Ir al contenido principal

Parlamentarios tudenses (VIII): Mariano Ordoñez, a sucesión caciquil

Dende as eleccións de 1903 ata 1923, cando remata o réxime da Restauración, coa chegada da Ditadura de Miguel Primo de Rivera, repetira sempre como deputado polo noso distrito Mariano Ordoñez García, nado en Madrid no ano 1874, fillo do primeiro matrimonio de Ezequiel Ordoñez González, que foi tamén deputado polo distrito entre 1876 e 1901. Estudiou primeiramente Mariña que abandonou para cursar Dereito na Universidade de Madrid, culminando co seu doutoramento. Casou con Francisca Romero Zuleuta, filla do famoso político Francisco Romero Robledo, do Partido Conservador de Cánovas e con que traballara intensamente o seu pai Ezequiel Ordoñez.


Ao residir permanentemente en Madrid tivo de apoiarse, para manter o control do distrito tudense, de modo máis notorio, na rede de influencias herdada, a que argallara o seu pai para manter o seu dominio político na comarca; un dos seus “delegados” foi Venancio Lorenzo, moitos anos Alcalde de Tui. “Para contrarresta-los ataques que La Integridad propinaba a Ordoñez, Venancio Lorenzo fundou El Vencejo, no ano 1905, e no 1907 El Aloya, no que Ordoñez, que era seguramente quen o pagaba, publicaba semanalmente unha crónica”. "La Integridad" com xa comentamos nesta serie de posts defendía posturas integristas, máis conservadoras que ás dos Ordoñez.

Cando morreu Venancio Lorenzo, substituíuno o rexistrador da propiedade, José Herraiz, incondicional do ordoñismo tudense. Cando Ordoñez casou, Herraiz regaloulle un xogo de té. Isto é o que explica que aparecera un xornal contra Ordoñez, titulado La Tetera (1913). Unha das acusacións que desde este xornal e desde outro, maurista, e tamén oposto a Ordoñez, La Opinión (1908) se lle facian a Ordoñez era o seu afastamento de Tui e de non conseguir nada para o seu distrito.

Mariano Ordoñez ocupou numerosos cargos públicos e varias carteiras ministeriais: Director general de Agricultura al término del “gobierno largo” de Maura (1909) y subsecretario de Hacienda en 1913 ya bajo la obediencia datista, regentó dicha cartera a título de interinidad en tres ocasiones (del 8 al 20 de octubre de 1914; del 4 de agosto al 6 de septiembre de 1915 y del 19 de septiembre a octubre de 1917), se convertiría en un ministro comodín en la crisis del estado canovista. Titular de la cartera de Gracia y Justicia en el último de los gabinetes presididos por Eduardo Dato (del 1 de septiembre de 1920 al 8 de marzo de 1921), pilotó la de Hacienda en el gobierno encabezado por Manuel Allendesalazar (del 5 de julio de 1921 al 13 de agosto del mismo año). En los pródromos de la dictadura, el cordobés Sánchez Guerra lo designó, primero, responsable del Ministerio de Marina (del 8 de marzo al 1 de abril de 1922), para pasar luego a encargarse del de Gracia y Justicia de manera más prolongada (del 1 de abril al 4 de diciembre de 1922).



Paradoxal resultou que sendo ministro foi cando se produciron os tráxicos sucesos de Sobredo, na parroquia tudense de Guillarei, o 28 de novembro de 1922, no decurso dunha mobilización dos labregos en contra dos embargos pola falta de pagamento das rendas forais;  tras unha carga da Garda Civil houbo tres mortos, “os mártires de Sobredo”. Este feito provocou un forte desgaste seu diante da opinión pública. Paradoxal porque “Sobredo, preto de Guillarei, pertenecía ó distrito do Ministro. O gobernador que ordenou actuar con contundencia fora nomeado por Ordoñez. Os mortos eran os seus súbditos, de acordo coa concepción feudal que Ordoñez tiña do seu distrito. Cousas da vida. Se non fose por nós ninguén hoxe falaría de Ordoñez, pero os mortos de Sobredo son conmemorados tódolos anos e os seu nome figura para sempre nun monumento varrido pola barbarie franquista, pero novamente ergueito polo pobo.

Mariano Ordoñez foi un exemplo do modelo caciquil da Restauración baseado na creación e mantemento de redes clientelares entre os electores e na “fabricación” dos resultados electorais. A súa escasa presenza no distrito afondou aínda máis este divorcio coa sociedade á que teoricamente representaba. Evidentemente a súa influencia e presenza no goberno propiciou á realización de obras públicas e múltiples “favores” que estaban na base deste sistema caciquil. Morreu o 30 de xuño de 1938 en Madrid.

Nos comicios de 1896 accede por única vez ao Congreso, en representación do distrito de Chantada, o tudense Ricardo Fernández Pérez de Soto. Nacera en Tui en 1853, fillo de Plácido Fernández Gándara, administrador de rendas en Tui e do comité tudense do Partido Republicano Federal. Ricardo Fernández cursou Leis en Compostela e, segundo informa Manuel Fernández-Valdés, obtivo a súa licenciatura ao 19 anos, “entro de pasante, en Madrid, en el bufete de Monterio Rios, buen amigo de su padre. (Montero Rios foi un dos principais politicos galegos en Madrid nas últimas décadas do XIX e primeira do XX, chegando a presidir o Consello de Ministros en 1905).

Ricardo Fernández Pérez de Soto, baixo a tutela de Montero Ríos (de quen logo se desvinculou), foi concelleiro, ao 26 anos polo distrito de Palacio e tenente de Alcalde de Madrid, deputado provincial madrileño e presidente da Deputación Provincial.

Acadou, paralelamente, grande sona como criminalista, especialmente no proceso do crime de Luciana Borcino, de Baiona, viuva do vigués José Vázquez Varela. A defensa que realiza da acusada do “Crimen de Fuencarral” dalle unha fama extraordinaria en toda España, sendo reproducido por toda a prensa.

Recollemos o relato de Manuel Fernández-Valdés: El crimen de Fuencarral, fue uno de los dramas que mas apasionaron a la opinión y cuyo recuerdo pervivió durante largos años. Tuvo extraordinaria repercursión lo mismo en España que en el extranjero.



El 2 de julio de 1888 apareción asesinada en su casa de la calle Fuencarral de Madrid, Doña Luciana Borcino, viuda de Vázquez Varela (...) Fue procesada la sirvienta Higina Balaguer, que se declaró culpable. Los técnicos coincidieron en que el crimen no pudo llevarse a cabo por una sola persona. Era voz pública que el crimen fue cometido por el hijo de la víctima, pero éste, que estana detenido en la Cárcel Modelo, al cometerse el asesinato, probó facilmente la coartada. Higinia, que al parecer no quería comprometer a alguna persona de quien esperaba su salvación, acusó entonces a su amiga Dolores Avila (e tamén a súa irmá Maria Ávila), y el señor Pérez de Soto se encargó de su defensa.

La vista tuvo una amplia resonancia en España y en el extranjero. El fiscal pedía pena de muerte para Higinia y para Dolores Avila. El defensor Pérez de Soto pronunció uno de sus mejores discursos consiguiendo la absolución de su patrocinada María (e unha condena de dezaoito anos para Dolores). Fue clamorosamente aplaudido y la multitud le arrancó materialmente de su coche para llevarle en hombros a su domicilio.

El discurso fue reproducido integramente en casi todos los periódicos de España y por muchos extranjeros. Por suscripción popular, iniciada por los periodistas que hacen información en los Tribunales, se le regaló una corona de laurel de plata y un album con muchos miles de firmas, hoy en poder de los herederos de su hermana Lucia. Entre los firmantes figura D. Eugenio Montero Rios, que le felicitó efusivamente, restableciéndose la buena armonía de otro tiempo.

Higina Balaguer foi a última persoa executada públicamente no patíbulo instalado na Praza da Cebada de Madrid, posteriormente as execucións serían nas propias cadeas. Este crime, novelado por Benito Pérez Galdós, foi o inicio das crónicas de sucesos na prensa española.

Ricardo Fernández Pérez de Soto faleceu en Madrid o 5 de outubro de 1905 con 52 anos, interrompéndose unha traxectoria ascendente na vida pública española.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le