Ir al contenido principal

Novas visitas ao patrimonio tudense

Hai varios meses publicamos neste blog un breve listado de diversos elementos do noso patrimonio cultural ou natural que polo seu interese e significación pagaba a pena coñecer e, moi especialmente, visitar: http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html

Agora cando o tempo de verán anima ao paseo pode ser unha boa oportunidade para achegarse a novos bens integrantes do noso acervo patrimonial tantas veces escasamente coñecidos e valorados.


Cama do Santo

Rocha localizada no cumio do Aloia, denominada Cama de San Xiao, pois a tradición afirma que sobre esta pedra durmía o santo e foi onde repousou o corpo deste santo logo do seu martirio, e vincula esta “cama” coa fertilidade. As parellas que non lograban ter fillos acudían a este lugar e, tras xacer no mesmo, acadaban a ansiada descendencia.

A pedra inmediata a esta “cama” é identificada tradicionalmente como a almofada de San Xiao. En consecuencia, se vincula este lugar coa protección dos males da cabeza (migrañas, etc.). Os devotos pois tras rezar ao carón da “Cama de San Xiao” e antes de marchar dan tres corques coa testa para protexerse destes males.

Na web de “Galicia encantada” figura testemuña de Roberto Gómez González: dinos que a súa avoa contáballe que antigamente os romeiros que padecían de dores de cabeza ían a pé ata a Cama de San Xulián no Aloia cunha tella do país na cabeza durante todo o camiño. Unha vez chegados alí deixaban a tella no tellado da capela e ían á Cama de San Xulián, sentábanse de costas ao burato e daban tres veces coa parte de atrás da cabeza contra a pedra e así milagrosamente aliviaba San Xulián estas dores. Di que lembra facer isto ao chegar á Cama de San Xulián. 

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=18&id=2413



Pedra do acordo

Marco de pedra situado no Aloia, ao carón da estrada a Prado. Posúe unha forma pentagonal e sinala os límites de término de tres concellos: Tui, O Porriño e Gondomar, e de cinco parroquias: Malvas, Pazos de Reis, Rebordáns, Morgadáns e Chenlo.

Cabe engadir que este lugar marca o límite de Tui e a súa xurisdición dende a concesión polos condes de Galicia, Don Reimundo e Dona Urraca, do couto de Tui ao bispo da cidade no ano 1095. Unhas lindes que como comprobamos neste lugar de referencia histórica mantivéronse dende aquela ata a actualidade.

Os interesados atoparan máis información no blog Ferruxadas: http://ferruxo.blogspot.com/2013/11/a-pedra-do-acordo-no-monte-aloia.html



Monumento a Rafael Areses

Localizado tamén no cumio do Aloia pero que pasa inadvertido para a maioría dos visitantes, pese a situarse a carón dos lugares mais transitados.

Este monumento esta rodeado de arbores e accedese a través de dezanove banzos. Foi realizado por iniciativa do Club Montañeros Celtas en setembro do ano 1956.

É obra do mestre canteiro tudense Francisco Gómez González, coñecido por Manteigada. É unha sinxela estrutura cun dintel en forma triangular onde figura a dedicatoria: “Testimonio de admiración y gratitud al ingenierio D. Rafael Areses”.




Igrexa de Santiago de Malvas

Na antiga vila medieval de Maloes de Jusaos, denominada Malvas dende inicios do século XVI. A súa igrexa parroquial pertenceu ao morgado da Picoña, por elo figuran as armas dos Troncoso de Lira no exterior da súa ábsida. É unha igrexa barroca do século XVIII, reaproveitando material da anterior igrexa románica. Na fachada conta cun nicho onde figura unha escultura pétrea de Santiago a cabalo.



Muíños de Paredes ou do río Deique

Conxunto de oito muíños no rio Deique neste barrio de Rebordáns e que forman parte do territorio do Parque Natural do Monte Aloia.

Son case todos de cubo rectangular e cuberta dunha auga, a maioría restaurados hai anos pero hoxe con evidentes sinais de grave deterioro por non existir unha conservación axeitada dos mesmos.

Non son únicos existentes neste río Deique, afluente do Louro, pois Ernesto Iglesias Alemida no seu documentado estudo sobre “Os muíños do Concello de Tui” recolle ata dezasete destas edificacións, con referencias documentais que podemos datar, nalgún caso, ata o século XVII. Un dos muíños, o muíño da Ponte Pequena, ten gravada na porta a data de 1791.


 

Fonte da Matanza

Na parroquia de Ribadeouro, preto da súa igrexa parroquial, atopamos esta fonte que conserva na súa denominación a lembranza dun feito histórico na Guerra da Independencia.

O 27 de marzo de 1809 o xeneral Lamartinière, que ocupaba a cidade e Tui, dende o 3 de febreiro, ordena a saída dun forte continxente de tropas, ao mando do comandante Chapuzetl, para auxiliar as tropas francesas que ocupaban a cidade de Viqo e que estaban sitiadas e son derrotadas ao día seguinte. Por tanto, este grupo enviado dende Tui non chega a entrar en combate e no seu retorno son atacadas en Ribadelouro ocasionándolle numerosas baixas.

Manuel Osuna Rey no seu libro sobre “Los franceses en Galicia” recolle o testemuño do párroco de Ribadelouro, Rvdo. Faustino Vázquez, no seu libro de defuntos no que relata o seguinte: En veintiocho de marzo de mil ochocientos nueve subieron por esta parroquia como unos cuatrocientos hombres de infanteria francesa en socorro de los que estaban posesionados de la villa de Vigo y mataron impunemente a Juan Besada, marido de Josefa Romero; Juan Ignacio Rodríguez; Juan González, marido de Antonia Fernández, mis feligreses; y a un militar español disperso y enfermo de tercianas, sin que se sepa su oriundez; a todos con la mayor crueldad, como que al Rodríguez lo pasaron a cuchilladas despues de haberle tirado cuatro balazos; al González haberle pasado la frente con un balazo y le cortaron la mano derecha, y al disperso le dieron hasta cinco balazos solo porque le encontraron comiendo un poco de pan; bien lo vengaron nuestros tiradores la vuelta de Vigo, que de los cuatrocientos franceses solo entraron de vuelta a Tuy, de catorce a quince sanos; quedaron en esta parroquia seis muertos, uno de los cuales auxilié del modo posible y está enterrado en el atrio de esta iglesia, tres prisioneros, dos heridos, uno con la pierna tronzada de un balazo, el otro con un muslo... 

Agradecemos a Christian Lago a cesión da fotografía..



Pazo e Capela do Pilar

Localizados na actualidade na zona urbana tudense, na confluencia entre as rúas Casal Aboy e Irmás Maristas.

A orixe do pazo non é coñecida, pero apunta ao século XVIII polo escudo que conserva na fachada lateral coas armas dos Lira, Castro, Aldao e Quiroga. Quizás fose o seu propietario Juan de Castro e Lira, rexedor de Tui en 1715. Segundo recolle Suso Vila en 1833 era propietario do mesmo D. José de Castro y Taboada.

No ano 1936 o pazo e os seus amplos terreos foron comprados polo industrial portugués radicado en Tui, Juan Alberto de Oliveira, que rehabilita a edificación cun proxecto do prestixioso arquitecto vigués Manuel Gómez Román que imprime o seu característico estilo neo-pacego que podemos apreciar especialmente na solaina e soportal que caracterizan a fachada deste pazo, cuxo deseño achegamos.

O escudo da fachada é contemporáneo coas armas dos Vieitez de Puga, familia oriúnda de Sela, á que pertencía a esposa de Juan Oliveira.

Pola súa parte, a capeliña do Pilar foi fundada a mediados do século XVIII polo cóengo da catedral tudense, Domingo Antonio de Castro e Lira, da familia fundadora da casa. Destacan a imaxe de Nosa Señora do Pilar no exterior e o retablo barroco do interior, onde se conserva o balcón sobre ménsulas para que os propietarios da casa asistisen aos oficios relixiosos sen saír da casa.




Estación de ferrocarril de Tui

Esta estación xorde coa apertura la liña Guillarei – fronteira portuguesa, que tiña como misión unir as redes ferroviarias de España e Portugal a través da ponte internacional inaugurada en 1886.

Esta pequena liña foi proxectada no ano 1880 e será a empresa MZOV (Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo abreviada por Medina a Zamora y de Orense a Vigo como MZOV) a encargada de construír esta liña e a estación tudense, inauguradas ambas o 1 de xaneiro de 1884. Naquela altura era unha estación provisional.

A actual estación de ferrocarril tudense foi proxectada por MZOV en 1890 como unha estación de 4ª categoría cun orzamento de 101.228 pesetas. Foi realizada polo contratista Victor Bibaltúa Olaveaga, oriúndo de Logroño e casado en Redondela. Será o seu fillo Apolinar quen remate a obra tras a morte do pai, e asine a liquidación da mesma en xaneiro de 1896.

Na actualidade o edificio, que sofriu diversas reformas e adaptacións ao longo dos anos, é testemuño das liñas de comunicación ferroviarias entre España e Portugal e carece practicamente de actividade o que non lle resta valor.

Xunto á estación se conserva un pequeno espazo axardinado con interesantes especies arbóreas, que reclama un acondicionamento.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...