jueves, 28 de julio de 2011

De novo “sesión continua” co Teatro Principal


De novo o Teatro Principal de Tui recupera actualidade coa decisión da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non iniciar o expediente para a súa declaración como “Ben de Interese Cultural” ao estimar que non posúe o valor preciso para ser merecente de dita declaración. Remite a súa protección ao vindeiro Plan Especial do Conxunto Histórico tudense, actualmente en redacción, e a súa inclusión no ámbito do conxunto histórico de Tui, declarado BIC dende 1968.
Unha lamentable noticia pero moi previsible. Xa dende este blogue comentamos no seu momento que as “instruccións” da Consellería de Cultura, dirixida daquela pola nacionalista Anxela Bugallo, á Fundación Teatro Principal de Tui para que solicitase a incoación do expediente de declaración como BIC do inmoble non era máis que unha típica manobra “política” para adiar un problema. A xustificación de que era precisa a súa condición de BIC para acceder aos fondos do 1% Cultural ou a outros financiamentos para a súa rehabilitación non era crible, pois moitos outros monumentos que carecían desta consideración accederan sen problema algún a estas axudas.
Diciamos en abril de 2010: Sen embargo, tanto ten; sexa BIC ou non sexa BIC, resulta sorprendente –por non empregar outras palabras- que o edificio segue a desmoronarse sen que ninguén tome cartas no asunto, pois estamos diante dun caso de ruína nun edificio histórico enclavado nun BIC. Tamén é necesario clarexar que non é imprescindible esta declaración para acometer a súa rehabilitación, que axudaría sen dúbida, pero non é un requirimento necesario para investir no edificio.
Tres anos perdidos por mor deste “engano”. Ata o punto que os responsables da Consellería que reclamaron aquela solicitude non foron capaces nin de incoar o expediente deixando o tema en mans do novo goberno de Galicia, que tamén demorou en exceso a súa decisión.
Este anos perdidos lograron unicamente que o deterioro e proceso de ruina do Teatro Principal tudense sexa case irreversible. Especialmente porque medrou por culpa destes alongados procesos unha indiferencia social que contrasta coa mobilización que existiu no seu momento e que desembocou na constitución da Fundación e meritoria adquisición do edificio. Un gromo de esperanza, esperemos que non ritual, foi que nos programas electorais das candidaturas que se presentaron en Tui nas recentes eleccións municipais todos levaban o tema da recuperación deste Teatro nos seus programas.
A referida Resolución da Xunta de Galicia –recorrida polo Concello de Tui, aínda que con poucas posibilidades de éxito, e sorprendentemente non recorrida pola Fundación- coloca de novo o tema onde sempre estivo. Cómpre financiamento para esta obra coa agravante de que progresivo proceso de ruína do edificio ten incrementado de xeito notable o orzamento dunha posible rehabilitación, espero que non ata o punto de considerar xa inviable esta obra. Unha intervención da que, ao parecer, se carece dunha valoración aproximada e non digamos xa dun proxecto que presentar a unha convocatoria de fondos.
Neste tema, é preciso clarexar que o sempre citado 1% Cultural non adoita a asumir investimentos de tanta entidade como o que esixe a rehabilitación do Teatro Principal tudense, pois as candidaturas presentadas son moi numerosas e os fondos cada vez máis limitados. Non esquezamos que este 1% procede dos orzamentos de obras públicas que superen os 600.000 euros e a crise actual ten reducido substancialmente estes investimentos que concede unha comisión mixta dos Ministerios de Fomento e Cultura.
Sen embargo, para Tui a recuperación do Teatro Municipal é un símbolo irrenunciable da nosa preocupación e sensibilidade polo noso patrimonio, é un auténtico termómetro do grado de inquietude pola conservación do noso conxunto patrimonial.
Na sensibilidade da Fundación Teatro Principal e do novo goberno municipal tudense e na habilidade de ambos para lograr o financiamento está unha parte da serodia resolución deste tema, pero será a presión da sociedade tudense a que determine o final deste proceso, pois xa é por descontado que en breve o Teatro será cedido ao Concello quen terá de asumir plenamente a responsabilidade deste tema.
Un proceso que semella xa unha daquelas películas de sesión continúa que repetían nas tardes dos domingos na última etapa deste Teatro como salón cinematográfico. Tanto tiña onde comezabas o visionado da película pois logo repetíase. Tamén o proceso da rehabilitación  do Teatro volta sempre ao mesmo lugar, é unha sesión continua que ata agora leva a ningures.

3 comentarios:

  1. Es una vergüenza increíble el estado en que está el Teatro Principal desde hace tantísimos años. Pero, visto el agujero inmenso que hay en el tejado, ¿queda todavía dentro algo que se pueda salvar?
    Enhorabuena por el blog. Un tudense en la distancia.

    ResponderEliminar
  2. Son un pontevedrés amante de Tui, cada vez que visito a vosa cidade sinto vergoña polo abandono das murallas, zona vella e especialmente pola desfeita do teatro principal, unha preciosa obra que compre rehabilitar.
    Unha aperta e parabens dun galego que chora pola incultura que esta esmagando o noso patrimonio nacional galego.

    ResponderEliminar
  3. José Antonio Quiroga Quiroga13 de agosto de 2011, 20:43

    Efectivamente, estimado Rafael, el proceso de recuperación del Teatro Principal se parece a una programación en sesión continua, aunque las películas proyectadas tienen un principio y un fin, normalmente feliz. Diría, pues, para ser más preciso, que se asemeja más al mito de Sísifo. Y no es la fuerza de gravedad la que opera en contra, aunque se deja notar en el inmueble, sino la Administración en general (Diputación y Xunta): igual de obstinada y eficaz. Quedó demostrado que la acción de gobierno de los distintos partidos en este asunto ha sido igual de negativa. Cabe exceptuar al Ayuntamiento de Tui en el tramo final del mandato del Sr. Rocha, que mostró cierta apertura y acercamiento al problema.
    Como mencionas a la titular de la Consellería de Cultura, Anxela Bugallo, valgan los apuntes siguientes para reflejar su proceder con la Fundación: “extravío” de un dossier entregado a la Delegada de Cultura en Vigo; entrevista frustrada con el Director General de Cultura, que obvió el compromiso contraído con la Fundación y nos derivó al Director Xeral de Patrimonio, Felipe Arias, a quién le entregamos documentación y le expusimos el deseo de que se iniciase el expediente de BIC para el Teatro Principal; dos cartas dirigidas a la conselleira que no merecieron siquiera el acuse de recibo; y ausencia de respuesta alguna a la solicitud de BIC.
    Lamento, Rafael, tener que contradecirte en cuanto que la calificación de BIC es requisito indispensable a todo patrimonio mueble o inmueble para poder acogerse a la financiación del 1% Cultural, conforme a lo expresado por el Subdirector General de Teatro, don Fernando Cerón Sánchez-Puelles a los representantes de la Fundación ( secretaria y presidente), en una entrevista concedida en el Ministerio de Cultura; como también acerca de la afirmación de que el 1% Cultural no acostumbra a asumir inversiones de la magnitud que exige la rehabilitación del Teatro Principal de Tui, porque no se ajusta a los hechos, ya que dispongo de un libro editado por los Ministerios de Fomento y Cultura que recoge más de ochenta teatros rehabilitados en España mediante esta vía de financiación. Te aseguro que un buen número de ellos triplican la dimensión del de Tui. Concuerdo en que, afortunadamente, existen otras fuentes de financiación para acometer la rehabilitación del Teatro, a las que habrá que recurrir.
    Comprendo que pueda sorprender que la Fundación no haya recurrido la Resolución de la Consellería de Cultura de la Xunta de no estimar BIC al Teatro Principal, pero el desarrollo de los acontecimientos nos han hecho ver que sería en vano. Me explico: la Fundación recabó, a tal fin, el apoyo de las instituciones siguientes: Real Academia Galega; Consello da Cultura Galega; Facultade de Xeografía e Historia; y Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, aunque sólo llegó a tiempo el escrito firmado por Méndez Ferrín; además la Fundación se desplazó a Santiago para entrevistarse con la Subdirectora de Patrimonio Cultural, responsable de la tramitación de expedientes BIC, al objeto de conocer el estado del expediente. Durante la entrevista, tanto la Subdirectora como la arquitecto que informaba el expediente, nos han hecho ver con argumentos de distinta índole la imposibilidad de otorgar la catalogación de BIC.
    Te agradecemos, estimado Rafael, el interés demostrado en tu escrito por recuperar el Teatro Principal,

    Un abrazo,


    José Antonio Quiroga Quiroga
    (Presidente de la Fundación)

    ResponderEliminar