá o escultor Cristino Mallo (1905). Escrebe unha serie de artigos sobre a represión en Tui no diario barcelonés La Vanguardia en 1936: Relato veraz de la realidad de Galicia.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 192-194

MENDEZ ENRIQUEZ, Blanca
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader e veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

MENDEZ DE RIVADENEIRA, Isabel
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mender, mercader, veciño de Tui, condenados pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

MONTENEGRO Y SOTOMAYOR, Paula
“Venerable Madre Paula Antonia de San Agustín (Paula Montenegro y Soutomaior) bautizada en la Catedral el 8 de marzo de 1631 y murió en olor de santidad en 1687 en el convento de las Agustinas Recoletas de Villagarcia”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

MONTEGRO Y SOTOMAYOR, Isabel
“Venerable Madre Isabel María de Santo Tomás (Isabel Montenegro y Soutomaior) nacida en 1627, que falleció en 1712 en el mismo convento de Villagarcía, tambien en olor de santidad, obrando la Divina Providencia muchos prodigios en vida y en muerte de ambas hermanas”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

NÚÑEZ NOVÁS, Amalia
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “El Miño quiso ser mar” (1935)

PEREZ, Inés
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

PÉREZ NÚÑEZ, Josefa.

Detida en Paramos, en novembro de 1922, por impedir a chegada de produtos ao mercado na folga agraria.

RIBAS, Francisca

Viúva de D. José Bernárdez. Cita Suso Vila no seu libro “Hermandad del Dulcísimo Nombre de Jesús y de la Santa Casa de la Misericordia” que foi gracias Francisca Ribas que foi gracias ao seu traballo e paciencia quen mantivo a Santa Casa de Misericordia de Tui entre finais do século XVIII e inicios do XIX, en que recuperou.


RIVA, Josefa de la

Casada co impresor tudense José Pérez Hermida, ao enviuvar, en 1888, continuo coa imprenta baixo o nome de “Viuda e hijo de L.P.Hermida” no Cantón de Diómedes, 5.


RODRIGUEZ, Cándida
“Martir de Sobredo”, unha das persoas mortas a tiros pola Guarda Civil o 28 de novembro de 1922 na manifestación antiforal de Sobredo – Guillarei. Era de Pazos de Reis e estaba embarazada.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379

RODRIGUEZ PUMAR, Amalia
Alumna do Instituto de Tui, autora de obras na exposición celebrada en Vigo polos alumnos do Instituto dirixidos polo seu profesor Benito Prieto Cussent (1935)

SÁNCHEZ ROBLES, Hermina

Viúva de Eduardo Díaz Disdier, xefe da imprenta tudense, “Tipografía Regional”, que en 1936 adquire a mesma ao seu propietario Vicente García Rivera. Estaba daquela na rúa Consistorio, 5.


SANTOLALLA IGLESIAS, Carmen

Nada en 1907, mestra, de Izquierda Republica, Secretaria das Juventudes Republicanas de O Porriño. Tras o asasinato do seu marido, o dirixente socialista Joaquín Alonso Granados, con tres fillos marcha exiliada a Buenos Aires, onde é unha destacada dirixente do Centro Republicano Español daquela cidade arxentina, e posteriormente a Chile.


SANTOS, Ana de los
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

SARAVIA, Antonia
Muller de Tomé Coronel, veciña de Tui natural de Baiona. Condenada pola Inquisición por “herege judaizante”, reconciliada en 1617 (Figura nos Sambenitos da Catedral de Tui)

SOUSA, Filipa

Nai do médico e filósofo tudense Francisco Sánchez


SOUSA CASTRO, Isolina Celeste (?-Portugal, 1906 – ?).

Noutras fontes figura como Pousa ou Isolina Celeste Laura Castro. Compañeira de José Adán Rivas. Despois dos sucesos de Tui en xuño de 1932, na folga en solidariedade con Ferrol, participa na preparación dunha manifestación contra a represión, xunto a Josefa Prado. As dúas foron detidas e Isolina foi entregada ás autoridades portuguesas días despois. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Pontevedra, nunha casa da rúa Oliva, na que se atoparon documentos e folletos; por esta causa foi expulsada a Portugal. Uniuse civilmente a José Adán Rivas en xuño de 1934.


SPUCH, Angélica

En 1909 coa súa irmá María Delia participa nunha gala no Teatro Principal cun diálogo en verso “Amor de madre” (Vila, Suso: O Teatro de Tui. Tui, 2019.


SPUCH, María (Delia)

Publica diversas “charadas” no decenario “El Eco del Miño” (en G. Paramos, J.: Estudio bibliográfico y crítico acerca de la prensa periódica tudense. Madrid, 1918). En 1909 coa súa irmá Angelica participa nunha gala no Teatro Principal cun diálogo en verso “Amor de madre” (Vila, Suso: O Teatro de Tui. Tui, 2019).


SUAREZ SARMIENTO, María
Vicaria (Superiora) e fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

TATO, María
Pianista premiada no Certame musical de Tui, celebrado en abril 1890
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379


TORRES, Clara
Mestra e pedagoga

VAZ MENDEZ, Margarita
Viuva de Miguel Coronel, filla de Enrique Méndez, mercader, veciños de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

VAZQUEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

VILA BÉLA, Mercedes da
Alumna de 6º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “El sueño de los alquimistas realizado...?” (1935), “Los hijos de Pilichinela de Benvanete” (1935)

Comentarios

  1. Me llamo F. Amelia S. Crespo, mi sexto apellido es Tieso, originario de Tui. Os habéis olvidado de alguien, una mujer que cedió en 1850 aprox (hay documento certificado) parte de su jardín para construir el palco de la música, en Tui. Se llamaba: Isabel Tieso de la Yglesia; mi tatarabuela. Además de ser hermana de un personaje olvidado por las Autoridades municipales, que era Miguel José Antonio Tieso de la Yglesia.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por su interesante comentario. Me gustaría contactar con Usted para ampliar la información e incorporarla a este listado.

      Eliminar
  2. Gracias por tener en cuenta mi comentario. Cuando obtenga toda la información sobre Isabel os la hago llegar. De todos modos, además de estar registrado en el Ayto, se puede ver en Galiciana

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le