Onte sábado 15 de xaneiro abriuse ao público no Núcelo Museológico de Valença unha exposición titulada “Memorias de vida: trapicheiras e raianas”, de grande interese e moi recomendable visita. Previamente houbo no Salón de Actos da Cámara Municipal unha sesión de homenaxe ás trapicheiras e raianas de Valença e Tui que foron agasalladas polo Presidente da Cámara valenciana en recoñecemento ao seu esforzo e a súa achega á vida local. Previamente nunha sesión académica os investigadores Manuel A. Pinto Neves e Ernesto Iglesias Alemida xunto á realizadora Diana Gonçalves realizaron diversas achegas ao mundo do contrabando e trapiche no noso territorio. Parabéns á Cámara Municipal de Valença por esta iniciativa e especialmente á responsable do Núcleo Museológico, Isilda Salvador, e a súa equipa polo amplo traballo desenvolvido. Esperamos facer un percorrido calmoso polos numerosos obxectos integrantes desta mostra, que recupera un elemento ben importante do noso pasado. Dende Tudensia nos s...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses