No ano 2017 promovéuse a conmemoración do 880 aniversario da sinatura dun acordo ou pacto entre o futuro monarca portugués, Afonso Henriques, e o emperador Alfonso VII. Un pacto bautizado pola historiografía co nome da nosa cidade, o Pacto de Tui.
Ás veces este acordo
é presentado como un fito nas relacións entre o nacente reino de Portugal e o
reino de León e Castela, unha relación moi esaxerada que non responde á
realidade histórica. O Pacto de Tui non deixa de ser un acordo entre o futuro
rei portugués, Afonso Henriques e o monarca castelán-leonés, Alfonso VII, o
“emperador”. Non podemos afirmar que é “un dos acontecementos
históricos máis importantes do século XII”[1] pois, como veremos, foi un
dos diversos pactos ou acordos asinados entre ambos monarcas no contexto das
continuas tensións territoriais e das disputas dinásticas que caracterizan a
eses tempos de conformación das entidades territoriais no norte da Península.
Para contextualizar
axeitadamente este Pacto de Tui é necesario referirse ao proceso de
independencia do condado de Porto, ou portucalense, de onde deriva o futuro
nome de Portugal. Unha independencia que non é froito dun proceso de ruptura
radical, de levantamento ou revolución, senón un proceso progresivo de
afianzamento do poder político e militar que atopa na sinatura de tratados,
acordos, etc. o instrumento válido para acadar un recoñecemento xurídico e
político dea unha base ao futuro reino.
Botando unha ollada no tempo, Galicia, integrada na monarquía ástur-leonesa, estaba gobernada polo comes Gallaeciae que representaba ao monarca, pero na segunda metade do século XI noso territorio é o centro da loita política e a súas elites determinan a vida política da monarquía. Á morte de Fernando I, o reino divídese entre os seus fillos tocándolle Galicia a Don García, que goberna un territorio, que chega ata o río Mondego, entre 1065 e 1070, ata que é deposto e apreixado. No ano 1090 é enviado como comes a Galicia Raimundo de Borgoña, casado cunha filla do rei Afonso VI, Dona Urraca, namentres que no 1096 o rei concede o condado portucalense a Henrique de Borgoña, casado con Dona Tereixa, irmá de Urraca.
![]() |
Dona Urraca, no Tumbo A da Catedral de Santiago |
Tras a morte de
Raimundo de Borgoña en 1107 ábrese un crise política; unha parte da nobreza
galega apoia a Dona Urraca e a súa idea imperial leonesa, namentres que outro
sector liderado por Pedro Froilaz, conde de Traba, e Xelmírez, arcebispo de
Compostela, apoia a Afonso Raimundez, fillo de Dona Urraca, marxinado do trono
pola súa nai e os seus partidarios, ata o punto de consagralo na
catedral compostelá como rei de Galicia, pero os avatares políticos e
familiares o converten logo en Afonso VII, como rei de León e Castela e imperator
totius Hispaniae, vinculando definitivamente a boa parte da nobreza galega,
ata daquela rebelde, na monarquía leonesa.
Paralelamente no
condado portucalense asistimos a un proceso similar de intensas loitas
políticas e familiares. Tras a morte do conde Henrique sucédelle a súa viúva, a
condesa Dona Tereixa, que manterá unha política de achegamento ao Norte do Miño
e por tanto unha postura vinculada a Afonso VII e a monarquía leonesa-castelán.
O seu fillo, Afonso Henriques, pretende un forte poder condal como paso a un
futuro reino independente, contando neste obxectivo co apoio do arcebispo de
Braga, aposto ao ascenso de Santiago como sede metropolitana no seu detrimento,
e diversos grupos aristocráticos. Ante tal situación o rei Afonso VII viaxou a Portugal
sitiando a Afonso Henriques en Guimarães, até conseguir a súa promesa de
fidelidade,
![]() |
Dona Tereixa, |
Este Afonso
Henriques, fillo do conde Henrique, proclamaríase, andando os anos, como
primeiro rei de Portugal, logo de usurpar os dereitos que tiña a súa nai
Dona Tereixa, que casa en segundas nupcias con Pedro Froilaz de Traba,
establecéndose en Galicia. Pouco despois daquelas
promesas de fidelidade, apenas uns meses, en 1128, ante o incumprimento de
Afonso Henriques, as tropas de Tareixa e Fernando Pérez de Traba libran a
batalla de San Mamede (1128), onde os portucalenses de Afonso
Henriques saen vitoriosas, asumindo o pleno goberno do condado. A súa nai, Dona
Tereixa retírase a Galicia xunto co de Traba se instalan en Galicia, onde
morrerá a condesa en torno a 1130.
Unha cita de Ramón
Villares nos permite contextualizar este proceso: esta aparición
do reino de Portugal é difícil de explicar porque é máis complexa do que
aparece na tradición historiográfica portuguesa fortemente nacionalista. Tamén,
desde a perspectiva galega, este feito foi interpretado, desde a historiografía
romántica, como unha secesión ou unha revolta da Galicia bracarense contra da
lucense e, mais concretamente, contra a política anexionista protagonizada por
Xelmírez. Nos propios “Anais de D. Afonso Henriques”, compostos a finais do
XII, aparece a xustificación do paso dado por Don Afonso como unha revolta
“contra a tentativa de dominación estrangeira, conduzida por galegos” (J.
Mattoso). Pero o feito é, como sinala este historiador portugués, que en 1128
non hai reacción anti-galega, porque non só había e seguirá a haber, despois de
1128, grande permeabilidade entre a nobreza galega e portuguesa,
senón porque no mesmo bloco que apoia a Afonso Enríquez hai un
importante núcleo nobiliario galego, da parentela dos Traba, que procuraba en
Portugal o éxito que en Galicia se lle negaba.
A constitución do
reino portugués obedece, por tanto, a causas complexas que remiten á propia
diferencia existente, ao menos, desde a época romana, entre a rexión bracarense
e a lucense; e obedece así mesmo á incapacidade da nobreza galega para se
constituír en reino propio dende os tempos iniciais da reconquista. A expansión
territorial cara ao sur e o desenvolvemento atlántico de Portugal correrá a
cargo deste reino formado a partir da parte meridional da “Gallaecia”, mentres
que a Galicia lucense, mais recollida en si mesma, ficou inserida
excentricamente na monarquía castelá[2]
En consecuencia, a
consolidación do futuro reino de Portugal por Afonso Henriques será un proceso
máis de recoñecemento diplomático que de conquista militar, aínda que estas son
as que garanten aquel e as diversas conquistas, reconquistas e escaramuzas varias
son as que xustifican os acordos escritos.
Esta oscilación
política derivada das alianzas conxunturais, tanto políticas como especialmente
familiares, terá especial significación no territorio tudense que convértese no
espazo de confrontación destes procesos, no intento tanto do futuro reino de
Portugal como da monarquía leonesa-castelá de controlar este ámbito xeográfico,
dunha diocese que recibe achegas de ambos sectores ao longo dos anos na procura
da fidelidade do bispo que basculará nas alianzas con ambos monarcas. Sen
esquecer outra constante, a mobilidade das elites, tanto laicas como
eclesiásticas, entre ambos territorios ao norte e sur do río Miño que neste
tempo é permanente, pois é entendido como un mesmo espazo social.
![]() |
Afonso Henriques, |
As circunstancia
impuseram a diplomacia como uma frente imprescindível para dar significado
político ao poder militar do Primeiro Afonso. Só o apoio do Direito poderia
levar ao reconhecimento pontificio, exigindo criatividade e conhecemento às
elites nacionais ns novidade requerida pela independência de um Reino na
unidade política da Hispânia cristia do século XII, em combate contra o Islao[3]
Afonso VII foi
coroado “emperador” o 26 de maio de 1135, nun acto no que non participa Afonso
Henriques, o seu curmán. Ao tempo o herdeiro ao trono de Navarra, tras a morte
de Alfonso O Batallador, García Ramírez, non presta vasalaxe ao emperador, que
emprende unha campaña militar para someter ao navarro. Lograr este obxectivo é
prioritario para ofrecer a imaxe dun emperador ao que se someten os reis da
Península, na procura dun poder unitario nas monarquías cristiáns.
Sometido o navarro,
Alfonso VII se dirixe a Galicia, que fora ocupada por Afonso Henriques
e os seus partidarios, os condes da Limia e de Turonio. Cómpre destacar o nome
do conde Gómez Núñez, fillo do conde Nuno de Celanova, que desenvolve un papel
privilexiado neste período histórico. Como sinala a Historia
Compostelana posuía “un local forte, unha rede de castelos e unha
inmensidade de cabaleiros e infantería” tendo a base deste poderío no val
do Miño, no territorio tudense. Gómez Núñez é un exemplo desta nobreza que
bascula, en función de conxunturas e intereses, entre o reino de León e Castela
e o condado portucalense. Será comes ou conde de Tui en diversos momentos e
chegará a mordomo-mor de Afonso Henriques. Aliado de Dona Urraca,
logo cambia de posición, apoiando ao seu fillo Afonso Reimundez, virando de
novo como colaborador de Dona Tereixa, á que axuda, en 1125, na ocupación de
Tui; entre 1129 e 1131 detenta a tenencia da terra de Turonio, apoia
a ocupación das terras tudense en 1136 por Afonso Henriques, en 1138 titúlase “comes
tudensis” co aprobación de Afonso VII. Gómez Núñez apoiou tamén a ocupación
de 1141 o que lle obrigou logo a exiliarse na abadía francesa de Cluny, a quen
lle tiña entregado en 1126 o seu mosteiro de San Salvador de Budiño e as súas
propiedades.
Naquel ano de 1136
Afonso Henriques, como xa apuntabamos, vence aos partidarios do emperador,
Fernando Pérez de Traba e Rodrigo Veilaz, conde de Sarria, que son derrotados
na batalla de Corneja, nas terras do Limia, consolidando así a ocupación de Tui
e o territorio do Miño. Unha terra coa que tanto Dona Tereixa e o propio Afonso
Henriques mantiñan unha estreita vinculación, como testemuñan as doazóns
entregadas á sede tudense por ambos persoeiros ou a proclamación como cabaleiro
de Afonso Henriques na catedral de Tui.
Pero este ataque ao
Norte do condado de Porto anima aos musulmáns a unha ofensiva, en 1137, sobre
Tomar e as localidades xunto ao río Nabào que obriga ás tropas de Afonso
Henriques a desprazarse ao sur.
Afonso VII estava
nessa altura em Palência (para outros autores
en Zamora). Apesar da distância, mais de 300 quilómetros, marchando de dia e
de noite, conseguiu chegar a Tui três dias depois e entrava na cidade sem
combate.
Sem que haja, pois,
notícia de qualquer combate, o facto é que o imperador se encontrou com seu
primo (Afonso Henriques) na cidade de Tui, e aí firmou com ele um pacto de que
existe ainda o texto (provavelmente parcial). Foi assinado no dia 4 de Junho de
1137. A evidente submissão que este acto representa é surpreendente, face à
anterior vitória de Cerneja (...). Afonso VII devia estar disposto a deixar seu
primo tranquilo, contanto que este lhe respeitasse a supremacia, lhe guardasse
lealdade e jurasse auxiliá-lo no caso de ser atacado por algum inimigo. (…)
Afonso Henriques, por sua vez, pressionado, talvez, por alguma incursão
serracena, pode ter assinado o compromisso sem se preocupar demasiado com o seu
futuro cumprimento[4]
O documento asinado
se conserva na documentación do mosteiro leonés de Sahagún e o reproducimos
textualmente
Hoc est placitum et
convenientia quam facit Infans Portugalensis cum A. Ispanie Imperatore perpetuo
mansuram in primis videlicet, ut sit bonus amicus eius, et fidelis bona fide et
sine malo ingenio et facit ei securitatem de suo corpore, ne per se, vel suo
consilio aliquo tempore sit mortuus, aut ingenido, aut preso et si alius homo
hoc fregerit, quod ipse á bene rancure quomodo rancurare de suo corpore, et de
suo filio, quem multum amaret.
Facit etiam illi
securitatem de sua terra, quod non perdat illam, neque ingeniet, neque perse,
neque per suos homines et si aliquis fecent, quod bona fide, et sine malo
ingenio adiuvet illum rancurare, ut eam adquirere quomodo faciet, si sua propia
esset si vero aliquis Rex Xptianorum, aut Paganorum per vim in terram
imperatoris intrare volvent, ut adivet cum amparare bona fide, et sine malo
ingenio, si ab illo adiutorium qusierit, et illi demandaverit.
Facit post hec illi
securitatem, ut hoc placitum, et istam convenientiam teneat suis filiis imperatoris,
illi sicilicet, qui in placito, et convenientia sui patris volverint stare, et
permanere.
Si quis vero de
hominibus Infantis in hoc placitum, et convenientiam ruperit, ut Infans pro suo
posse emmendet, sicut laudaverit illi hominis Infantis, et Imperatoris, qui
inter utrunque pacem, et concordiam volverit mitere.
Ad hoc etiam faciet
illi securitatem, ut illum honorem quem modo illi dat, et dabit iratus, aut
pacatus quocunque tempore volverit, illi reddat, aut suo filio per bonam fidem,
et sine malo ingenio. Et Placitum firmet, et per iuramentum ipse cum L. C. suis
bonis hominibus. SI vero infans hoc Placitum fregerit, sit periurus, et
traditor.
Factum fuit hoc
placitum apud Tudam in riva Minii sub Era Mª Cª LXXCª IIIIº Nonas julii. Hoc
placitum fuit factum in presentia Domni Pelagij Braccarensis Archiepi, et Domni
P. Secoviensis Epi, et Johannis Portugalensis Epi, et P. Tudensis Epi, et M.
Auriensis Episcopi.”[5]
Pola súa banda, o
profesor portugués José Antunes ofrece unha tradución ao portugués deste texto
latino medieval que tamén reproducimos:
Este é o pacto e
convenção que o infante de Portugal celebra com Afonso, imperador da Espanha e
que permanecerá para sempre. Em primeiro lugar, evidentemente, que seja seu bom
amigo e fiel, de boa fé e sem má intenção; garante-lhe segurança do seu corpo,
de tal modo que nem por si ou pelo seu conselho seja, em qualquer ocasião,
morto, ferido ou preso. E se outro homem infringir este compromisso que ele o
defenda, de boa vontade, como defenderia o seu próprio corpo e do seu filho que
muito ama.
Garante-lhe
igualmente a segurança da sua terra para que não a perca, nem ardilosamente a
liberte, quer por si, quer pelos seus homens. Porém, se alguém o atentar, que
de boa fé e sem qualquer má intenção o auxilie a defendê-la, a fim de a
reconquistar, como faria se fosse sua própria. Se, porém, algum rei dos
cristãos ou dos pagãos quiser invadir pela força a terra do imperador, que o
ajude a recuperá-la, de boa fé e sem má intenção, se nele procurar auxílio e
lho pedir.
Além disso,
garante-lhe a segurança de que este pacto e esta convenção, se manterá com os
filhos do imperador, evidentemente com aqueles que quiserem guardar e continuar
com este pacto e convenção.
Porém, se algum dos
homens do infante violar este pacto e convenção, que o infante o corrija, na
medida do possível, tal como louvará aqueles homens do infante e os do
imperador que quiserem estabelecer a paz e concórdia entre ambos.
Além disto,
garante-lhe também a segurança de que aquela honra que agora lhe dá a ele, e
dará, quer esteja irado ou em paz, em qualquer tempo que ele quiser, lha preste
a ele ou a seu filho, de boa fé e sem má intenção. E assina o pacto, e com
juramento, ele próprio com 150 dos seus homens bons. Se, porém, o infante
infringir este pacto, seja considerado como perjuro e traidor.
Este pacto foi
celebrado em Tui na margem do Minho, em 4 de Julho de 1137. Este pacto foi
celebrado na presença de D. Paio Arcebispo de Braga, de D. Pedro bispo de
Segóvia, de D. João bispo do Porto, de D. Paio bispo de Tui e de D. Martinho
bispo de Orense.[6]
No estudo citado do
profesor Pinto, figuran as diversas consideracións que merece este Pacto de
Tui. Así para o grande especialista portugués deste período, José Mattoso, este
pacto ou tratado de Tui resulta unha típica homenaxe de vasalaxe por parte de
Afonso Henriques a Afonso VII, cunha natureza xurídica similar a un pacto
feudal. Unha liña interpretativa que xa fora apuntada pola medievalista Hilda
Grassotti, discípula de Sánchez Albornoz. Outros autores insisten que se trata
dun acordo bilateral, aínda que con certa inferioridade para Afonso Henriques,
desbotando o pacto ou recoñecemento de vasalaxe por parte do portucalense.
A propia ambigüidade
do texto, subliña Pinto, foi conscientemente procurada: o tratado será
sempre, na hermenêutica da banda larga autorizada pola redacçao ambígua das
suas cláusulas, uma coisa para os defensores do ponto de vista de Afonso VII e
outra diferente para os partidários da perspectiva adoptada por Afonso
Henriques[7].
O obxectivo deste
tratado tudense é acadar a pax: A Historia Compostelana refere o
tratado de Tui con o termo pax, na expressao “imperatorem pacem cum infante
formasse er magna dilectione viate sua”. Tamén a “Cronica Adefonso Imperatore”
e a “Chronica Gotorum” registram, respectivamente, “et facerunt pacem” e “Ut
pacem bonam firmarent”[8]
Pinto recolle os
argumentos de Rui de Azevedo que apunta a posibilidade de existir previamente
un acordo verbal logo elevado a escritura coa correspondente formalización. Por
último, quanto à forma, aceite a bilateralidade horizontal das partes e
preenchimento típico de uma materialidade jurídico-política que legitima a
Portugal como reino independente, os termos em que o acordo foi selenizado en
Tui levam a concluir que se trata de un tratado.
Cómpre lembrar que
Afonso Henriques non empregará o titulo de “rex” ata aproximadamente 1140, pois
ata daquela se denominaba como “comes” ou “dux” dunha terra, Portugal.
Unha das consecuencia
deste episodio é a doazón que o propio Afonso Henriques realizara ao ano seguinte,
en 1139, para compensar á sede tudense polo dano que causei a aquela igrexa[9].
Tamén en 1142 Afonso VII asinará un importante documento para a nosa cidade, do
que logo nos ocuparemos. Ambas decisión se inxiren nestas tensións e na procura
de apoios e alianzas.
O Pacto ou tratado de
Tui é, insistimos, un dos capítulos do proceso progresivo que leva ao recoñecemento
da independencia do reino portugués emprendida por Afonso Henriques. Un proceso
que terá un novo capítulo no encontro de Arcos de Valdevez, en 1140-41 e que se
consolidará definitivamente na Conferencia de Zamora, o 4 e 5 de outubro de
1143, onde a presenza dun legado pontificio, o cardeal Guido de Vico, é un
punto substancial. Ao aceptar este legado a vasalaxe directa de Afondo
Henriques ao Papa, como rei de Portugal, coa aquiescencia de Afonso VII,
significa un recoñecemento implícito por parte do emperador dun novo reino que
só ten ao Papa como instancia superior de poder.
Tamén en diversas
oportunidade se afirma que o Tratado ou Pacto de Tui marca a implantación da
fronteira, asi Suso Vila afirma: o tratado de Tui establece con
claridade a formación da fronteira política no río Miño entre Galicia e
Portugal, sinalando así que o percorrido final do río Miño (aprox. 70 km.)
forme a fronteira máis antiga de Europa. Neste senso remarcar que se formou
unha fronteira política que dividiría en dous metades simétricas o territorio
episcopal de Tui que non sería segregado definitivamente até a ratificación do
papa Eugenio IV en 1444[10]
Sen embargo, como
puidemos comprobar da lectura do tratado tudense en ningún epígrafe conservado
existe referencia algunha a implantación dun límite territorial ou fronteira
derivado deste acordo. A evidencia mais clara é que, ao pouco tempo, nos
inicios do ano 1141 Afonso Henriques tenta de novo conquistar Tui e Turonio
cunha expedición militar. Afonso VII, que estaba en Zamora, parte ao
seu encontro e, junto do Castelo de Pena da Rainha, em Abedin-Monçao, os dois
exércitos fican frente-a-frente. Mas nao ha batalha. A questao resolveu-se a
través de um bafordo, uma especie de duelo con natureza xurídica de Juizo de
Deus, conhecido como Bafordo de Valdevez (...) a derrota do campeao portugués
determinou a entrega dos castelos conquistados por Afonso Henriques a Norte do
Minho. Por tanto non é posible afirmar esta implantación ou deseño da
fronteira estable dende o Pacto de Tui en 1137[11]
Haberá que agardar a
1143 para que Afonso Henriques renuncie explicitamente as súas pretensións
estratéxicas sobre o territorio galego e máis concretamente as terras tudenses.
En 1143 a aristocracia portuense, maiores natu Portugalensium, reunidos
en Cúria recoméndanlle facer as paces co seu curmá, Afonso VII, renunciando
pois á pretensión territorial no norte e dirixir a súa atención ao sur, á
fronteira co Islam. E asi na conferencia de Zamora, en outubro de 1143,
establecese a paz entre ambos, e as pretensións portucalenses sobre o
territorio tudense se dilatan no tempo, pero en 1169 Afonso Henriques ocupa de
novo o territorio tudense, con novas doazóns a favor do bispo. A derrota que
sofre en Cedofeita e Badaxoz serviralle ao novo monarca leonés, Fernando II,
para recuperar Tui e asentar, co documento asinado en Tui nas VIII kalendas
aprili , 24 de marzo de 1170, un novo ciclo na nosa cidade.
Finalmente, este
Pacto de Tui é un dos aspectos das dinámicas sociais que vivía a cidade
tudense, que recibirá diversas doazóns tanto por parte de Urraca como de
Tereixa que afirman o poderío territorial e xurisdicional do bispo ao que se suma
o monopolio da pesca fluvial e o transporte de persoas e mercadorías no porto tudense.
Afonso VII, dende que sucede a súa nai en 1126, continúa con esta política de
promover este enclave urbano, onde estaban xa iniciadas as obras da catedral.
Como sinala Fernando López Alsina[12], promove a construción
dunha torre que reforce as defensas tudenses e simbolice o poder rexio na
cidade. Esta denominada “Torre vella” suscita un debate na historiografía
tudense, López Alsina como vemos adscribe esta torre á iniciativa de Afonso VII
nunha razoable proposta, pola súa banda Ernesto Iglesias Alemida sinala que é
unha obra de Fernando II en 1179[13], namentres que Suso Vila
retrotrae a súa edificación ao ano 1126 pola condesa Tereixa de Portugal[14]
![]() |
Afonso VII promove
tamén o traslado da residencia episcopal onde esta torre, nas domus episcopi
na zona da Oliveira, establecendo o bispo Paio (1131-1156) unha canónica onde
os cóengos poidan desenvolver a súa vida común e que xa está operativa en 1138.
Será nun importante
documento datado en1142 cando Afonso VII ratifique os dereitos da igrexa
tudense, confirmando o señorío episcopal sobre a cidade e o seu territorio,
ratificando as concesión anteriores e cedendo a chamada “Torre vella” levantada
na Oliveira ao bispo, ao que desta forma implica tamén na defensa da cidade. Conclúe
López Alsina: el objetivo final es la defensa del reino, es decir, para
Alfonso VII la concesión de amplísimas facultades señoriales al obispo de Tui
sobre la ciudad y su fortaleza era una buena garantía de que el reino estará
protegido en esta parte de la frontera con Portugal. Hacía tan solo cinco años
que Alfonso Enríquez había ocupado la ciudad de Tui.[15]
Hai pois 884 anos que
a nosa cidade foi escenario da sinatura deste acordo. Descoñecemos o lugar da
sinatura deste acordo que contou coa presenza de diversos prelados como
testemuñas do acordo e unha ampla comitiva que acompañaría a cada asinante. No
ano 1137 a Catedral tudense posiblemente tivese xa completada a súa cabeceira e
cruceiro románico e posiblemente a torre das campás. Estaba, por tanto, xa con
uso litúrxico nos espazos habilitados ao efecto na ábsida do templo aínda que a
Catedral continuaba no suburbio da cidade na igrexa de San
Bartolomeu, que desempeñaba estas funcións dende 1067 cando o rei García
restablece a diocese tudense co bispo Xurxo. Outros espazos existente daquela
eran a igrexa de Santa María de Oliveira e inmediata a ela a “domus”
episcopal e a canónica que en 1138 xa estaban en uso.
Este serían os lugares,
no que Suso Vila denomina “burgo vello” na zona entre a Oliveira e a
Catedral, onde previsiblemente se desenvolverían as cerimonias de sinatura do
acordo entre Afonso VII e Afonso Henriques no que participarían os bispos
asinantes do pacto e as respectiva comitivas que os acompañaban.
O Pacto ou Tratado de
Tui do ano 1137 máis aló da súa transcendencia, como xa apuntabamos
anteriormente, magnificada por diversos autores, é un episodio na evolución
política do reino de León e Castela ou do condado de Porto no seu devir como
reino, pero evidencia unha continuidade histórica no papel que xoga o
territorio tudense, e moi especialmente a cidade de Tui, como gonzo ou bisagra
entre as terras ao Norte de sur do río Miño, entre Galicia e Portugal.
A celebración desta
efeméride, realizada co pulo do anterior alcalde, Carlos Vázquez Padín, máis aló do contido concreto do evento que non é obxecto deste post,
reúne a valorización dos dous principais recursos que posúe a nosa cidade para
o seu desenvolvemento: o seu patrimonio e historia e a súa posición
estratéxica, tanto xeográfica como socio-cultural, entre Galicia e Portugal. En
consecuencia, a lembranza deste Pacto de Tui pode contribuír moi eficazmente a
recuperar un capítulo da nosa historia, como comunidade local pero tamén como
galegos e portugueses, e a posicionar a Tui como punto clave da relacións entre
ambos países.
[1] Rodríguez
Vázquez, C. Javier: Pacto de Tui. 4 de xullo de 1137. Un acontecemento
histórico.Tui, Levada libre, 2018. 24 pp.
[2] Villares, Ramón: A Historia.
Biblioteca Básica da Cultura Galega, 2. Vigo, Editorial Galaxia,
1984, pp. 83-84
[3]
Pinto, Eduardo Vera-Cruz. “Os tratados inter-hispânicos na formaçao de Portugal
como reino independiente” en Encuentros y desencuentros ibéricos – Tratados
hispano-portugueses desde la Edad Media. Chaves Ferreira – Publicaóes SA –
Lunwerg Editores, 1ª edición, 2006, pp. 23-34
[5]
Escalona, R.: Historia del Real monasterio de Sahagún, sacada de la que dexó
escrita el Padre maestro Fr. Joseph Pérez, Catedrático de Lenguas y de
Matemática de la Universidad de Salamanca, Madrid, 1782, escritura CLXI,
cax, 21, leg. 4.n.14. tomado de Vila, Suso: Informe Histórico.Tratado de Tui
1137. Concello de Tui, 2017. Accesibe unicamente na web: https://tui.gal/sites/default/files/documentos/concello-de-tui-informe-historico-pacto-de-tui.pdf.
Consultado 01.08.2021.
[6] Antunes, José: “A versão portuguesa
do “Tratado” de Tui (1137). Uma interpretação diferente da de Paulo Merêa e de
outros historiadores”. 2º. Congresso histórico de Guimarães, Actas do
congresso, Vol. 4, Sociedade, administração, cultura e igreja em Portugal no
séc. XII, pp. 36-37, Ed. Câmara Municipal de Guimarães e Universidade do
Minho, Guimarães, 1996.
[7] Pinto.
Op. Cit. P.30
[8] Pinto.
Op. Cit. P.31
[9] Vila, Suso: A cidade de Tui
durante a Baixa Idade Media. Toxosoutos, 2009, p. 31. Outros moitos autores recollen esta doazón
da vila de Vinea.
[10] Vila, Suso: Informe… Op. Cit.
[11] O propio Suso Vila neste informe
nun paragrafo posterior sinala: As reivindicacións territoriais de Afonso
Henriques sobre Tui non remataría coa Paz de 1137. En 1140 ocupa de novo a
cidade aproveitando que Afonso VII estaba en campaña na conquista do castelo de
Oreja (1139). Se hai reclamación territorial é que a fronteira non esta fixada
ou asumida.
[12] “López
Alsina, Fernando: “La cristalización de Tui como espacio de poder señorial
entre 1095 y 1157” en Tui. Presente, pasado y futuro. I Coloquio de Historia
de Tui, 2004. Pontevedra, Deputación Provincial, 2006, p. 87.
[13] Iglesias
Almeida, Ernesto: 2000 años de historia tudense. Tui, 2012, p. 59
[14] Vila, Suso: Tui e Valença nos séculos
XI a XV, os acontecementos históricos, sociais, artísticos e económicos. Tui,
2001, p.13.
[15] Op. Cit.
P. 91.
Comentarios
Publicar un comentario