Ir al contenido principal

As cidades fortificadas da fronteira hispano-lusa buscan presentar a súa candidatura á Patrimonio da Humanidade


Informa hoxe “La Voz de Galicia” que cinco municipios portugueses Valença, Almeida, Marvâo, Estremoz e Elvas teñen logrado o apoio do goberno portugués para presentar unha candidatura das fortalezas abaluartadas da fronteira hispano-lusa a patrimonio da humanidade e que queren incluir a outros enclaves españoles, especialmente a Tui, nesta candidatura. Así está previsto presentar no cumio ministerial de España e Portugal no vindeiro outono esta proposta que ten de ser presentada polos gobernos do Estado diante da Unesco.
A noticia podese consultar en:
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/05/26/0003_7742155.htm
Fica moito por coñecer respecto desta proposta, mesmo a que categoria pretenden optar, as condiciós requeridas, etc. Pero certamente é unha feliz iniciativa que suscita interese e esperanza. Xa falaremos de vagar sobre este tema cando vaiamos coñecendo o seu contido.

Polo de agora como na edición dixital de “La Voz de Galicia” non aparece publicado, reproduzco de seguido o artigo de opinión da miña autoria que publica hoxe “La Voz” ao lado da noticia desta candidatura.

Ponte entre Galicia e Portugal

A candidatura do entramado fronteirizo de España e Portugal a Patrimonio da Humanidade é unha excelente noticia para Tui e Valença. Cabe lembrar hoxe que ambas cidades coa súa proposta de declaración conxunta, de hai máis dunha década, abriron un camiño que hoxe cubre unha nova etapa abranguendo, agora, a toda a raia peninsular.
Tui neste tema ocupa unha posición emblemática pois foi nesta cidade onde a “independencia” portuguesa foi confirmada no “Pacto de Tui” (1137) co conseguinte establecemento da fronteira. Pero tamén foi Tui quen primeiro acolleu unha ponte (metálica, neste caso), en 1886, para superar esta fronteira. Tui conserva, na actualidade, a única muralla medieval desta raia fronteriza galega e boa parte do entramado da fortaleza de época moderna. Para Tui esta candidatura impulsa a sua vocación de “ponte” entre Galicia e Portugal, consustancial a súa propia identidade e unha oportunidade de desenvolvemento. É unha ocasión óptima para afondar na protección e valorización do se conxunto monumental, xurdido, en boa medida, como froito desta condición fronteiriza. Confiemos que nesta nova “empresa”, a nosa cidade e as nosas autoridades poidan participar intensamente e non asistamos como convidados de pedra, como sucedeu, por exemplo, no caso do programa “Fortrans”, impulsado pola Consellería de Cultura, que non realizou ningunha intervención no patrimonio militar tudense e mesmo escolleu como lugar para a creación do “Centro de interpretación das fortalezas do Baixo Miño” ao Castelo de Santa Cruz, na vila da Guarda, cando históricamente foi a cidade de Tui o núcleo rector deste entramado defensivo de fortalezas, alterando a realidade histórica. Noraboa pois á nosa cidade por esta candidatura pero que, ao tempo, urxe con máis forza a que Tui impulse unha actividade de conservación e posta en valor do seu patrimonio para non ficar alleo a esta nova oportunidade que se abre. O patrimonio cultural tudense é a nosa gran opción de desenvolvemento e progreso; propostas como esta candidatura nos apremian a pular, con decisión, polo noso patrimonio.
Rafael Sánchez Bargiela

Comentarios

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis