Ir al contenido principal

Peste e fame en Tui, por Juan Miguel González Fernández


Publicamos hoxe unha colaboración do historiador Juan Miguel González Fernández, investigador da nosa historia, especialmente na época moderna, e autor de numerosas obras de investigación sobre Galicia e especialmente do territorio da antiga provincia de Tui.
Tudensia agradece a Juan Miguel González a súa deferencia ao enviarnos este traballo.

PESTE E FAME EN TUI


Durante a chamada Época Moderna (séculos XVI-XVIII) a poboación de Galicia -e a do occidente europeu en xeral-, sufrirá dous grandes azoutes: os andazos epidémicos e a fame, que case sempre viñan xuntos. Tui non ía ser unha excepción.
A peste e outro tipo de epidemias teñen a súa orixe en lonxanos lugares de España e Portugal -e mesmo de Europa-, extendéndose por contaxio vírico. Tamén e certo que ataca antes e con máis facilidade a corpos mal nutridos.
En abril de 1599 prende a peste máis mortífera na historia de Tui, que entrara polo norte de Galicia. En ese mes a xente empezou a fuxir, o mesmo que as autoridades municipais e os prevendados da catedral; no outono fíxose máis virulenta, marchando o cabido á vila de Bouzas, da regresará en novembro; o único que mantivo o tipo foi o bispo Fr. Francisco de Tolosa; tentouse aillar aos contaxiados levandoos ao convento valeiro do Spiritu Santo e ao cárcere; en decembro a devastadora plaga tiña remitido. Noutro cabo cronolóxico, no ano 1793 prenderá o cólera morbo nas aforas de Vigo, e desde alí extendeuse por toda a provincia: O Porriño, Tui,...
As fames viñan dunha metereoloxía mudada que causaba unha escaseza de froitos, sobre todo de cereal panificable. Debido a isto aumentaban moitísimo os prezos, ata tal que os labregos despois de consumir as súas provisións, pasaban verdadeira fame; outro tanto ou máis acontecía cos artesáns e xente miúda da cidade, quen non producían alimentos. A desnutrición afectaba primeiro aos vellos e nenos e a estación peor era o inverno, cando campeaban as enfermidades das vías respiratorias.
Unha das primeiras “hambrunas” documentadas é a de 1575, cando murió de ella mucha gente no Reino, fuxindo os que poideron a Castela. As dúas grandes fames máis importantes do século XVIII en toda Galicia deixaron unha forte pegada tamén en Tui. A de 1709-10, na que todo el verano llovió sin experimentar calor alguna, y sí mucho frío, estragandose a colleita; e a máis contundente aínda de 1769-70 pola suma escaseza de froitos, de cuyas resultas bajaron de las montañas a esta ciudad infinidad de pobres, murieron muchos de suma necesidad, y no había granos con los que hacer las siembras de las tierras, actuando de urxencia as autoridades para minorar o drama.
De dous xeitos podíase combatir estas plagas: o terrenal, importando os poderes locais masivamente cereais de fora do Reino a baixo prezo (o chamado “trigo do mar”), como en 1769; e tamén o relixioso, mediante unha rogativa pública (tres veces en 1609-21, ou en ¡trece! ocasións no período funesto de 1676-99,..).
A xente daquela cría que os santos eran intermediarios ante a todopoderosa divinidade, por iso encomendábanse a san Sebastián, que xunto con san Roque, eran os recoñecidos para loitar contra as epidemias. En Tui bótase man a san Xián do monte Aloia, facendo un Te Deum ou un percorrido procesional polas rúas da cidade, na compaña dos santos patronos locais. Quedaban aínda restos de paganismo (tradición) na cultura popular, xa que despois de dar voltas á ermida, sumerxíase a imaxe nas pozas das pedras chamadas “da auga e do sol”, segundo o que se precisase , agora ben isto será prohibido polo bispo en 1719 e definitivamente polo seu sucesor Fernández Angulo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miñ...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...