Ir al contenido principal

137 anos da inauguración da Ponte Internacional

 Se celebran hoxe, 25 de marzo, 137 anos da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño que dende aquel comunica as cidades de Tui e Valença constituíndose como a imaxe perenne da relación entre estes territorios transfronteirizos.

Este acontecemento foi un auténtico fito na vida de Galicia e toda a prensa da época prestoulle importante atención. Recollemos hoxe o artigo publicado no diario “La Gaceta de Galicia” editado en Santiago de Composela. Este xornal de tendencia liberal aliñado coa actividade política de Eugenio Montero Ríos, recolle no seu número de 29 de marzo de 1886 a seguinte columna:


ESPAÑA Y PORTUGAL

 

Después de multitud de perjuicios y de luchas por intereses que está llamado a satisfacer el Puente internacional sobre el Miño, que ha de servir de lazo de unión entre dos naciones hermanas por su origen, por sus desgracias, por sus glorias y por el papel que están llamadas a representar en el mundo, llegó por fin el día en que pudieron estrecharse ambas manos. Enlazado Portugal con España por la parte de Estremadura, que pudiéramos llamar la mano derecha, quedábale aún la parte de Galicia, con la que tantas relaciones mantiene el mismo Portugal y en el cual existe un puerto de refugio para los barcos lusitanos y para los que navegan en demanda de los puertos del vecino reino cerrados de continuo por los temporales que hacen peligrosa la navegación de su costa.

Si ambos países hubiesen conocido sus intereses, hace mucho tiempo que la vía férrea de Oporto a Vigo debiera estar hecha; pero recelos y desconfianzas de pueblos, por una parte, y la lentitud con que siempre se satisficieron las demandas de nuestro país, nos mantuvieron bien alejados del bello y nunca bien ponderado Portugal.

Por fin llegó el día tan ansiado, el 25 de este mes, y ambas naciones en el centro del río Miño y sobre el puente de hierro que enlaza las vías gallegas y las portuguesas, diéronse un abrazo que llamaremos ibérico; pues que unidas España y Portugal, de la misma manera por Estremadura y por Galicia, debe considerarse el hecho como verdadero lazo de unión de nuestras relaciones comerciales, quedando establecidas por medio de las dos cintas de hierro tendidas sin interrupción entre ambos países, las comunicaciones de todas clases á la manera que las corrientes eléctricas circulan por los cuerpos en contacto, cuando son buenos conductores.

Y que España y Portugal lo son, no cabe duda, pues además de ser gemelas y de hallarse compuestas, por lo tanto, de elementos similares en el orden físico y moral, están llamadas a cumplir grandes empresas en lo porvenir; siendo una de las principales tender una mano a la América y otra al África, uniéndoles con la vieja Europa.

Saludamos con júbilo el 25 de marzo de 1886 en que se celebró la tan deseada inauguración del Puente Internacional sobre el Miño; que constituye como se deja comprender por lo manifestado someramente más arriba uno de los principales eslabones de la Unión Ibérica y de la Ibero-américo-africana.

El acto oficial de la inauguración se celebró marchando hasta encontrarse, como para darse un beso sueva y fraternal, los trenes que conducían respectivamente a las autoridades y convidados de ambas naciones; y en medio de los acordes de dos músicas y de los víctores a España y Portugal, se dirigieron todos a la estación de Valença, en la vecina nación, donde se cambiaron los saludos y gratas impresiones; luego regresaron los españoles a la parte española, donde se celebró un banquete.

Arxiu fotogràfic Centre Excursionista de Catalunya

Consignamos a continuación algunos detalles acerca de las obras de puente:

El puente consta de dos tableros de 300 m. 08 sobre el lecho del río y dividido en cinco tramos 2 de 64 m. 500 y tres de 69 metros.

Se asienta en cuatro pilastras y 2 viaductos laterales de 20 metros cada uno sobre las avenidas de acceso al tablero inferior destinado a carretera.

La altura del tablero superior, sobre el lecho del río, es de 22 metros sobre aguas ordinarias.

Las fundaciones de las pilastras tienen, término medio, de 22 á 14 metros. El largo total del puente, con sus viaductos, es de 400 metros.

El tablero inferior tiene dos paseos laterales muy hermosos de 1 metro de ancho y la carretera 5,50.

El paseo de la parte metálica es de 1400 toneladas. La vía está asentada sobre traviesas de castaño clavadas a tira fonda.

El primer tramo se corrió en agosto de 1883 y el último el 20 de julio de 1884. Las pruebas oficiales se hicieron el 12 de febrero de 1885.

Las obras han costado próximamente 1.300.000 pesetas, que pagaron por mitad ambas naciones.

La avenida al tablero inferior por la parte de España no está todavía enlazada con la carretera. El puente es muy elegante y puede considerarse como una verdadera obra de arte.

 

Estas liñas do xornal compostelá nos ofrecen a oportunidade de lembrar este aniversario de especial significación para o noso territorio, pois a ponte de Pelayo Mancebo expresa a condición fronteiriza de Tui e Valença, que teñen nela un dos seus principais sinais de identidade.

Un concepto de fronteira ligado para a xeneralidade da xente ao concepto de “límite”, de “excentrididade”, mesmo de afastamento. Especialmente asentado este concepto nos estados centralistas –característicos dos últimos séculos tanto en España como en Portugal-.  Pero para os que vivimos na fronteira este é un lugar de mestura, de intercambio, de contactos permanentes... pois os tudenses e valencianos non nos chamamos “fronteirizos” senón raianos, pois é unha “raia” –identificada co río Miño- o que nos separa. É unha raia é sempre un límite fraco, arbitrario, doado de superar.

Formamos parte, e así o sentimos, dun mesmo espazo xeográfico; existe unha continuidade paisaxística e mesmo urbana entre as nosas cidade de Tui e Valença, pois a trama de ocupación do territorio, de urbanización, achégase, en ambos casos, ata o bordo mesmo do lugar físico da antiga fronteira, sen existir baleiros físico, convertendo a esta vella ponte metálica nunha rúa máis dun mesmo ámbito urbano.

Arxiu fotogràfic Centre Excursionista de Catalunya

Estamos na fronteira máis antiga que se conserva en Europa que dende o século XIII segue establecida no mesmo lugar, pese a periódicos episodios bélicos que chegaron ata o século XVIII. Pero estamos nunha fronteira permeable, onde de sempre existiu un continuo intercambio. Dúas referencias dende a miña condición de historiador. Ata o Cisma de Avignon, nos inicios do século XV, a diocese de Tui abranguía un territorio que chegaba, no reino de Portugal, ata o río Lima (ou Limia para os galegos). Dous reinos e unha única administración eclesiástica perante varios séculos.

Citaremos tamén outro dos exemplos mais sobranceiros cando xa, a finais da Idade Media, a fronteira “legal” era nitidamente recoñecida por todos os habitantes das terras miñotas. Sen embargo, as políticas de carácter “nacional” que promoven as monarquías de Castela e Portugal, levan a que en 1455 o rei lusitano Afonso V ordenáselle ao Marqués de Valença e ao Conde de Ourém que dispoñan gardas fiscais que impidan a entrada en Portugal de mercancías prohibidas como era  caso do gando, cabalos, armas, moedas, etc. As protestas das vilas das ribeiras do Miño conseguiron que aos poucos anos, en 1462, o mesmo monarca conceda á cidade de Tui e as vilas galegas da fronteira do río Miño a posibilidade de comprar e vender nas feiras de Caminha, Cerveira, Valença... sen pagar tributos, como se fosen portugueses... Así o outorga o propio rei Afonso V na súa visita a Valença, do 30 de xuño ao 3 de xullo de 1462, permitindo a comercialización do pan, carne, viño e peixe procedente de Tui, confirmando un privilexio que, afirman os valencianos, era un costume xa antigo. Son as chamadas cartas ou costumes de veciñanza que o monarca lusitano concede ás vilas da ribeira do Miño, que intentan deste xeito subtraerse da presión dos axentes fiscais da Coroa, aínda que sen moito éxito.

Xa no ano 1459 o procurador de Vila Nova de Cerveira, Lourenço Guilham, proclamaba nas Cortes de Lisboa: “Senhor vosa alteza (saberá) que antre os moradores desta villa e termo com os galegos ha o rrio en meyos conversamos huus com os outros como irmaaos seendo casados huus com outros”.

Esta conciencia dunha mesma identidade, dunha mesma condición está contida, por exemplo, no documento asinado en 1485 (superados os difíciles tempos da “ocupación” dos Soutomaior sobre a cidade de Tui e das guerras de sucesión ao trono de Castela entre os partidarios de “La Beltraneja” –apoiada por Portugal e que tivo en Tui o seu principal baluarte- e Isabel, a futura raiña Católica) co acordo sobre as barcas de pasaxes entre ambas cidades, representadas polo bispo de Tui e a Cámara de Valença. Neste documento sinalase como “estrangeyro o (que) non seia vezinio da dita cidade (de Tui) nen vasalo do dito Sr. Obpo. nen vizinio de Valença nen do seu termo (...pois...) compre aboa vezinages de uns e dos outros”.

Os raianos ao longo dos tempos temos compartido unha terra, unha cultura, un idioma, unha existencia en común que con inusitado empeño as nosas xentes teñen mantido con grande perseveranza, aínda que en moitos casos esta veciñanza se acompañe das normais tensións colectivas de rivalidades e alcumes. De tal modo que na actualidade a condición de fronteira xa non está ligado unicamente a una condición periférica, moitas veces impulsada polo propio Estado e acompañada, durante tanto tempo, do atraso social e económico. A integración na Unión Europea, a creación do mercado único e a sinatura dos acordos de Scheguen que eliminaron, ao menos, as fronteiras físicas abriron una nova época nas relacións entre os territorios fronteirizos.

Arxiu fotogràfic Centre Excursionista de Catalunya

Somos hoxe pois herdeiros dunha condición que alongase dende os tempos medievais. A sinatura o 10 de febreiro de 2012, do acordo de creación da eurocidade entre os municipios de Tui e Valença, representadas polos seus alcaldes Moisés Rodriguez e Jorge Mendes, abriu unha nova etapa nestas relacións entre as inmediatas cidades miñotas e unha liña de cooperación á que logo se sumaron outras localidades transfronteirizas.

Con todo é un proceso dificultoso, que non acaba de atopar unha formulación axeitada, especialmente polas inercias existentes que son un atranco a este novo xeito de traballo onde as sinerxías, a transversalidade, as tarefas cooperativas son os novos paradigmas deste labor conxunto que é a eurocidade.

A vella ponte internacional inaugurada en 1886 é cruzada diariamente por mais de 4.000 vehículos, basicamente de tráfico interno, un número que expresa esta intensa vida en común, a permeabilidade desta “raia”, sen outro parangón na fronteira hispano-lusa. Hoxe, como hai 137 anos, a ponte metálica como apuntaba “La Gaceta de Galicia” segue recordándonos que Tui e Valença “están llamadas a cumplir grandes empresas en lo porvenir”.

 

 

Máis información neste blog sobre a ponte internacional:

Sobre o seu proceso de construción:

http://tudensia.blogspot.com/2020/03/o-proceso-de-construcion-da-ponte.html

http://tudensia.blogspot.com/2020/03/o-proxecto-de-construcion-da-ponte.html

 

Sobre a inauguración:

http://tudensia.blogspot.com/2009/10/hai-125-anos-que-finalizaron-as-obras.html

http://tudensia.blogspot.com/2011/03/125-anos-da-ponte-internacional-sobre-o.html

 

Outras referencias:

http://tudensia.blogspot.com/2011/03/puente-internacional-del-mino-por.html

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...