Ir al contenido principal

Visitas ao patrimonio tudense menos coñecido

Hai poucos días nunha conversa informal comentando estes tempos difíciles que estamos vivindo, de restricións pola pandemia, comentabamos que unha das alternativas de lecer posibles é camiñar, realizar paseos polo noso territorio, cinguidos exclusivamente, claro está, ao noso municipio. No decurso da charla xurdiu que publicase en Tudensia lugares de interese, e non moi coñecidos, para visitar nestes paseos que tantos e tantos facemos nestas xornadas.

Dada a insistencia dos interlocutores ofrezo de seguida diversos lugares de interese patrimonial para visitar. Lugares menos coñecidos, e sobre todo menos visitados, pola maioría dos nosos conveciños Non é unha lista exhaustiva nin o pretende, senón unha serie de lugares nas parroquias tudenses que xustifican unha camiñada. Tampouco ofrecerei unha análise dos valores de cada lugar senón unhas liñas que xustifiquen a visita.

Non hai outra pretensión que convidar aos seguidores de Tudensia a achegarse a este lugares e coñecer o amplo patrimonio que se acumula no noso territorio e que tantas veces é moi escasamente valorado polos que estamos ao seu carón.

Esta relación quedará coma unha páxina de acceso directo dende Tudensia (igual que a de mulleres tudenses) que iremos incrementando progresivamente, aceptando gustosamente as suxestións que os nosos lectores nos queiran facer chegar.

Igrexa de San Miguel de Pexegueiro

Esta igrexa formaba parte dun mosteiro documentado xa dende o século X. A igrexa conserva a súa fábrica románica está construída en estilo románico, conservando as tres portadas. Ni tímpano da portada principal se representa unha loita entre dous leóns, conserva a pía bautismal románica e un interesante relevo dun león. A capela maior foi reconstruída no século XVIII polo bispo Juan M. Rodríguez Castañón, en 1765, que deixou as súas armas heráldicas no exterior da ábsida. Conta a tradición que nesta igrexa tivo lugar a última predicación de San Telmo, antes da súa morte en 1246.

Petróglifo de As Carneiras – Baldráns

Estación de gravados rupestres con representación de ofidios (serpes) pero que ten a singularidade, única en Galicia, de estar situados á ribeira do Miño na parroquia de Baldráns. Accedese a través da senda Tui – Caldelas (PRG19).

 

Viveiro Forestal de Areas

Este recinto data de 1906 cando Rafael Areses Vidal promoveu este lugar destinado a fornecer arbores para a repoboación dos nosos montes e en especial do Aloia en 1908 edificouse a casa, onde estivo un Museo Forestas nas primeiras décadas do século, e as dependencias de traballo deste lugar na parroquia de Areas

 

Balneario de Caldelas

Aínda que o manancial é coñecido de sempre será no século XVIII cando comeza o seu uso para baños polos veciños e tudenses. Antonio Oliver Rubio será o gran creador e promotor do Balneario, cuxa construción comezou en 1885 e aos catro anos iniciou a obra do “Gran Hotel”, instalacións que aínda hoxe conservan o sabor da época, na que gracias ao ferrocarril esta localidade termal contaba con sala de cine e de festas e varios hoteis para acoller aos visitantes que chegaban de toda a Península.

 

Muíños do Regueiro - Paramos

Este fermoso lugar no barrio do mesmo nome na parroquia de Paramos agrupa a un conxunto de catro muíños hidráulicos, coas súas correspondentes canles e levadas coas augas do río Pantel que o conforman coma un enclave de gran valor etnográfico. Iglesias Almeida documenta os muíños de Bazoca ou de Abaixo, o Familial ou da Ponte, o da Devesa nos século XVII e XVIII.


Ponte Mosteiro - Pexegueiro

Nun vello camiño que conducía ao antigo mosteiro e sobre as augas do río Furnía está a ponte medieval coñecida como “Mosteiro” recentemente restaurada polo concello tudense. A actual fábrica, como en tantas outras pontes, corresponde a épocas máis recentes, así en 1783 foi reconstruída polo mestre de cantería de Pazos de Reis, Juan Francisco Novás Gayoso, e Andrés de Orxe Corbacho, de Pontecaldelas pero aveciñado en Guillarei.

 

Penedo da Malladoura - Baldráns

Monumental penedo granítico aproveitado, durante séculos, para o traballo comunitario da malla do cereal, de onde provén o seu nome de “Malladoura”. Se completa esta enclave etnográfico cun muíño do mesmo nome.

 

Monumento aos mártires de Sobredo – Guillarei


Este monumento marca un lugar de memorial en lembranza do tráxico suceso acontecido o 28 de novembro de 1922 na loita antiforal. No decurso dunha manifestación contra un embargo, a Garda Civil abriu fogo contra a multitude alí concentrada provocando numerosos feridos e tres mortos: Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Soutelo, e Venancio González, dirixente agrario de San Estevo de Budiño. O monumento realizado por subscrición popular é obra de Camilo Nogueira e foi inaugurado en 1932. En xullo de 1936 foi destruído con dinamita e reconstruído, por iniciativa de entidades sociais e culturais, coas pezas orixinais conservadas, en 1988.

 

Lagoa de Caldelas


Este lugar localizado nas inmediacións da ribeira do Miño en Caldelas destaca por conservar unha das escasas poboacións da Península Ibérica de Nymphoides peltata que semella un delicado nenúfar dourado. A maior parte das outras poboacións que estiveron presentes no sistema Miño-Sil teñen desaparecido.

 

Panteón da familia Alejos no cemiterio parroquial - Paramos

No barrio da Carrasqueira de Paramos localízase o cemiterio desta parroquia que conserva un monumental panteón funerario, da familia Alejos. Este singular enterramento, de gran porte, foi edificado no cemiterio de Tui, pero cando este pechou e foi desmantelado, no anos setenta do pasado século, foi traslado ata este lugar onde hoxe podemos seguir contemplando a súa magnifica estrutura coroada por unha copa, todo realizado en pedra.

 

Pasais - Ribadelouro

Se facemos o Camiño Portugués se logo de chegar ao barrio de Orbenlle, xa na parroquia de Budiño, se tomamos o itinerario alternativo que evita o paso polo polígono industrial das Gándaras, no seu itinerario volveremos a entrar en terras de Ribadelouro e nos atoparemos con estes pasais, unha obra de enxeñaría popular para salvar as correntes de auga que resultan de gran atractivo.

 

Ponte da Madalena (ou de Orbenlle) - Ribadelouro

Ponte existente sobre o río Louro, no límite do municipio de Tui, no trazado do Camiño Portugués e que corresponde cunha ponte de época medieval no camiño real que partía de Tui. Moito menos coñecida que a Ponte das Febres, na mesma parroquia de Ribadeluro, atópase tamén nun fermoso enclave integrado nas ribeiras do Louro e na paisaxe das Gándaras de Budiño que forma parte da Red Natura 2000.

 

Pazo de Bouzavalada e capela das Maravillas – Areas

Un dos escasos exemplos de arquitectura pacega en Tui, na parroquia de Areas nos límites con Sobrada. Foi edificado polo cóengo Juan Piñeiro Falcón en 1726. Na fachada do pazo figura unha inscrición de 1790 asi como un escudo oval coas armas dos Falcón. O pazo posúe unha estrutura en “U” e unha pequena torre formada por un reloxo de sol e unha campá de ferro. Ao seu carón está a capela dedicada a Nosa Señora das Maravillas e que forma conxunto co pazo.

 

Acueduto da Porteliña – Pazos de Reis

Tomada de www.patrimoniogalego.net

Estrutura en pedra para o transporte de auga entre un manancial nas abas do Aloia ata a casa da Lagarteira (ou de Oliveira, polo seu último propietario). Formado por una serie de piares que forman unha estrutura adintelada con 22 tramos ao longo de aproximadamente 70 metros. Hoxe un dos extremos, o máis próximo ao final, está mutilado pola ampliación da pista asfaltada perdendo alo menos dous dos seus tramos. Segue en funcionamento.

 

Muíños rupestres e gravados no Alto do Coello - Randufe


Nas laxes existentes no Alto do Coello, en Randufe, podemos atopar ate 5 muíños naviculares, coviñas e  gravados rupestres de serpentiformes, que configuran un interesante xacemento arqueolóxico localizado nun enclave privilexiado cunha ampla panorámica do val do Miño. A visita se complementa cos petroglifos de Rozacús situados nas inmediacións.

 

Petróglifos de Rozacús / As Fontiñas - Randufe


Gravados rupestres descubertos polo Equipo Arqueolóxico do Baixo Miño en torno a 1972, son un amplo conxunto de laxes con diversos tipoloxías de gravados: cazoletas, círculos e representacións de animais cuadrúpeos, con diversos estados de conservación. Sinalizados para a visita polo Concello de Tui e a Comunidade de Montes de Randufe. Asociados ao dos Alto do Coello nas inmediacións.

 

Muralla ciclópea do Monte Aloia

Muralla ciclópea do Monte Aloia en https://galiciamaxica.eu/wp-content/uploads/2019/10/100_7982.jpg

A muralla ciclópea que rodea o seu cume do Aloia, cunha extensión de máis de 3 quilómetros e 30 Ha. de superficie. Os traballos arqueolóxicos realizados neste monumento pétreo permiten determinar que este recinto non foi un lugar de residencia, pois se carece de restos de utensilios domésticos, nin hai sinais de accións bélicas, sendo imposible, polo de agora, definir a súa funcionalidade aínda que polas súas características habería que datala entre os séculos V e IX; pese a súa monumentalidade a súa factura non é de calidade. Trátase dun recinto fortificado dun tamaño extraordinario e pouco común no noroeste peninsular.

O Parque Natural do Monte Aloia posúe numerosos recursos e rutas de interese patrimonial moito máis coñecidos e visitados: Muíños do Tripes (que superan o seu territorio), Muíños de Paredes en Rebordáns, Castro Alto dos Cubos ou Cabeza de Francos, Ermida e e entorno de San Xian, Cama do Santo, etc,

Como exemplo dos múltiples recursos do noso Parque Natural faremos referencia a un dos seus principais monumentos naturais

A faia do monte Aloia

No Parque Natural do Monte Aloia existen dúas faias de gran porte. A que figura na imaxe é a mais destacada e está localizada xunto á fonte do santo e posiblemente traída por Rafael Areses dende o Viveiro de Areas en torno a 1912. Destaca pola extraordinaria volumetría arquitectónica e a configuración do seu porte, de silueta aovado-redondeada, que o converten nun exemplar realmente singular. A outra faia, cun porte alto e estreito, está localizada nas escaleiras do entorno da capela de San Xiao.


Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le