Ir al contenido principal

Martín Rodriguez, apaixoado ilustrador tudense

Chegou esta mañá do martes 18 de xullo a triste noticia do falecemento nas terras da illa de Tenerife de Martín Rodríguez Álvarez, o recoñecido debuxante tudense que tantas láminas da súa querida terra ten elaborado e popularizado.


Asinaba en numerosas oportunidades como “Martín de Tuy”, lembrando a nosa cidade onde nacera en 1938 e como tantos outros tudenses daqueles duros anos da posguerra atopou na carreira militar, no seu caso na Armada, un camiño profesional que o levou ata as terras das Illas Canarias, en concreto Santa Cruz de Tenerife, onde desenvolveu a súa vida profesional e familiar. O pasado ano, no decurso da súa última estadía en Tui o Concello tudense concedeulle un recoñecemento público coa concesión dunha “Mención honorífica especial” pola súa actividade e traxectoria.

Con amigos e veciños que o acompañaron na entrega polo Concello da
"Mención honrífica especial" o 9 de xuño de 2022

Editou en Tui dous libros; por unha parte, “Tuy en blanco y negro” (1985) que recolle unha ampla escolma das súas estampas tudenses, realizadas cunha depurada técnica na plumiña e unha equilibrada composición. As súas imaxes son sempre unha recreación persoal que partindo da realidade e as súas lembranzas recolle unha visión dos diversos espazos e paisaxes tudenses cheas de sabor e plenamente recoñecibles por calquera tudense ou coñecedor desta terra.

Mais recentemente, no ano 2018, editou “Recuerdos de juventud” que recolle unha ampla rememoración dos seus anos mozos, das súas amizades e vivencias... que resulta de gran interese para achegármonos aos anos da década dos cincuenta en Tui.

Mantivo sempre unha intensa paixón por Tui, acrecentada pola súa condición de emigrante, e que transmitiu a través da súa obra artística e os seus escritos, moitos deles manuscritos cunha característica caligrafía, na que tamén expresaba a súa habelencia artística. Tantos tudenses conservamos, con cariño, as súas cartas e dedicatorias por esa artística escritura na que estaban confeccionadas.

Neste triste momento en que Martín Rodríguez parte desta terra nunha nova singradura temos a fortuna de contar cunha ampla obra que garante que sigamos lembrando durante moitos anos a Martín, pois as súas ilustracións forman parte xa da memoria colectiva dos tudenses, que se identifican coas súas láminas que todos sentimos como próximas e evocadoras da nosa terra.

Tamén dedicou unha especial atención a recoller nos seus debuxos as terras de Tenerife, as súas tradicións e moi especialmente a súa característica arquitectura tradicional, que ten nos balcón de madeira tallada a súa mais fermosa expresión.

Martín Rodríguez Álvarez forma parte xa da nómina de artistas tudenses que o longo dos tempos coa súa capacidade artística nos teñen enorgullecido como cidade e nos teñen enriquecido coa súa sensibilidade e competencia nas artes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Unha visión de Tui e as fortalezas da fronteira en 1764 por José Cornide

Un dos aspectos normalmente esquecidos na conformación da nosa cidade é a súa condición de praza forte, de emprazamento militar, de cabeceira dun sistema fortificado organizado ao longo do río Miño. Carecemos de noticias documentais ou arqueolóxicas sobre a posible existencia dun muro defensivo no outeiro tudense antes de 1170, cando Fernando II ordena a súa construción ao abeiro da reconfiguración urbanística da cidade que promove este monarca. De seguro que algún tipo de defensas tivo a vella Tude en época sueva e visigoda e especialmente nos primeiros tempos medievais pero o estado actual do noso coñecemento non nos permite superar o ámbito das hipóteses. Neste blog nos temos ocupado no seu día sobre o sistema amurallado tudense en tres post aos que remitimos a quen desexe achegarse a este aspecto do noso patrimonio e historia [1] Reproducimos hoxe un texto do erudito coruñés José Cornide que forma parte do seu libro: Descripción circunstanciada de la costa de Galicia, y raya