Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2022

San Xulián do monte Aloia, devocións e tradicións

Este xoves, 27 de xaneiro, a cima do monte Aloia celebra a súa principal festa ao seu padroeiro, a San Xulián ou Xián. O Aloia é un lugar referencial, ao longo dos séculos, para un amplo territorio que se asenta nas súas abas e que concorría tradicionalmente ás celebracións que anualmente congregaban as xentes da contorna o 27 de xaneiro, festa de San Xulián ou o primeiro domingo xullo na romaría de Nosa Señora das Angustias. Sobre esta última festividades xa nos temos ocupado neste blog recollendo a súa descricións nos escritos de Manuel Fernández-Valdés e de Xosé María Álvarez Blázquez, dúas testemuñas directas do contido desta romaría anual: http://tudensia.blogspot.com/2010/06/romeria-de-nosa-senora-das-angustias-no.html Esta condición referencial do Aloia ven dada tamén polo papel que historicamente desempeñou esta cima na nosa historia colectiva; máis aló da posible consideración deste monte como o mítico Mons Medulio onde as últimas trapas galaicas resistiron, ata o sacrifici

Os selos sobre Tui e o Grupo Filatélico tudense

A filatelia é unha afección dedicada a coleccionar e clasificar selos, sobres e outros documentos postais. Dende a edición do primeiro selo postal, en Inglaterra o 6 de maio de 1840, no caso de España o 1 de xaneiro de 1850, comezou paralelamente o coleccionismo destes gravados. Nos selos podemos contemplar parte da historia e da cultura dun país ao recoller nas súas emisións imaxes de persoeiros, monumentos, pinturas, acontecementos destacados, flora, fauna... en definitiva, un amplo abano da realidade de cada país emisor. A afección polas coleccións de selos conta con numerosos seguidores e aínda que os cambios nas comunicacións, concretamente as epistolares, parecen cuestionar mesmo a súa continuidade segue gozando dun amplo número de seguidores. En Tui temos unha agrupación local de dilatada historia, con sesenta anos de traxectoria -que cumpre este ano-, e que reúne a un amplo fato de coleccionistas. O Grupo Filatélico e Numismático de Tui foi creado no ano 1962, deste xeito n

Nova reivindicación dos "Bandos ou ranchos de Reis"

En varias oportunidades dende Tudensia temos recollido unha vella tradición do Nadal tudense como son os “Bandos de Reis”, tamén chamados “Ranchos”, que coa súa vistosa indumentaria e as súas sinxelas coplas percorrían nestas datas, arredor da festa da Epifanía, tanto os camiños das nosas parroquias como as rúas empedradas da cidade na procura dun “aguinaldo”, propina en metálico ou en especie. Rancho de Reis de Guláns - Ponteareas, circa 1920 O interesado pode revisar estes post de anos anteriores: http://tudensia.blogspot.com/2021/01/non-deixemos-de-cantalos-reises.html e tamén http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html ou anteriormente   http://tudensia.blogspot.com/2008/12/un-nadal-tudense-con-boleardos-e-bandos.html Cómpre seguir reivindicando, nunha nova ocasión, aos “Ranchos de Reis”. Cando estamos contemplando como se deturpa a tradición do Nadal coa introdución de novas expresións navideñas alleas por completo á nosa historia (caso do chamado “A