Ir al contenido principal

Antes de Descartes: o tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna

O portal de noticias www.culturagalega.org,do Consello da Cultura Galega, publicaba onte un interesante artigo sobre a figura do pensador tudense Francisco Sánchez, ao abeiro das actividades organizadas na nosa cidade co gallo da Xornada Europeda Cultura Xudía, na primeira fin de semana de setembro, e que dedicaron especial atención a esta egrexio pensador nado en Tui no ano 1550. A revitalización desta singular figura é unha necesidade para a nosa cidade ao resaltar esta importante achega tudense á cultura europea.

O tudense Francisco Sánchez foi un dos antecesores da filosofía moderna

Antes de Descartes

2009-09-14




Era un espírito rebelde e libre. E precisamente por iso, Francisco Sánchez (Tui, 1550-Tolosa, 1623) foi un dos poucos filósofos que escaparon da escolástica e do erasmismo, ou o que é o mesmo, da revelación relixiosa do cristianismo. Sánchez non admitía como verdade nada que non pasara antes polo tribunal dos sentidos, ademais de darlle á razón un papel determinante. Foi un empirista e un racionalista, antecesor e inspirador de Descartes, dun dos grandes filósofos da humanidade.
--------------------------------------------------------------------------------

Era un espírito rebelde e libre. E precisamente por iso, Francisco Sánchez (Tui, 1550-Tolosa, 1623) foi un dos poucos filósofos que escaparon da escolástica e do erasmismo, ou o que é o mesmo, da revelación relixiosa do cristianismo. Sánchez non admitía como verdade nada que non pasara antes polo tribunal dos sentidos, ademais de darlle á razón un papel determinante. Foi un empirista e un racionalista, antecesor e inspirador de Descartes, dun dos grandes filósofos da humanidade.

Naceu en Tui, pero foi bautizado en Braga, dous feitos históricos que explican as múltiples nacionalidades que lle deron as diferentes biografías deste filósofo. Con todo, el pasou a maior parte da súa vida en Francia, onde estudou filosofía e medicina. El definíase así mesmo como un hispanus, un hispano no sentido amplo. Doutourado con honores, cun expediente brillante, Sánchez comezou a despuntar desde moi novo, pero estivo sobre todo marcado polo seu escepticismo de toda revelación que non puidera sobrevivir ao xuízo da crítica e dos sentidos. Sobre a súa figura falouse no marco da X Xornada Europea de Cultura Xudía celebrada en Tui e que coordina a Rede de Xuderías de España Camiños de Sefarad, organismo que agrupa a 21 vilas e cidades españolas as que esta cidade solicitou a súa incorporación.

O seu pensamento filosófico
Na base do pensamento de Sánchez está a dúbida, pero non no sentido descartiano da dúbida como método, senón como orixe da sabedoría. As claves do seu pensamento filosófico están recollidas en Quod Nihil Scitur (traducido como Que nada se sabe), a que foi a súa obra capital, reeditada posteriormente baixo o título De Multum Nobili et Prima Universali Sienta Quod Nihil Scitur. Como médico de profesión que era primaba a intuición e a experiencia dos sentidos por diante do método; pero como filósofo de formación sentíase na obriga de proporcionar un marco teórico de corte científico.

Foi moi crítico cos postulados escolásticos porque consideraba que eran unha xerga confusa, vaga, vacua e inconsistencia. Tamén cuestionou o neoplatonismo e todas aquelas prácticas ligadas a el na cultura do renacemento como a maxia, astroloxía, a tradición cabalística….. O cerne do seu pensamento baséase nunha conxunción de experiencia e xuízo. Como bo escéptico , non cría nunha verdade obxectiva, porque para el todo dependía do suxeito e non do obxecto. Hai, ademais, outro concepto clave en toda a súa dilatada produción científica, que é o de ciencia e de natureza, o seu único e posible obxecto de investigación.

Discutiuse moito se se considera o último dos escépticos antigos ou o primeiro dos filósofos modernos, como tamén se foi o precursor do racionalismo (con Descartes como máxima figura) ou do empirismo (corrente na que despuntou Francis Bacon). Ao tempo, as súas achegas están consideradas polos estudoso como un pioneiro da teoría lóxico-matemática de conxuntos, ou un iniciador dos estudos de lingüística comparada. O que queda ben claro é que os postulados de Francisco Sánchez foron relevantes e anticipatorios nun momento de cambio, no ocaso do renacentismo. Nun contexto no que gran parte dos ideais antropolóxicos, epistemolóxicos, relixiosos, artísticos e políticos entraron en crise. Estamos no momento de reafirmación do suxeito, e nesa pugna tanto Sánchez como Motaigne foron un dos pioneiros. O pensamento moderno levantouse sobre moitos do piares (suxeito, ciencia e natureza) que defendeu o filósofo tudense. Existen numerosos estudos que consideran que o método sancheziano serviu de influencia para o Discours de la Méthode de Descartes e do Novum Organum do chanceler Bacon. Precisamente, os dous textos que abriron o horizonte filosófico da idade moderna.
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=15357

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...