Ir al contenido principal

O Bombeiros Voluntarios de Tui

Ao longo deste ano 2019 os Bombeiros Voluntarios de Valença celebran o centenario da súa creación e o Concello de Tui, xunto ao Confraría de San Telmo, se teñen sumado a esta efeméride con senllos actos de recoñecemento o pasado novembro.

Casco dos "Bombeiros de Tui" no Museo do Bombeiro de Valença

Os bombeiros valencianos están intimamente ligados á memoria colectiva dos tudenses que atoparon sempre neste corpo o auxilio preciso, superando as fronteiras administrativas e patentizando a perenne interrelación que existe entre valencianos e tudenses. Xa no ano 1934 a Liga de Amigos de Tui, que impulsaba Rosendo Troncoso, homenaxeou aos bombeiros de Valença polos “abnegados” servizos prestados. Trinta anos despois, en 1964, a homenaxe é máis ampla ao proceder dos concellos de Tui, O Porriño, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño e O Rosal que xuntamente coas cidades de Vigo e Pontevedra expresan a súa gratitude e admiración polos altruístas bombeiros de Valença.

Finalmente en 1990 o Pleno da Corporación Municipal tudense acordou nomealos como “Fillos adoptivos” de Tui e concederlles a medalla de ouro da cidade, as dúas máis altas distincións que pode conceder o Concello. Un recoñecemento novamente expresado, hai escasos días, coa entrega dunha gravata de honra á Associaçao Humanitaria de Bombeiros Voluntarios de Valença.

Entrega da gravata de honra do Concello ao Bombeiros 
Voluntarios de Valença, 23.11.2019

Non é propósito deste post detallar as innumerables actuacións que ao longo deste século teñen protagonizado os bombeiros valencianos en Tui e a súa contorna, salvando tantas vidas e protexendo tantos bens e propiedades. Incendios de grandes dimensións como o da fábrica de pneumáticos Cam-Fran ou da casa consistorial de Porriño, ambos en 1976, fican sempre na memoria de todos nós, pero tamén múltiples lumes en vivendas onde a sirena dos bombeiros valencianos era a esperanza de evitar maiores desgrazas, pois ata 2007 os únicos corpos de bombeiros que existían eran os de Valença e de Vigo. Neste ano comeza o funcionamento o Parque Comarcal existente no polígono das Gándaras que da servizo a toda a comarca da Louriña, Condado e Baixo Miño.

Incendio de Cam-fran en 1976

Tamén a cidade de Tui contou cun corpo de Bombeiros Voluntarios impulsado por unha sociedade creada no ano 1904 e que durante varias décadas desenvolveu unha altruísta misión de protección civil aos cidadáns tudenses.

Ata daquela existía xa un pequeno corpo de bombeiros promovido polo concello tudense que, por exemplo, en 1892 estaba integrado por catro persoas. Con motivo do pasamento dun deles, José Novás, o Concello requírelle aos outros tres (Antonio Coto de San Bartolomeu, Diego Míguez de Randufe e Agustín Estevez de Pazos de Reis) que residan “dentro de la ciudad (...) por que a la distancia a que se hallaban no era posible acudir con la rapidez necesaria a prestar los primeros auxilios en cualquier caso de desgraciado”. Ao non aceptar esta esixencia municipal foron substituídos por residente na cidade: Balbino González, latoeiro residente na rúa San Telmo, Manuel González tamén latoeiro, Juan Antonio Crespo, “licenciado del Cuerpo de Infanteria de Marina, con instrucción y de oficio zapatero”, e o tamén zapateiro, Enrique Alonso Varela. Este Corpo de Bombeiros vai ter sempre dificultades pois as arcas municipais tudenses nunca estiveron sobradas de recursos senón moi habitualmente todo contrario, e cobraran unha gratificación polos servizos que prestaban complementando así os seus ingresos.



En agosto de 1904 crease unha Sociedad de Bomberos Voluntarios impulsada polo avogado tudense Manuel Pino Sánchez, xunto co industrial Venancio Lorenzo Álvarez amais de Prudencio González Martínez, Isolino Fernández, Laureno Alfaya, Antonio Rodríguez, Raimundo Barreira e P. Álvarez. Todos eles asinan un escrito ao Concello comunicando a creación da Sociedade, expresando a súa preocupación polo abandono en que tan importante servicio se haya hoy e solicitan a cesión do material de incendios que posuía o municipio e unha subvención para o seu funcionamento que pueda detraerse ya de lo consignado actualmente en presupuestos para sueldo y material del Cuerpo Municipal de Bomberos.  A sede desta Sociedade está na rúa Colón 8 (na actual rúa Augusto González Besada, pois daquela a rúa Colón chegaba ata a Corredoira ou Paseo de Elduayen).

Venancio Lorenzo Álvarez

No seu regulamento esta Sociedade está integrada por:
-     - Socios honorarios
-    - Accionistas, propietarios de accións desta Sociedade e que pagarán unha cota mensual de cincuenta céntimos.
-     - De número, cunha cota de entrada de cinco pesetas e a mensual de cincuenta céntimos
-    - Obreiros, serán os que se inscriban como voluntarios, e terán opción de pagar ou non a referida cota, pero terán a consideración de socios de número.
-     - Eventuais, residentes temporais na cidades que satisfagan a cota mensual.

Conservase no Arquivo Municipal tudense un borrador de Regulamento deste Corpo de Bombeiros Voluntarios que establece unha estrutura organizativa integrada por dúas seccións con igual número membros cada unha: un servizo de altura e un servizo de rúa. Haberá un xefe, a quen corresponde a dirección general de todo el servicio. Na súa ausencia o substituirá un subxefe. Haberá como persoal práctico un maquinista e un axudante de maquinista, un boquillero e un axudante, tres cabos e dous cornetas.

Igualmente está prevista a existencia dun conserxe encargado da vixianza e aseo de todo o material el cual habitará permanentemente en el local, disfrutará la gratificación que se acuerde en Junta General

O mesmo regulamento establece que todos los cargos de este cuerpo serán honorarios y solo tendrán derecho de los individuos que le forman a los premios o mercedes (...) habrá premios de pronta comparecencia para los que sean primeros en presentarse en el local de la sociedad en caso de incendio. Estos premios consistirán en dinero y mención honorífica. Se abonarán en la medida de las fuerzas de la Sociedad las horas de trabajo que de día empleen en la extinción de los incendios, los hombres que sean obreros, siempre que los maestros llegasen a hacerle algún descuento.

Unha das principais misións encomendas a este Corpo de Bombeiros Voluntarios figura tamén no devandito regulamento: Asistirán al teatro siempre que haya espectáculo seis bomberos incluso un cabo o sustituto en previsión de caso de incendio, esos bomberos serán designados en turno riguroso por el jefe, el cual les facilitará un pase autorizado por el secretario, que llevará nota del turno.

Coñecemos os nomes dos responsables do servizo
Jefe: D. Juan Cachafeiro
Maquinista: D. Laureano Alfaya
2º maquinista: D. Raimundo Barreira
Boquillero: D. Isolino Fernández
2º boquillero: D. Antonio Rodríguez
Cabos: José Martínez Alfaya, José Novoa e Benjamín Alonso.
Cornetas: Jesús Vega, Prudencio F. Martínez e Rodolfo González

Na sesión de 1 de agosto de 1904 o Pleno do Concello toma en consideración a solicitude da referida comisión organizadora do Corpo de Bombeiros Voluntarios, que solicitan a cesión do material propiedade do Concello a cambio dos servizos gratuítos daquel agrupación, pasando o tema a estudo da Comisión de incendios do Concello.  Na seguinte sesión do Pleno de 8 de agosto se establecen os términos da cesión que logo referiremos. Na sesión de 29 de agosto a Comisión de Incendios presenta o seu informe positivo para a creación deste Corpo de Bombeiros e a entrega do material. Esta Comisión estaba integrada por Sabino Jurado, Juan González Martínez, Camilo Cela y Nicolás Míguez. Nesa mesmo sesión o alcalde propuso subvencionar a la expresada agrupación con lo consignado en el presupuesto para el que, desde luego, se reputaría disuelto el Cuerpo de bomberos del municipio, y al propio tiempo con el importe de lo que en inquilinato produgese el local en que actualmente se guarda el material.

Sabino Jurado

Entre a documentación conservada está o inventario do material que entrega o Concello de Tui aos responsables da Xunta Directiva interina desta Sociedade en setembro de 1904. Na correspondente acta se recollen diversas obrigas que establecen os responsables municipais:
-        - Conservar en perfecto estado o material entregado correndo a cargo da Sociedade o seu mantemento e conservación
-        - La Sociedad se proveerá del material faltoso, en relación al que precise y modernos adelantos; vien entendido que si la adquisición supone mayor gasto, a juicio del Ayuntamiento habrá de contribuir éste con la cantidad que acuerde
-          - O Concello reservase o dereito a retirar o material cando o estime oportuno
-         - Dereito do Alcalde ou o seu representante a intervir en todos os actos da Sociedade, o seu réxime interno e a inspección do material
-          - O Concello subvencionará á Sociedade coa achega que se acorde oportunamente

Aceptadas estas condicións se entrega o seguinte material:
-        Una bomba con una placa de latón, dos farolas para la misma, una cubierta de mahón
-        Un carro depósito para agua deteriorado
-        Un tercio de manga de lona de nueve metros; otro id. Id. muy viejo; otro id. id. de cuero de un metro cuarenta para extraer agua del depósito
-        Tres enchufes de latón con rosca y seis ligaduras para mangas
-        Nueve tercio de cuerda de cañamo de diez metros sesenta cada uno
-        Un porta boquillas, con dos boquillas de latón
-        Un porta mangas, dos llaves para tuercas y tres hachas deterioradas
-        Ocho cintos con chapa de latón y uno sin ella; doce cascos deteriorados; doce blusas de mahón id., doce perchas dobles de hierro y un caldero de hierro galvanizado

Carro de bombeiros, Museo Municipal de Ponteareas

Asinan esta cesión por parte municipal Manuel Fernández Valdés, primeiro tenente de alcalde, Sabino Jurado, terceiro tenente de alcalde e os concelleiros Juan González Martínez, Nicolás Míguez Salinas e Camilo Cela Fernández. Da outra parte os membros da Xunta Directiva: Manuel Pino, Raimundo Barracina, Laureano Alfaya, Aurelio Álvarez, Prudencio González Martínez e Luis (ilexible)

Manuel Fernández Valdés

Conservamos tamén a relación de socios de pago:
Socios de pago
Clases de socios
Sres D.

Manuel Pino Lomba
2
Rafael García
4
Ricardo Alfaya
3
Antonio  Guimaré García
3
José Marín

Laureano Marín
4
José Blanco
2
Venancio Lorenzo Álvarez
3
Pio Varela
3
Estanislao Ferreira
2
José Gándara Comesaña (hijo)
3
José Barros Villorado
3
Palatino Pereira
3
Cesar Blazquez Ballester
4
José Diz Jurado
3
Luis Iglesias Sanchez

José Cabo
4
Alejo Diz Jurado
4
Germán Padín Rodríguez
3
José Martínez
2
Manuel Bargiela Folgar
3
Manuel González Palacios
3
Prudencio Muñoz
3
Manuel Abella
3
Laureano Alfaya
3
Antonio Guimaré Arcos

Federico Blázquez
4
José Alonso Romero
4
Severo Pascual Balos
4
Juan Montes Freiria
2
Juan Antonio Crespo
4
José Poti
3
Fernando Pérez Hermida
2
Generosa Parada Vila
3
Darío Álvarez Limeses
3
Manuel Martínez Posse
3
José Mariana Barrenchea
3
Eloy Rodríguez Aneiros
3
Juan Areses Alonso
2
Manuel Fernández Montes
3
Juan Gamero
3
Juan Álvarez
3
Salvador Fernández
3

E igualmente a relación de Socios Voluntarios desta agrupación tudense:
Sres D
José García Piay
Antonio Rodríguez
Jesus A. Vega
Horacio Bastos Gomez
Prudencio G. Martínez
Aurelio Álvarez Vidal
Benjamín Alonso
Rodolfo González
Joaquín Álvarez
Raimundo Barreira
Maximino G. Martínez
José Romero
Ramón Álvarez
Manuel Arjona
José Vega
Jesús Estevez
Benito Domínguez
Antonio Alonso Varela
José Alonso Varela
Paulino González
Ángel Veleiro
Benito Varela
Laureano Alfaya
Manuel Piña
José Comesaña
José Rey
Enrique Rodríguez
José Martínez
Camilo Gómez

Este Corpo de Bombeiros Voluntarios seguía funcionando en 1928.  A súa principal dedicación era o denominado “servicio de teatros”, pois un retén de bombeiros, de tres persoas, asistía aos espectáculos no Teatro Principal ou noutros locais da cidade. Un servizo que facturaban ao Concello tudense, ao que tamén informaban das deficiencias do Teatro, daquela propiedade da empresa Fraga. Pero a situación desta agrupación era deficiente, así nun escrito 4 de marzo de 1928  manifestan: devido a la situación anormal que atraviesa la clase trabajadora y, en especial, los que constituyen este pequeño cuerpo de Bomberos a V. clamamos para pudiese de ser no eche en olbido lo que la Corporación anterior tenía destinado a este fin que es lo siguiente:
1.- Concedermos una pequeña gratificación mensual conforme el presupuesto acordado por la anterior Corporación
2.- Que la Comisión nombrada por ese Excmo Ayuntamiento se encargue de entre ellos nombrar un depositario (ó) contador para que desde hoy se encargue de recoger el dinero de los espectáculos públicos, como asi mismo hacer el reparto a fin de mes y no tan solo eso sino que este pequeño cuerpo pretende dar una serie de espectáculos con la protección de esa digna Corporación para ber de recaudar fondos para colocar la Bomba vieja (ó) sea la municipal en un chasis. O escrito está asinado por un representante da Comisión, Maximino Rezen, e os bombeiros Manuel Mendez, Emilio Moldes e Juan Yañez.

Descoñecemento cando os Bombeiros Voluntarios desaparecen na nosa cidade, pois nos anos corenta existía de novo un servizo municipal de bombeiros que chega ata os anos sesenta. Por exemplo en 1961 o xefe de bombeiros era José Alonso Rodríguez, enfermo crónico, e os bombeiros Laureano Moldes Freiria, Manuel Varela Pérez, Modesto Capón Rosés e Abilio Carballo Álvarez, todos con mais de 57 anos de idade o que imposibilitaba un correcto desempeño das súas funcións.

Con estas notas soltas que recollen diversas noticias ao longo do tempo documentamos a existencia na nosa cidade, en liña con moitas cidades da Península, dun corpo de Bombeiros Voluntarios nos primeiros anos do século XX amosando a vitalidade da sociedade tudense que foi capaz de soster durante varias décadas este servizo altruísta e xeneroso.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...