Ir al contenido principal

Mulleres tudenses


A historia é unha disciplina que evoluciona na súa concepción e na súa análise do pasado, pois os historiadores analizando os feitos ofrecemos unha visión do pasado, das sociedades pretéritas e das súas dinámicas. Pero esta visión responde basicamente aos requirimentos do presente, ás necesidades e reflexións que xorden no tempo actual. Así dunha historia baseada nos grandes feitos políticos do pasado, temos evolucionado a unha análise das estruturas sociais e económicas que condicionan e determinan os acontecementos e a evolución da sociedade. Hai varias décadas a historia centrouse na análise das mentalidades, da vida cotiá, da historia dos sen historia, dos que non figuran nas crónicas nin nos relatos do pasado e en esporádicas ocasións aparecen nalgún documento que teña chegado aos nosos días.


En paralelo ao proceso social que vivimos na actualidade de reivindicación do papel da muller na sociedade, dos procesos de igualdade en todos os ámbitos, dunha lectura feminina, e ás veces feminista, da realidade, a análise histórica se achega, con xustiza, na análise do papel das mulleres nas sociedades ao longo do tempo. Certamente, ata agora o papel que a muller ten xogado na sociedade non era valorado e tantas veces silenciado.
Pero o meu obxectivo non é facer unha reflexión sobre o papel da historia e dos historiadores, senón realizar unha pequena aportación dende Tudensia a visibilizar a achega que tantas mulleres teñen realizado ao longo dos séculos a todos os ámbitos da vida tudense. Pero especialmente rescatar do anonimato o nome daquelas mulleres que no devir do tempo realizaron algunha aportación que ten enriquecido a nosa historia colectiva e que son merecentes do noso recoñecemento.

Achego de seguido unha relación de nomes de mulleres tudenses que, ao longo do tempo, teñen deixado unha pegada na nosa historia. Pero é, claro está, unha lista incompleta á que cómpre sumar mais nomes. E para esta labor, aproveitando este tempo de confinamento, solicito a colaboración dos lectores de Tudensia.

Con este listado que figura de seguido abriremos unha páxina neste blog que se manterá permanentemente accesible, e que denominaremos “Mulleres tudenses”. Aqueles seguidores que desexen enriquecer este listado lle rogo que envíen un comentario a este post ou entrada do blog, onde figure o nome e unha semblanza breve da muller e, se fose o caso, algunha referencia bibliográfica.

Estas achegas as irei subindo cada día á paxina “Mulleres tudenses” na confianza que entre todos lograremos darlle presenza e difusión a tantas e tantas mulleres de Tui que ao longo do tempo teñen contribuído á nosa vida colectiva e que, por tanto, reclaman ser coñecidas por toda a sociedade.

Gracias de antemán aos que se animen a colaborar.



MULLERES TUDENSES

Relación de mulleres que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada na vida tudense, cunha mínima referencia da súa achega e traxectoria (todas elas xa falecidas)


AGUSTINA, Isabel
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio de las hermanas clarisas de Tui, p. 16



ALVAREZ, Beatriz
Solteira, filla de Enrique Mendez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

ALVAREZ DE LEON, María
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader, veciña de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

ALVAREZ MENDEZ, Catalina
Natural de Viana en Portugal, solteira, filla de Enrique Méndez, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

BAHAMONDE, Rosa
Rosa Epifania Rodríguez-Vahamonde y Dominguez, naceu en Tui o 22 de maio de 1832 e faleceu en Madrid o 1 de abril de 1898, deixando un cuantioso legado ao Hospital de Tui en memoria do seu pai, o político e académico Florencio Rodríguez Bahamonde
En Fernández Valdés: “Familias antiguas de Tui”, 1958, p.118


CONCHEIRO GARCIA, Ascensión (Chonchiña)
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 112-113


CORONEL, CATALINA
Natural de Salvaterra, viuva de Tomé Rodríguez, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORONEL, Isabel
Muller de Antonio Paz, mercader, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada, año de 1621” (Sambenitos da catedral de Tui)

CORREA, Josefa
“Vivió en el siglo XVIII. Esta señora inventó un sistema de hilar al torno y fundó en Tui una escuela gratuita, por lo que mereció en 1785, la honrosa distinción de ser la primera persona de su sexo a quien confirió el titulo de socio de mérito de la Real Sociedad económica de Galicia”
En: Fernandez Valdés, m.: Familias... p. 43

CRISTO, Blanca de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio... , p. 16


CRISTO, Leonor de
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

CRUZ, Ana de la
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

DELGADO PIÑAR, María del Pilar
Profesora de Xeografía e Historia do Institito de Tui (1936)

ENRIQUEZ DE MUÑOZ, Inés
Esposa de Álvaro de Soutomaior, fillo de Pedro Madruga, soterrada nun dos arcosolios da Igrexa de San Domingos de Tui (sec. XV)

FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, Emilia
Alumna de 4º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “Nuestro Instituto” (1935), “San Telmo, patrón de Tuy y de los navegantes” (1936)

FRANCISCA, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

G. LORENZANA, Isabel
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “Quisiera estar en Babia” (1936)


GARCIA SEGRET, Josefa
Aínda que nada en Santiago, casada con Hipólito Gallego Camarero mestre en Forcadela-Tomiño e vítima da represión política do franquismo en Tui, con episodios que recolleu no seu libro “Abajo las dictaduras” (1982).
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 186-187


GARCIA-VALDECASAS SALGADO, Julia
Aínda que natural de Barcelona sempre estivo vinculada a Tui. Foi, entre outros cargos, Ministra de Administracións Públicas de 2003 a 2004.

GOMES, Isabel
Natural de Viana, en Portugal, neta de Manuel Falcón, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

GOMEZ, Antonia
Viuva de Fernando Pereira, natural de .... veciña da cidade de Tui “quien fue muger de Diego Falcón, herege judaizante, reconciliada, año de...” (Sambenitos da Catedral de Tui)

GONZALEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

GONZALEZ RODRIGUEZ, Julia
Mestra e primeira muller concelleira na Corporacion Municipal de Tui en 1973

HENRIQUEZ, Antonia
Viuva de Duarte Coronel, veciña da cidade de Tui condenada pola Inquisición, ausente, “herege judaizante ante reconciliada, relajada en estatuta” ano 1619 (Sambenitos da Catedral de Tui)

IZQUIERDO DURAN, Pilar
Directora do Hogar Rosendo Salvado de Auxilio Social en Tui
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.83


JASO, Evangelina
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 220

JASON LIDNER, Elfride
Profesora de lingua francesa do Instituto de Tui (1935)

MARIA DE LAS NIEVES
Natural de Tui, muller de Pedro Corera, veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada año 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui).

MARTINEZ, Aurelia
De Tui, colaboradora de El Correo de la Moda
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 262


MALLO, Maruja
Pintora, natural de Viveiro (1902) viviu de nena en Tui, onde naceu o seu irmá o escultor Cristino Mallo (1905). Escrebe unha serie de artigos sobre a represión en Tui no diario barcelonés La Vanguardia en 1936: Relato veraz de la realidad de Galicia.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 192-194

MENDEZ ENRIQUEZ, Blanca
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mendez, mercader e veciño de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año 1617” (Sambenitos das catedral de Tui)

MENDEZ DE RIVADENEIRA, Isabel
Solteira, natural de Baiona, filla de Enrique Mender, mercader, veciño de Tui, condenados pola Inquisición por “herege judaizante, reconciliada, año de 1617” (Sambenitos da Catedral de Tui)

MONTENEGRO Y SOTOMAYOR, Paula
“Venerable Madre Paula Antonia de San Agustín (Paula Montenegro y Soutomaior) bautizada en la Catedral el 8 de marzo de 1631 y murió en olor de santidad en 1687 en el convento de las Agustinas Recoletas de Villagarcia”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

MONTEGRO Y SOTOMAYOR, Isabel
“Venerable Madre Isabel María de Santo Tomás (Isabel Montenegro y Soutomaior) nacida en 1627, que falleció en 1712 en el mismo convento de Villagarcía, tambien en olor de santidad, obrando la Divina Providencia muchos prodigios en vida y en muerte de ambas hermanas”
En Fernandez Valdez, Op. Cit. p.99-100

NÚÑEZ NOVÁS, Amalia
Alumna de 2º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, co artigo “El Miño quiso ser mar” (1935)

PEREZ, Inés
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

RODRIGUEZ, Cándida
“Martir de Sobredo”, unha das persoas mortas a tiros pola Guarda Civil o 28 de novembro de 1922 na manifestación antiforal de Sobredo – Guillarei. Era de Pazos de Reis e estaba embarazada.
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379

RODRIGUEZ PUMAR, Amalia
Alumna do Instituto de Tui, autora de obras na exposición celebrada en Vigo polos alumnos do Instituto dirixidos polo seu profesor Benito Prieto Cussent (1935)

SANTOS, Ana de los
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

SARAVIA, Antonia
Muller de Tomé Coronel, veciña de Tui natural de Baiona. Condenada pola Inquisición por “herege judaizante”, reconciliada en 1617 (Figura nos Sambenitos da Catedral de Tui)

SUAREZ SARMIENTO, María
Vicaria (Superiora) e fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

TATO, María
Pianista premiada no Certame musical de Tui, celebrado en abril 1890
Marco, Aurora: Dicionario de Mulleres Galegas, pp. 379


TORRES, Clara
Mestra e pedagoga

VAZ MENDEZ, Margarita
Viuva de Miguel Coronel, filla de Enrique Méndez, mercader, veciños de Tui, condenada pola Inquisición por “herege judaizante reconciliada año de 1617” (Sambenitos da catedral de Tui)

VAZQUEZ, María
Fundadora do convento de clarisas de Tui en 1508
Iglesias Almeida, Ernesto: El Monasterio..., p. 16

VILA BÉLA, Mercedes da
Alumna de 6º ano do Instituto de Tui, colabora da revista estudiantil Tude, cos artigos “El sueño de los alquimistas realizado...?” (1935), “Los hijos de Pilichinela de Benvanete” (1935)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis