Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Balneario de Caldelas

O Balneario de Caldelas, a propósito da exposición do seu arquivo fotográfico

  Na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense podemos contemplar ata o vindeiro 8 de xaneiro unha exposición de fotografía antiga que co título de “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” recolle unha escolma de 77 imaxes procedentes do arquivo fotográfico do Balneario de Caldelas que gracias a unha feliz iniciativa de Ana Rodríguez, xerente do establecemento e continuadora da empresa familiar que leva máis dun século xestionando este lugar de termalismo, de recuperar progresivamente o acervo de imaxes que custodian. Esta mostra, que xa puideron contemplar os clientes do Balneario ao longos das fines de semana do verán, está agora na céntrica sala tudense para que todos os interesados tanto polas técnicas fotográficas como polas imaxes históricas de Tui e a súa contorna. Ao tempo que recomendamos a todos os seguidores de “Tudensia” a visita a esta magnifica exposición, esta colección nos permite achegármonos a outros dous aspectos a reivindicar. Por unha banda, o valor ...

Visitas ao patrimonio tudense menos coñecido

Hai poucos días nunha conversa informal comentando estes tempos difíciles que estamos vivindo, de restricións pola pandemia, comentabamos que unha das alternativas de lecer posibles é camiñar, realizar paseos polo noso territorio, cinguidos exclusivamente, claro está, ao noso municipio. No decurso da charla xurdiu que publicase en Tudensia lugares de interese, e non moi coñecidos, para visitar nestes paseos que tantos e tantos facemos nestas xornadas. Dada a insistencia dos interlocutores ofrezo de seguida diversos lugares de interese patrimonial para visitar. Lugares menos coñecidos, e sobre todo menos visitados, pola maioría dos nosos conveciños Non é unha lista exhaustiva nin o pretende, senón unha serie de lugares nas parroquias tudenses que xustifican unha camiñada. Tampouco ofrecerei unha análise dos valores de cada lugar senón unhas liñas que xustifiquen a visita. Non hai outra pretensión que convidar aos seguidores de Tudensia a achegarse a este lugares e coñecer o amplo pa...