Para celebrar a
festividade de San Telmo nesta circunstancias inéditas recollemos en Tudensia
os versos dun dos máis egrexios e lembrados fillos desta terra, Manuel Lago González,
que no poema que de seguido reproducimos nos transmite as súas vivencias das
festas de Tui na véspera de San Telmo.
LEMBRANZAS
DA TERRA
Ou qué terra a nosa terra!
ou qué vila a nosa
vila!
ou qué xente aquela
xente
da nosa doce Galicia!
Así decía Pepiño
así layaba e decía,
lembrándose das orelas
do Miño, das augas
limpas,
e da cidade que s’ergue
coas súas torres
altivas
e xardíns de
laranxeiras
antr’as dúas cumes
irtas
do monte Aloya e do
Faro,
na veiga verde e
garrida
que rino atravesa o
Louro
y-o Miño cantando bica.
Tui, a dos vellos amores,
na memoria lle surdía,
toda de fores cuberta,
toda de groria vestida,
ca súa gran Corredoura
donde a xente andaba e
viña
antre regueiros de
luces
y-antre mares de
alegría,
coa súa fresca alameda
donde vole e xeme a
brisa,
co seu ponte, arpa de
ferro
que fixo a bela Poesía
pra cantar ó son da
gaita
a hermosura de Galicia,
coa Catedral, que
somella
unha custodia bendita,
de pedra branca do
monte
por maus d’anxeles tecida,
arca santa sonde dormen
as grorias nunca
esquecidas
da patria de San
Pelayo,
agardando que algún día
vaya alguén a despertalas,
pra que o mundo, ó
velas vivas,
caya, asombrado de
velas,
y-as adore, de
rodillas.
Coitado Pepe! Coitado!
esta noite son as vísperas
de San Telmo queridiño,
o patrón da nosa vila,
y-hai foguetes onda o
Foxo,
foguetes de lucería,
que esparexen mil
colores
do ceu a escura cortina,
y-hay repique de campanas,
aquel repique que brinca
polas almeas y-as
torres
con tal e tanta armonía,
que parez que son os ánxeles
os que as campanas
repican...
Y-hai músicas rebuldeiras,
e muita, muita xentiña,
enchendo prazas e rúas
de rumor e de alegría.
Qué noite, Pepe, qué
noite,
esta noite, esta
noitiña!
Pecha os ollos,
péchaos, Pepe
e co-eles pechados
mira...
Agora estamos en Tui,
na Corredoura; ahí
enriba
hai faroles de color
e miles postos en fila;
ó pé de nós pasa a xente,
toda con cara de risa;
mira enfrente o seminario,
mira detrás..., ai que
dicha!
O Rincho toca amuiñeira
e beilan as raparigas,
éche a música da terra,
esa música meiguiña
que trai as bágoas aos
ollos
y-as penas do peito
arrinca.
Esta gaita nunha festa
cómo canta y-agarima!
Arrula como as palomas,
coma os reiseñores pía,
coma o vento zoa e
funga,
murmuxa coma as fontiñas,
ri e chora y-hastra canta
cal crego que canta a
misa.
Ai, cómo a gaita conmove,
Como alegra y-enfeitza!
Mais agora durme, Pepe,
no teu leito das Penizas,
e non despéchel-os
ollos
por non te ver en
Castilla.
(Publicado nun programa de festexos de San Telmo
de Tui, tomado de Lago Gonzalez: Poesía galega recollida e presentada
por Xosé Filgueira Valverde, Santiago 1977).
E acompañamos este
texto cunha sinxela oración ao noso Corpo Santo a quen, dende hai case oito
séculos, os tudenses invocamos nos momentos de sufrimentos, persoal e colectivo,
acollidos á súa intercesión pois como ben cantamos no seu himno: Con velas
de esperanza, en nave carcomida, el golfo de la vida surcamos sin cesar...
Neste momento de tanto dor e inquedanza provocado polo Covid19 ollar a San
Telmo nos abre á esperanza: Ayúdenos tu mano las olas a surcar.
Feliz día de San Telmo
a todos!
Enhorabuena al creador de la presente página, el amigo y sobresaliente historiador tudense, Rafael Sánchez Bargiela, con este maravilloso recuerdo , en honor de nuesro Santo Patrón, San Telmo, con ese acertado y merecidos recuerdos, del precioso poema del recordado y querido Arzobispo Lago González.. Asemás, de la felicitación que TUDENSIA hace a todos los tudenses, el magnífico hermoso trabajo, se ilustra con una pintura que, para mi, era desconocida, o uizás perdida en el olvido, del extraordinario pintor Urbano Lugris, nacido en La Coruña y fallecido en Vigo...Al escribir esto, lo que si recuerdo perfectámente, es otra interesante pintura del Santo de dos apellidos de sandalias campesinas, en la bóbeda principal, del Valle de los Caídos...
ResponderEliminar