No ano 2013 a Unesco procedeu á inscrición no “Rexistro da
Memoria do Mundo” (a lista similar ao Patrimonio Mundial, referido ao
patrimonio documental e bibliográfico) dos coñecidos como “Decreta de León” do
ano 1188 por consideralos a proba documental máis antiga na que se testemuña a
presenza do “pobo” na toma de decisións no goberno do reino, xunto ao monarca e
os estamentos privilexiados da época, a nobreza e o alto clero.
Estes “Decreta”
de 1188 están integrados por dezasete estatutos ou decretos, sancionado polo
rei Alfonso IX (1188-1230) coa finalidade de establecer a paz no reino
integrado daquela polos territorios de Galicia, Asturias, León e as denominadas
“Extremaduras” que correspondían ao territorio de fronteira co poder musulmán.
A celebración da Curia Rexia en León no ano 1188, da que xorden este “Decreta”,
está recoñecida como a primeira ocasión na que o pobo, neste caso os
representantes das cidades ou burgueses, participaban nesta asemblea,
recoñecendo a León como berce do parlamentarismo.
Non se conserva o texto orixinal dos Decreta de 1188, sen
embargo en diversos arquivos existen copias dos mesmos contidas noutros
documentos medievais e en textos manuscritos modernos. Deste conxunto forman
parte do Rexistro da Memoria do Mundo unha escolma dos mais significativos,
como son os conservados no Archivo Histórico Nacional, o Arquivo da Catedral de
Ourense, a Biblioteca Nacional de España e a Biblioteca Capitular e Colombina
da Catedral de Sevilla.
Existe unha ampla bibliografía sobre esta temática que
analiza o papel da denominada “Curia rexia” no reino de León e que serviu de
base para esta declaración da Unesco á proposta do Estado Español.
Estamos celebrando este ano o 850 aniversario da presenza
en Tui do rei Fernando II e das decisión que toma nesta estadía: ampliación do
espazo físico da cidade e do seu amurallamento, etc. Temas dos que xa temos
falado neste blog: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/viii-kalendas-aprili-24-de-marzo-850.html .
Pero sobre o contido deste mesmo documento hai un
interesante debate, pois para algúns autores este documento realizado en Tui no
ano 1170, dezaoito anos antes que os “Decreta” de León, contén a primeira
referencia a unha curia rexia na que participan tamén os burgueses, e por tanto
sería Tui o primeiro berce do parlamentarismo, anticipándose a León.
Non entraremos no amplo tema dos inicios do parlamentarismo
pois excede as nosas intencións. As primeiras cortes ou parlamento hispánico
recoñecido son as Cortes celebradas en Benavente no ano 1202, pero a “Curia
rexia” de León de 1188 e os “Decreta” alí aprobados contan cun amplo
recoñecemento como o inicio das institucións representativas coa participación
do que logo veu en denominarse “os tres estados” (nobreza, clero e burguesía)
característicos do mundo medieval. Por tanto, o concepto de parlamentarismo, logo
desenvolvido en Inglaterra, ten os seus inicios no reino de León, ¿en 1188 en
León? ¿en 1170 en Tui?
No ano 1956 Manuel Fernández González, profesor e
historiador galego, orixinario de Goián, publicou nunha prestixiosa revista,
“Anuario de Historia del Derecho Español”, un artigo de investigación titulado
“La entrada de los representantes de la burguesía en la curia regia leonesa” en
que documenta como o referido diploma de 1170 conservado no Arquivo da catedral
tudense é a primeira testemuña da presenza burguesa neste órgano de goberno do
reino: La llave de la frontera de Toroño (nome medieval con que se
coñece a unha parte do territorio da diocese tudense) con Portugal era Tuy,
y con el objeto de hacer una ciudad más asequible a la defensa ese mismo año (1170)
Fernando II decidió trasladarla a un lugar más seguro. A cambio de ello
concedía amplias posesiones en el territorio de aquella diócesis al obispo y
cabildo, con las cuales les señalaba extensos cotos. Ahora bien, en el
privilegio correspondiente declaraba que lo hacía con el consejo de sus hombre
buenos, a saber, prelados, nobles y burgueses (bonorum hominum consilio,
pontificum, militum, burgensium).
En concreto, neste pergamiño o rei Fernando II manifesta a
presenza dos representantes dos burgos ou cidades na Curia convocada en Tui:
(…) Ego, siquidem, Fernandus dei gratia ispaniarum rex, meo
regno providens bonorum hominum consilio, pontificum, militum, burgensium
civitatem tudensem cui ostium frequentissime parabantur insidie, (…)
Trad: (…) Eu, com certeza, Fernando, Rei dos hispanos pola
gracia de Deus, cuidando do meu reino por consello dos homes bos, prelados,
nobres e burgueses da cidade de Tui onde tiñan sido detidos frecuentemente os
ataques dos inimigos, (…)
Segue o noso autor coa análise do documento: Este
privilegio lo publico Flores (en el tomo XXII de su monumental España Sagrada)
aunque no a través del original a que nos referimos, sino en una confirmación
del mismo por Alfonso IX y que se conserva también en el archivo de aquella
catedral. Dicho original se halla algo deteriorado en el margen izquierdo, por
lo que faltan algunas palabras o letras correspondientes al comienzo de cada renglón, pero que se
puede reconstruir por disponer de la confirmación de Alfonso IX
Continua o seu artigo Manuel Fernández afirmando “Nosotros
lo interpretamos como la primera intervención conocida hasta ahora de los
procuradores de la burguesía en la Curia (...) se da asi el paso decisivo para
la formación de las Cortes del reino”.
Aquel documento de 25 de marzo de 1170, como xa temos
analizado en Tudensia, contemplaba xunto ao suposto traslado da cidade,
dándolle o nome de “Buenaventura”, a concesión dunha carta foral que
beneficiaba aos burgueses tudenses fronte ao señorío episcopal. Unha decisión
que foi rectificada aos poucos días, o 1 de abril, en que o monarca “devolvía
a la iglesia de Tuy todo lo que le había quitado, restituía al obispo la ciudad
y el coto que tenía anteriormente, rompía los fueros que había dado a la misma
y nuevamente le devolvía el nombre de Tuy. El privilegio correspondiente ofrece
también un especial interés por que en la dirección el monarca invoca a los
nobles y a los burgueses (Fernandus Dei gratia Hispanorum rex una cum uxore mea
regina Urraca et filio meo Adefonso militibus burgensibus et omnibus aliis ad
quos cumque littere iste pervenerint salutem et gratiam), lo cual contribuye a
confirmar la importancia de la comentada intervención de éstos en la Curia,
toda vez que, para justificar la revocación de un acuerdo tomado con su
consejo, el rey se siente obligado a
dirigirse de un modo especial, además de a la nobleza, a aquella clase social,
que poco después veremos figurar como uno de los los elementos constitutivos de
las Cortes”.
Concluímos pois como Manuel Fernández establece que en
marzo de 1170 na Curia Rexia celebrada
na nosa cidade deuse un paso transcendental na conformación política
institucional do reino de León ao introducir Fernando II á burguesía na Curía Rexia,
o órgano de asesoramento do monarca na xestión do reino, precedente inmediato
das Cortes e do sistema parlamentario posterior.
Este documento tudense de 1170 será sometido a unha análise
crítica polo gran medievalista, Claudio Sánchez Albornoz, nun artigo publicado
na “Revista Portuguesa de Historia” de 1969 titulado “¿Burgueses en la curia
regia de Fernando II de Leon?”. D. Claudio realiza unha detallada análise deste
diploma, tanto dos seus contido como do propio soporte documental.
Comeza sinalando que noutras reunións da Curia Rexia no
reinado de Fernando II, en Salamanca (1178) ou Benavente (1181), non figuran os
burgueses, nin tampouco figuran como asinantes nos numerosos documentos da súa
cancillería e engade: Es duro de
creer que los hubiese convocado por primera vez con motivo del traslado de la
ciudad de Tuy a lugar estratégicamente de más fácil defensa y para convalidar
los actos jurídicos a que ese desplazamiento dio ocasión. Lo menudo del
problema político que tales cambios y tales mercedes suponían, impiden
sospechar que llevara al rey a dar un paso de la magnitud del que habría
implicado incorporar a su curia al estado llano
E continúa desenvolvendo a súa disección do documento: La
frase turbadora del documento de 1170 «meo regno providens bonorum hominum
consilio pontificum, militum, burgensium» se alza por tanto singular e
inexplicable frente al unánime testimonio de los textos diplomáticos y
conciliares que presentan siempre a Fernando II rodeado de obispos y magnates y
únicamente secundado por ellos. ¿Cómo no sentir desconfianza ante esa
injustificable singularidad? Ahora bien, la desconfianza ante un documento no
tiene sino una salida científica: el análisis ceñido y riguroso de la escritura
cuya soledad suscita nuestras dudas. Al iniciar el estudio crítico de la
escritura tudense de 1170 sorprende el tríptico de pontífices, milites y
burgenses, con los que el rey declara regir su reino. En los diplomas de
Fernando II donde se enumeran los asistentes a su curia se habla de los
proceres y maiores de la misma. Y en ningún otro documental o narrativo donde se consigna
la presencia de los representantes de las ciudades en la curia regia se cita a
los burgueses
Pero non cesa neste punto a análise que realiza Sánchez
Albornoz que agora se adentra en novos aspectos do documento: Un análisis
del pergamino conservado en Tuy permite sin embargo juzgarle un original
apócrifo, falsificado para hacerle confirmar por Alfonso IX en 1228. Sus
caracteres exteriores no coinciden con los que muestran los documentos de
Fernando II. No está escrito en la francesa cursiva, habitual en la cancillería
regia del mismo durante sus treinta años de reinado; lo está en la minúscula
muy correcta en que se escribieron los diplomas de Alfonso IX por sus últimos
escribas. En los privilegios reales de Fernando II el león del signum regis
mira siempre hacia la izquierda; en la escritura que comentamos el león mira a
la derecha, como en los signos rodados de Alfonso I a partir de 1216; y en su
dibujo quiere imitar los más tardíos diseños de las ruedas del mismo soberano
En los privilegios reales de Fernando II con «Signo Rodado», nunca faltan las
columnas de confirmantes y no figuran en la escritura comentada; la ausencia de lista de confirmantes
en el diploma discutido es tanto más anómala cuanto aparecen en dos documentos otorgados en Tuy en las mismas
fechas por Fernando II.
E, finalmente, o medievalista Sánchez Albornoz, nos ofrece
as súas conclusións: Nos hallamos en
presencia no sólo de un seudo original sino de una falsificación. De una
falsificación llevada a cabo por escribas de la Iglesia de Tuy, hacia la misma
fecha en que ésta arrancó su confirmación a Alfonso IX. ¿Por qué la iglesia
tudense habría esperado a 1228 para arrancarle la confirmación de la más amplia
de las mercedes concedidas por don Fernando II, si ésta no hubiese sido una
superchería y hubiera en verdad existido antes de su amaño en la época en que
se logró hacerla validar por Alfonso IX?
En definitiva a análise critica de Sánchez Albornoz desbota
o documento tudense ao consideralo unha falsificación e consecuentemente estima
que non pode ser considerado unha fonte de información valida para documentar a
presenza da burguesía na Curia Rexia de León e retrotraer ao ano 1170 en Tui os
inicios do parlamentarismo.
Unha recente tese titulada “Falsos y falsificaciones en la
documentación latina medieval del Reino de León” de María Elena Díaz Salvado do
ano 2011 ofrece algunha novidade. Non adoita unha postura tan clara sobre a
falsidade do documento tudense de 1170 ao que cualifica coma dubidoso, aínda
que estima que posiblemente trátese dun documento falso nun estudo que abrangue
máis de 400 documentos e onde sinala a un bo número deles como falsificacións
posteriores. En relación aos argumentos de Sánchez Albornoz, a investigadora
estima que a non existencia de sinaturas no documento: “parece una forma muy
breve y esquemática de abreviar la confirmación. Tal vez se deba a que el
documento no fue expedido con la intervención de una curia sencilla de nobles y
eclesiásticos, sino con el consejo de una asamblea numerosa, en la que habían
sido reunidos los tres órdenes. La reunión tuvo una gran importancia, el acto
jurídico asi nos lo está indicando. Se trató del traslado de una ciudad llave
de la frontera noroeste y capital de un territorio recientemente recuperado
-tras diez años en poder del monarca portugués Alfonso Enriquez, que en 1159 se
hizó con las comarcas de Limia y Toroño, al sur de Galicia-, medida defensiva
que revestía un interés nacional, no local, y que nos parece justifica la
reunión de una Curia extraordinaria en la que, con la intervención de los
representantes de la burguesía, se da el paso decisivo para la formación de las
Cortes -ya en términos casi modernos- del reino”
Este novo estudo do documento de 1170 aínda que sen negar a
súa posible falsidade non estima que a mesma implique a todo o contido do
documento, senón que estes elementos que informan sobre a reunión da Curia
Rexia en Tui poden resultar verídicos. Por tanto, estaremos recuperando como a
devandita reunión celebrada en Tui nas Kalendas aprili supón a presenza
dos elementos burgueses por ver primeira na reunión extraordinaria da Curia
Rexía, abrindo un camiño que aos pouco anos desembocará, xa co sucesor de
Fernando II, o seu fillo Alfonso IX nos Decreta de 1188.
Tumba de Fernando II no Panteón Real da catedral de Santiago
Por tanto, o documento tudense de Fernando II de 1170 é o
primeiro precedente do parlamentarismo, establecido no reino de León dende 1188;
cómpre por tanto recoñecer o papel da nosa cidade, gracias ao rei Fernando II -tan
estreitamente vinculado a Galicia e que repousa no Panteón Real da Catedral de
Santiago de Compostela- na implantación da participación dos burgueses na vida
política do reino, mediante a súa incorporación á Curia Rexia.
De todos os xeitos, é preciso abrir de novo o debate sobre
pretendida falsidade dese documento e do seu contido á luz dos novos estudos de
paleografía e diplomática así como do seu contexto histórico, pois se podemos
afirmar con garantía que este pergamiño tudense recolle a primeira presenza dos
elementos burgueses na Curia Rexia nesta reunión extraordinaria de 1170, se
marca un fito de singular transcendencia.
Nese caso, Tui podería reivindicar que este documento de 1170 de Fernando II de León sexa incluído, xunto cos "Decreta" de León, no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco.
Comentarios
Publicar un comentario