Ir al contenido principal

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (e III): artigo de Manuel Murguia

O pasado xoves, 16 de novembro, conmemorouse o IV centenario do falecemento do médico, filósofo e humanista Francisco Sánchez co descubrimento na travesía da rúa Entrefornos, en pleno conxunto histórico, dun monólito dedicado a súa lembranza. Dende “Tudensia” vímonos sumando a esta efeméride con diversos textos dedicados á figura egrexia do pensador tudense.



As actividades organizadas, polo Concello de Tui, arredor do denominado “Ano Francisco Sánchez” teñen acreditado o interese que a súa figura segue suscitando entre os investigadores e os debates que promove: o estéril debate sobre a súa nacionalidade, o lugar onde reside na súa infancia e primeira mocidade, os motivos da migración da súa familia a Bórdeos, o lugar da súa formación -especialmente a de carácter médico-, a súa posible evolución ideolóxica dende o xudaísmo ao cristianismo, a súa consideración como escéptico ou como relativista, etc.

Resulta evidente a potencia do pensamento sancheciano que practicamente cunha única obra, o seu libro “Quod nihil scitur”, e con moi escasas referencias documentais para a construción da súa biografía, logo de catrocentos anos segue suscitando interese e concitando a investigadores e estudosos arredor da súa figura e a da súa obra.

No último século as achegas de diversos investigadores permiten construír a súa biografía con maior precisión. Os achados de Henry-Pierra Cazac nos anos 1903 e 1904 nos permiten coñecer polos seus autógrafos a súa identificación como “hispanus” ou como “natus in civitantem tudensis”; en 1920 o investigador portugués José Machado publica a súa acta de bautismo na parroquia de San Xoán do Souto de Braga en 1551; posteriormente Ernesto Iglesias Almeida, en 1987, documenta a presenza do seu pai, o físico Antonio Sánchez como médico do Cabido tudense no ano 1558, e moi recentemente Suso Vila atopou unha nova referencia documental sobre a familia Sánchez na nosa cidade, o foro dunha propiedade na Lagoa entre o Cabido e Antonio Sánchez e a súa muller Filipa Sousa no ano 1564, ampliando, por conseguinte, a estadía deste grupo familiar na nosa cidade e a súa preeminente posición social.

En consecuencia, resulta evidente a necesidade de afondar na investigación sobre a súa biografía a procura de novos datos que completen a súa traxectoria vital e resolvan as innumerables hipóteses nas que ata agora segue baseándose esta biografía.

Francisco Sánchez é un dos escasos referentes filosóficos de Galicia e de España na época do Renacemento, no humanismo no que se asentan o alicerces da cultura occidental que chega ata os nosos tempos. Resulta, en consecuencia, sorprendente a escasa atención que a súa figura ten suscitado nos estudosos e investigadores galegos e tamén nos españois. Cabe citar como grandes excepcións os diversos traballos de Martín González Fernández, da Universidade de Santiago de Compostela, ou a inclusión de Francisco Sánchez na “Biblioteca de polígrafos españoles” que promove a Fundación Ignacio Larramendi, onde figuran todas as obras sanchecianas e un interesante estudo do profesor Rafael V. Orden Jiménez. Ao contrario, en Portugal foi asumido como un dos referentes do seu pensamento, e figura mesmo no curriculum educativo como unha das claves do pensamento filosófico na época do humanismo renacentista e numerosos autores prestaron, e seguen prestando, atención a súa obra e personalidade.

Xa nun post anterior recollimos sucintamente a evolución dos estudos sobre Francisco Sánchez no ámbito galego. Hoxe para completar este serie achegamos o breve artigo sobre o noso pensador publicado por un dos máis importantes historiadores de Galicia, Manuel Murguía, que no tomo segundo do Boletín da Real Academia Galega no ano 1906, recollendo os descubrimentos de Cazac e incorporando, deste modo, a Francisco Sánchez ao acervo histórico e cultural da nosa terra.

Glosar a figura inxente de Manuel Murguía (1833-1923) non é posible neste reducido espazo. Pertence á xeración e estudantes da Universidade compostelá que influenciados polos acontecemento do levantamento progresista de 1846, que remata cos chamados “Mártires de Carral”, se agrupan no “Liceo de la Juventud” -fundado polo tudense Leopoldo Martínez Padín antes de establecerse en Madrid- onde comezaron a alimentar a vocación literaria e a conciencia progresista que os acompañou sempre.

Casado en Madrid con Rosalía de Castro ao retorno de ambos a Galicia, Manuel Murguía dedicouse plenamente a estudar a historia e a cultura de Galicia, nunha inxente obra que, de maneira pertinaz e lúcida, ilustrou o recoñecemento da nosa cultura. Así, en 1862 publicou o seu inconcluso Diccionario de escritores gallegos e, entre 1865 e 1866, viron a luz os dous primeiros tomos da súa Historia de Galicia, unha obra fundamental na conformación da emerxente ideoloxía nacionalista. Os terceiro e cuarto tomos apareceron en 1888 e 1891, mentres que o incompleto tomo quinto apareceu en 1913[1].

Xa viuvo, Murguía reside na Coruña e forma parte do grupo rexionalista que reuníase na libraría de Carré Aldao compoñendo unha faladoiro que pasou á historia co nome de Cova Céltica. Murguía, Carré Aldao, Eduardo Pondal, Martínez Salazar, Pérez Ballesteros, Salvador Golpe, Tettamancy, Martelo Paumán, Florencio Vaamonde, Galo Salinas, Eladio Rodríguez González, Lugrís Freire ou Banet Fontenla, entre outros, discutían do celtismo, da historia e da lingua de Galicia, pero tamén da súa situación económica, debatendo sobre posibles melloras. É neste contexto cando xorde a necesidade dunha corporación eficaz que coordinase e promovese o labor que se viña facendo en prol da lingua e da cultura de Galicia, e que desembocará na fundación da Academia Galega en setembro de 1905.

Na inauguración solemne da Academia, Murguía deixou claro no seu discurso o obxectivo principal da Academia: a atención á lingua galega. Unha inquedanza que xa expresara no seu famoso discurso nos Xogos Florais de Galicia, celebrados en Tui, en xuño de 1891 no primeiro acto público celebrado intregramente en lingua galega.

Neste compromiso de afondar na historia de Galicia que desenvolve Manuel Murguia ao longo da súa traxectoria podemos enmarcar este breve artigo publicado no segundo volume, correspondente ao ano 1906, do Boletín da Academia Galega dedicado ao noso pensador, Francisco Sánchez.

Acredita Murguía o coñecemento das investigacións de Cazac, publicadas no ano 1904 na Revista de Museo, Archivos y Bibliotecas sobre o lugar de nacemento de Sánchez, pero resaltando a súa orixe xudía, un tema ata daquela esquecido ou escamente valorado. Velaí os dous interesantes aspectos deste traballo de Manuel Murguía: incorporar ao ronsel da historia de Galicia a figura de Francisco Sánchez, resaltando a súa condición de “cristián novo”.

Reproducimos pois este traballo murguiano completando así estas evocacións sobre a figura de Francisco Sánchez que nos reclama, dende este aniversario, a necesidade de proseguir o labor de pescuda e investigación sobre a súa vida e obra, colocandoo no lugar que por xustiza correspóndelle no panorama do pensamento e na historia de Tui e de Galicia.

 

 


FRANCISCO SANCHEZ DENOMINADO “EL EXCEPTICO”[2]

 

La expulsión de los judíos de España decretada por los RRCC obligó a la gente israelita que vivía en Galicia a abandonar su país buscando en Portugal un asilo, del cual bien pronto debían ser a su vez arrojados. La mayoría de ellos, no quisieron apartarse mucho de los nativo lugares: las fronteras portuguesas les proporcionaban, con la proximidad de los campos y las gentes entre quienes habían vivido hasta entonces, algo de lo que dejaban, como quien dice, a su espalda. Allí les esperaban las nuevas tormentas pues aún no bien los hijos de los desterrados habían abierto sus ojos a los nuevos cielos, cuando la persecución llenándolos de sobresaltos, los devolvió a los lugares propicios en que los suyos habían arraigado. Los que de Galicia huyeron a Portugal en busca de un refugio, viéronse obligados a tornar a los viejos hogares abandonados, si habían de librarse de los peligros que los amenazaban.

Volvieron, pues, escogiendo de preferencia para instalar las nuevas viviendas, las comarcar limítrofes, para tener así un pie en Galicia y otro en Portugal, y poder sortear, en los primeros momentos, los peligros con que les amenazaba su infortunio. Lo que con mayor ansía pretendían, era pasar desapercibidos, y para ello residir en la sociedad cristiana como si en realidad a ella perteneciesen, mientras no llegaba para ellos el momento propicio, para huir a tierras más hospitalarias. Así vivían los desgraciados entre temores y zozobras, en la nueva patria apenas recobrada, y como quien solo espera el momento de partir, abandonando, con la morada de un día, los recuerdos todos que en su corazón despertaban los lugares nativos. Muchos no esperaban a tanto siquiera. Hallado el refugio, solo buscaban en él, el momento de reposo que necesitaban para buscar asilo seguro y con éste la paz que les faltaba.

Entre estos desventurados, se contó entonces el famoso médico Sánchez, que marchó con su hijo Francisco a Francia, donde este último, más famoso todavía como médico y como filósofo, habían de hallar el sosiego que su tierra les negaba. ¿Nació el padre en Galicia? ¿Nació en Braga, en cuya ciudad vivió algún tiempo? Son preguntas ambas sin respuesta categórica posible y solo puede decirse que se hallaba en Tuy por el tiempo en que nació Francisco. Así los recuerdos de éste, se reparten entre Braga y la vieja población tudense. En su memoria no se separaban ambas ciudades, y diciéndose natural de la diócesis de Braga, se confiesa hijo de Tuy. Cuantos se ocuparon de su vida y obras hacen lo mismo. En Portugal es axiomática su naturaleza bracarense, más las investigaciones verificadas recientemente en Francia, por su último biógrafo P. Henry-Pierre Cazac, confirman por modo imperativo, la opinión de que Tuy es la ciudad natal del insigne filósofo. Pudo por lo tanto afirmar con toda razón que ya está sentenciado el litigio, y resuelto el problema para en adelante.

De los minuciosos datos por Cazac aportados, consta, que si en los grados que obtuvo en Montpellier, tanto en el de bachiller, 1573, como en el de licenciado y doctor en 1574 dice: Ego Franciscus Sanchez Hispanus diaecesis Bracarensis; en cambio en la testimonial de su matrícula, cuyo facsímil dio a conocer su biógrafo, declara terminantemente ser hijo de Tuy. Ego Franciscus Sanctius, hispanus natus in civitate tudensis & escribe, disipando asi las dudas que pudieran suscitarse, relativas al lugar de su naturaleza.

Como no se trata ahora, ni de estudiar su obra ni menos considerarlo como médico insigne y filósofo más insigne aún, será suficiente terminar estas líneas, añadiendo, que nuestro Francisco Sánchez tiene en la historia de la medicina y en especial en la de la filosofía, lugar sobresaliente. Compáranle unos a Descartes y Pascal, y otros como Th. Braga, le proclaman precursor del positivismo. Todos saben, dice este último en sus Questôes de lit. e arte portuguesa, p. 281, que el fundador del Positivismo, durante el trabajo de su vasta síntesis, se privó sistemáticamente de toda lectura; así procedió Sánchez: Viendo que no era posible aprender cosa alguna en los libros, me concentré en mi actividad, y como si no se hubiese dicho cosa alguna, empecé por examinar los cosas en si mismas.

Elogio grande en verdad es este, pero no lo es inferior el que la Patiniana le consagra en breves líneas: Francisco Sánchez era un médico portugués, establecido en Toulouse, era cristiano, hijo de padres judíos, tenía mucho ingenio y era gran filósofo. Su librito Quod nihil scitur, es muy hermoso. Su tratado De Divinatione per somnum vale su peso en oro. Hizo también un libro español Del método universal de las ciencias, que es muy docto. Más el que cierra dignamente todos los elogios, es el que le consagra Lefevre en su obra La Philosophie, página 274: El excepticismo de Sánchez, es radical, pero previsorio y es el bueno.

Manuel Murguía


Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis