Ir al contenido principal

Alberto Estévez Piña, unha lembranza

 O pasado mércores, 27 de xaneiro, na tardiña recibía a noticia, inesperada, do falecemento de Alberto Estévez Piña. Unha triste nova coñecida, por eses azares inexplicables, xusto diante da igrexa de San Domingos, á beira da súa casa familiar, no barrio homónimo a quen tamén eu estou ligado por proximidade e vivencias.


Dende Tudensia, que como sinala o seu subtitulo está dedicado a ofrecer “
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses”, cómpre lembrar a Alberto pola súa abondosa achega, ao longo de tantas décadas, á vida tudense, onde ten sido un constante animador de múltiples iniciativas, unha prodixiosa memoria sobre a vida de Tui e os tudenses, un espléndido conversador sobre a nosa cidade, pois sabía adornar cunha elocuencia, ás veces case cunqueiriana, calquera detalle da nosa existencia colectiva... unha bagaxe que se plasmaría no seu anunciado libro sobre o chamado crime do “Mosca”, na Sombraboa.

Non pretendo facer unha biografía de Alberto Estévez Piña (1937-2021) nada máis lonxe do obxectivo deste post que so aspira a ofrecer unhas notas de recordo sobre a súa figura. Integrante dunha familia que viviu sufriu a represión caínita da postguerra como lembraba nun fermoso e emotivo artigo publicado no libro das festas de San Telmo de 2006 dedicado ao seu avó, Ulpiano Piña, boticario en Cuba e en Tui, exiliado pola súas ideas republicanas. Tamén nun dos seus blog “La guerra civil en Tui” temos un relato intenso e vibrante daqueles terribles tempos de represión con moi interesantes datos. Tamén en Tudensia recollimos, no seu día, referencias xornalísticas sobre Ulpiano Piña e a súa familia, narradas algunhas polo propio Alberto: http://tudensia.blogspot.com/2011/06/ulpiano-benito-pina-farmaceutico-en-tui.html

Tomado de La Opinión de A Coruña: 
https://www.laopinioncoruna.es/galicia/2009/12/06/ulpiano-benito-pina-botica-abuelo-25271427.html

Nos programas das festas de San Telmo ten publicado máis dunha ducia de traballos sobre historia e crónicas sobre Tui e as súas xentes. Nas redes sociais atopou Alberto Estévez, nos últimos anos, un novo espazo de actividade, especialmente en facebook, para ofrecer os seus, sempre interesantes, coñecementos e opinións.

Completamos este post cun par de notas, baseadas mais en lembranzas que en datos, para rememorar a súa inestimable achega á nosa cidade.

Correspondente do xornal “Faro de Vigo” durante vinte anos, comezou no ano 1962, as súas crónicas recollen a vida tudense naqueles tempos da transición política, dos primeiros concellos democráticos, dos novos movementos sociais que xurdían en tantos lugares e sectores, do dinamismo que impregnaba a vida colectiva con renovados folgos, con numerosas e intensas entrevistas aos persoeiros da vida local... as súas crónicas son unha fonte de coñecemento daqueles anos que cómpre lembrar. Este mesmo espírito de cronista podemos coñecelo nos diversos blogs que, con maior ou menor orixinalidade, ten publicados, citamos entre outros os seguintes:

http://albertoestvezpiaenlaprensa.blogspot.com/

http://laguerracivilentuy.blogspot.com/

http://lsruinasdelteatroprincipaldetuy.blogspot.com/

http://albumdeprensadealbertoestvezpia.blogspot.com/

Fillo de libreiro portugués, Alberto Estévez de Figueiredo de Vilanova de Cerveira, asentado en Tui, cunha inesquecible libraría-papelaría na Corredoura, que na miña lembranza está asociada aos lotes de selos usados, procedentes de países estranxeiros, que mercaba naquel establecemento e que enriquecían a colección familiar, cos que voaba a imaxinación a lugares tan afastados como Mozambique. Desta herdanza familiar ven a paixón de Alberto Estévez Piña polos selos e polos sobres franqueados asi como o seu interese por todo o que ten que ver cos nosos veciños de Portugal, tendo implicación en varios proxectos de colaboración cultural mutua. Foi tamén correspondente de prensa en terras portuguesas.

Animador de múltiples actividades na nosa cidade, sinalarei unicamente a súa participación na organización das festas de San Telmo. No ano 1964 auspicia a celebración da coroación da raíña das festas, unha auténtica gala no Teatro Principal que contaba con prestixiosos mantedores como Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro ou Xosé Filgueira Valverde ata o ano 1971. Formando parte da Comisión das festas que presidía o seu amigo Carlos Dagá Escribano, nos anos 1972 e 1973 dan un gran golpe de efecto coa presenza en Tui das “Very Girl’s Majorettes” de Xenebra- Suíza e no ano seguinte as “Timbaleras de Barcelona y Majorettes de Rayo-Visión”. Aínda lembro a expectación que suscitaron os seus desfiles polas rúas tudenses e os aplausos que recollían. Daqueles anos son tamén os espectáculos de maxia e ilusionismo que realizaba, no programa de festas de San Telmo, no cine Bolívar, inaugurado había pouco, e que deixaban atónita a concorrencia infantil.

Fotograma de "A romería da morte"

Lembrar tamén a súa dedicación pioneira ao mundo cinematográfico. Julio Pérez Perucha, presidente da Asociación Española de Historiadores do Cine, escribiu: Pese a corta y amateur, la trayectoria de Estévez Piña nos dejó dos filmes de referencia por su calidad, innovación y compromiso. “A Romería da Morte”, es un documental que trata la fiesta tradicional de Santa Marta de Ribarteme, en la que los vivos desfilan dentro de ataúdes para cumplir promesas. Más allá de su valor etnográfico, destaca lo arriesgado del lenguaje audiovisual de este filme, mérito que le valió el Premio Ramón Daga a la investigación de las nuevas utilizaciones del lenguaje cinematográfico en la comunicación social. Contaba con música de Miro Casabella e recibiu o primeiro premio no IV Certamen de Cine Aficionado de Vilagarcía en 1976. Podemos visionar este documental en Youtube: https://www.youtube.com/watch?v=fmyn0ahzPZ8

A segunda película é “Después del silencio” do ano 1978, é, seguimos recollendo as palabras de Pérez Perucha, es un retrato político de la sociedad gallega en los primeros años de la democracia española, con sus traumas e ilusiones. Ambos filmes esta realizado en Super8, que naqueles anos setenta animou a moitos cineastas amateurs a pasar das películas familiares a outro tipo de gravacións. As dúas películas foron recuperadas e proxectadas no Festival Filminho, en Vilanova de Cerveira, no ano 2008, no decurso dunha homenaxe de recoñecemento a Alberto Estevez Piña como cineasta vocacional ou no festival “Primavera de cine” de Vigo no ano 2016 (temos tamén en Youtube dispoñible o coloquio posterior á proxección coa súa presenza:https://www.youtube.com/watch?v=X6R6leW0y2Q&feature=youtu.be&fbclid=IwAR0cHVmezDgEI7IsHSW0ZtQGJjxItmbIrRiJy2w8ccHecQJ6XbFTAMRIkwc)

Estas liñas queren lembrar a Alberto Estévez Piña e patentizar a súa inesquecible achega á vida local, guiada pola paixón que sentía poa súa cidade, como el mesmo escribe nun dos seus blogs: Este blog que te ofrezco amigo lector, tiene el propósito de dar a conocer, un poco más, una parte de la historia de mi ciudad, de nuestro querido Tuy; ese Tuy, arropado de un marco cultural, histórico, paisajístico y monumental que, poco a poco, quizás se esté olvidándose y perdiéndose (...) que está oscureciéndose, apagandose con el paso del tiempo la memoria ciudadana. Pero será muy difícil, para muchos tudenses olvidar a los amigos, a los compañeros ejemplares, que perdieron sus vidas en una fría mañana en la alameda tudense... Perdonemos, olvidemos todo; pero defendamos con todas nuestras fuerzas lo que nos pueda quedar de los singulares valores de Tuy; como ciudad milenaria, fronteriza y ciertamente encantadora, adornada de naranjos y limoneros; de la que todos los tudenses, tenemos que sentirnos orgullosos.

Para os seus fillos, familiares e amigos as nosas condolencias.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Derrubado o acueduto do Pontillón en Caldelas

Recollemos hoxe en Tudensia unha noticia que publicaba onte o xornal “Faro de Vigo” na que recolle o malestar dos veciños de Caldelas polas obras que está realizando a Confederación Hidrográfica Miño – Sil para “Mellora da permeabilidade no río Caselas” que busca facilitar o acceso de peixes polo río Caselas, en especial o salmón. https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/14/caldelas-defiende-antiguo-acueducto-regadio/2326458.html A intervención ten ocasionado o derrube dun acueduto existente nese lugar de Pontillón, unha obra de arquitectura popular que forma parte do patrimonio cultural daquela parroquia de Caldelas ou da inmediata de Porto, pois existente dúbidas da situación deste acueduto. Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero

Visitas rexias a Tui. Dende 1502 con Manoel I de Portugual ningun outro monarca visitou Tui

Coñecedor da noticia da visita mañá mércores de S.M. El Rei D. Filipe VI á nosa cidade, concretamente á Comandancia Naval do Miño, inmediatamente xorde o interese por coñecer as anteriores visitas de monarcas á nosa cidade. Hai mais de cinco séculos que non visita Tui ningún monarca en exercicio. A última visita foi do rei portugués Manuel I no ano 1502 na súa peregrinación a Compostela.  Con brevidade faremos unha enumeración sinxelas destas visitas rexias á nosa cidade que non pretende ser exhaustiva, pois varios dos seguidores deste blog nos reclaman este post e non houbo tempo de consultar a documentación e bibliografía necesaria. Sirvan estas notas como un apunte abondoso. Como sempre o extraordinario traballo de Francisco Ávila y La Cueva, “Historia civil y eclesiásticas de la ciudad de Tuy y su obispado”, é a fonte básica de información para enumerar estas visitas rexias á nosa cidade, que trataremos de presentar cronoloxicamente. Carecemos de noticias sobre a presenza dun m