Ir al contenido principal

Unha cita unamuniana sobre Tui

Unha das frases máis clásicas sobre a nosa cidade, que abofé todos os tudenses coñecen, é de Miguel de Unamuno que afirmou que Tui é un “espléndido balcón abierto a un paraíso terrenal”. Hai xa anos que estaba de moda colocar pegatinas nos coches, moitos tudenses instalaron nos seus vehículos unha destas pegatinas promocionais con este mesmo slogan, como de seguro moitos lembran.


Achegamos hoxe o texto completo onde figura a expresa frase de Unamuno, unha das grandes figuras do pensamento e da literatura española do século XX. Miguel de Unamuno (Bilbao, 1864 – Salamanca, 1936) foi catedrático de grego e reitor da Universidade de Salamanca. Forma parte da chamada “Xeración do 98”, destacou como novelista con obras como “Niebla” (1914), “La tía Tula” (1921) ou “San Manuel Bueno Mártir” (1931), como poeta e, especialmente, como filósofo, centrando a súa preocupación no home, a súa liberdade, a súa relación coa morte asi como a relación entre fe e razón. Destacan especialmente os seus libros “Del sentimiento trágico de la vida en los hombres y en los pueblos” (1913) ou “La agonía del cristianismo” (1931).). Mantivo sempre unha activa posición política, derivada da súa constante reflexión sobre España que como señala o profesor J Marco le lleva a profundizar cada vez más en la verdad «intrahistórica» de España, una verdad que se revela en los animales, en los árboles, en el paisaje y en el pueblo, mucho más que en los acontecimientos políticos, siempre superficiales y traicioneros. Exemplo desta reflexión, moi propia da súa xeración, son dúas obras “Por tierras de Portugal y España” (1911) e “Andanzas y visiones españolas” (1922) que recollen as súas experiencias sobre visitas a diversos territorios españois, onde procura atopar unha identidade, unha resposta á crise que vivía naqueles anos España. Pero o obxecto deste post non é afondar na obra unamuniana senón contextualizar o breve escrito que no legou sobre a nosa cidade.

D. Miguel visitou en dúas oportunidades Galicia, deixando constancia literaria da súa estadía en sendas publicacións. A primeira destas visitas corresponde ao ano 1903 cando participa en Ourense no Congreso de Pedagoxía pronunciando unha conferencia achegándose logo ata a Coruña onde tamén ofrece unha nova charla no Círculo de Artesanos. Permanece varios días visitando lugares como Betanzos, Pontedeume, ou ás Torres de Meiras, convidado por Emilia Pardo Bazán, con quen manterá unha estreita amizade.

As impresións desta primeira viaxe e as conseguintes reflexións foron recollidas, xunto con relatos doutras partes da Península, no seu libro “Por tierras de Portugal y España” editado en 1911.

A segunda viaxe a Galicia, se produce en agosto de 1912 cando, xa como Reitor da Universidade de Salamanca, preside en Pontevedra os Xogos Florais o sábado 17 de agosto. Un certame que organiza, dentro do programa das festas da Peregrina, a Sociedade Recreo de Artesanos e que se celebran no Teatro Principal da cidade.

D. Miguel viaxa posiblemente dende Salamanca onde residía cara a Pontevedra. O xornal tudense La Integridad recolle no seu número do 16 de agosto de 1912 a seguinte nota na súa sección “A orillas del Miño” dedicada á actualidade local: Por la línea de Portugal llegó ayer a esta ciudad el ilustre Rector de la Universidad de Salamanca, Dr. Unamuno, que se dirige a Pontevedra con objeto de ser mantenedor de los Juegos Florales que en la capital de la provincia se celebran durante las fiestas de agosto.

En nombre de la sociedad pontevedresa Recreo de Artesanos, que organizó dichos juegos florales, saludó al Sr. Unamuno a su llegada a esta ciudad, por encargo del Recreo, el ilustrado médico D. Darío Álvarez Limeses, acompañado del cual visitó la Catedral y demás monumentos de la ciudad.

Hoy a mediodía en el tren rápido descendente siguió el Sr. Unamuno el viaje a la ciudad de Teucro.

Resulta curioso a pouca atención que o xornal tudense dedica a unha figura popular naquela altura como era Unamuno, pero as diferencias ideolóxicas entre “La Integridad” e o filósofo bilbaíno quedan patentes nos seguintes días, onde o correspondente de “La Integridad” en Pontevedra realiza ata tres artigos moi críticos co contido da intervención de Unamuno nos xogos florais de Pontevedra. Por tanto, non resulta estraño que o xornal tudense non lle concedera á visita do reitor de Salamanca maior relevancia que a breve nota que recollimos anteriormente.

O acompañante tudense de Miguel de Unamuno é o médico Darío Álvarez Limeses, natural de Pontevedra e que reside en Tui dende 1905 ao ocupar a praza de médico hixienista no concello tudense. Foi un destacado persoeiro da vida social da cidade, colaborador en diversos xornais, entre eles “La Integridad” na que foi redactor ao pouco da súa chegada a Tui, e que abandona para participar na creación do semanario “La Opinión”, xurdido como oposición ao xornal promovido por Mariano Ordoñez, “El Aloya”. Este semanario era propiedade do procurador Jesús Rivas Bugarín, contando con Manuel Cela como director e Darío Álvarez como redactor. Foi un semanario editado entre decembro de 1908 e febreiro de 1910. Darío Álvarez Limeses era xa en 1912 un destacado persoeiro tudense. As súas relacións familiares con Pontevedra, onde morrera no 1911 o seu pai Emilio Álvarez Gimenez, e onde residía o seu irma Xerardo Álvarez Limeses, están na orixe deste encargo de anfitrión de Unamuno na súa estadía tudense. Por mágoa carecemos doutras noticias sobre esta visita a Tui.

Tras a presenza nos Xogos Florais pontevedreses Unamuno percorrera diversos lugares da provincia, especialmente das Rías Baixas. As súas impresión foron recollidas nun artigo que publica no diario de Buenos Aires, “La Nación”, o 3 de novembro de 1912 co titulo “Junto a las Rías Bajas de Galicia”. Texto reproducido posteriormente no libro “ Andanzas y visiones españolas” editado en 1922 como el mesmo refire no prólogo desta obra:

Relatos de otras nuevas excursines por ciudades y campos también de españa. Los he ordeando por orden cronológico, ya que estos relatos fueron apareciendo en diarios de América – en La Nación de Buenos Aires, casi todos- o de España – en El Imparcial de Madrid- a medida que hacia las excursiones y recibía las visiones de que en ellos se habla.

Finalmente, o xornalista Ceferino de Blas recolle unha nova referencia á presenza de Miguel de Unamuno en terras galegas: Si nadie lo desmiente, la última visita fue visual, y en Vigo. El general Primo de Rivera, tras el golpe militar por el que se proclamó dictador, lo destierra a Fuerteventura. Tras ser amnistiado, Unamuno se exilia a Francia. Es cuando llega a Vigo, en el barco "Zeelandia", con el diputado Rodrigo Soriano. Era la víspera de la fiesta de Santiago de 1924, y al puerto acudieron diversos personajes vigueses. Soriano descendió a saludarlos, pero Unamuno se limitó a contemplarlos desde la proa. Unamuno permanecerá no exilio francés ata 1930 cando cae o réxime de Primo de Rivera.

Con estas breves notas podemos achegármonos agora o texto que referente ao territorio miñoto elabora Miguel de Unamuno con ocasión da súa viaxe e visita a Pontevedra e as Rías Baixas en agosto de 1912. Como poderemos comprobar a visión unamuniana excede o mero libro de viaxes e se adentra en reflexións de carácter identitario a través da paisaxe, do territorio, das xentes que o habitan:

Foto de Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886 - Madrid, 1975), 
Fototeca do Instituto de Patrimonio Histórico Español

Desde que hace ocho años visité una parte de Galicia – Orense y Coruña- ansiaba conocer el resto, y sobre todo la encantadora comarca de las rías bajas, de que se hacen lenguas cuantos la visitan. Y allá he tenido ocasión de ir en romería este verano.

Fue atravesando mi bien conocido Portugal, por las orillas del Duero asceta que corre en lecho de rocas y yendo a buscar luego las del Miño manso, que como una caricia lenta baja al mar, restregándose en la verdura de sus vegas.

La tierra toda del Miño, de un lado y otro de la ría por España y por Portugal, se abre a los ojos como una visión de ensueño que nos ata a la tierra. La he visto entre llovizna, recibiendo resignado el jugo fecundo de las nubes, y es como mejor sentimos su significación íntima toda. Es un paisaje carnal y crepuscular a la vez y, si me es permitido decirlo, más musical que pictórico. Los montes del horizonte languidecen entre neblinas. Por dondequiera el verdor vela el esqueleto rocoso de la tierra, que acá, en esta ósea Castilla, soma por dondequiera sus juanetes.

Recordaba aquella magnifica descripción de la tierra y el hombre del Miño que Oliveira Martins nos dejó en la descripción de Portugal con que su Historia de Portugal se abre.

Alli nos habla de esa tierra donde pulula el hombre, donde el cultivo es más hortícola que agrícola; de aquellos “campos pequeñitos, circundados por pequeñitos valles, orlados de robles pigmeos, recortados, de donde cuelgan los racimos de las uvas verde”. Y añade “Bajo un cielo nublado casi siempre, pisando un suelo casi siempre encharcado, encerrado en un valle repleto de maíz, dominado en torno por florestas de pinos sombríos, sin aire vivificante, ni abundante luz, ni largos horizontes, el hormiguero de los miñotos, no pudiendo despegarse de la tierra, como que se confunde con ella, y con sus bueyes, sus arados y sus azadas, forma un todo de donde no se yergue una voz de independencia moral, aunque a menudo se levante el grito de la resistencia utilitaria.”

Pero esto que dice Oliveira Martíns se aplica al Miño portugués mucho mejor que al gallego. Porque un poco más arriba de él se abren las rías. Y vista la campiña desde Tuy mismo, desde la torre de su catedral-fortaleza, que es un esplendido balcón abierto a un paraíso terrenal, no puede decirse que el valle sea pequeño, ni que falten largos horizontes, aunque no, ¡claro está!, los de Castilla. Los canónigos de Tuy, atravesando el paseo de las acacias, se van a sentar en unos bancos que dan a la vega, y mientras reposan la vista, no sé si fatigada de leer salmos, en el verdor de la campiña, comentarán chismes de cabildo o murmurarán del obispo, como es regla.

Dejando a los buenos tudenses en su nido y recordando a un fantástico hijo de esa ciudad que me amenizó no pocas horas con sus ocurrencias y murió de cónsul de España en Casablanca, empecé a cruzar la provincia camino de la capital. La provincia de Pontevedra es, en rigor, la de mayor densidad de población de toda España, pues si Vizcaya le supera en las estadísticas, se debe a su capital, Bilbao, y a los pueblos febriles de ambas márgenes del Nervión. Pero el campo en ninguna parte está más poblado que en esta provincia de Pontevedra, marítima y agrícola.

Foto de Otto Wunderlich (Stuttgart, 1886 - Madrid, 1975), 
Fototeca do Instituto de Patrimonio Histórico Español

Viven como las ranas, cual encharcados, respirando humedad. Y cuando quieren secarse los huesos -condición para que el gallego haga carrera en el mundo- o suben a secárselos a la meseta castellana o cruzan el mar en busca de fortuna a América. En un caso suele llegar a ministro y cacique máximo, en el otro a millonario.

Salamanca, octubre de 1912

El Pueblo Gallego, 10 de marzo de 1931, visita de alumnos da Escola de Comercio de Vigo á Catedral de Tui

Gracias ao amigo Carlos Pérez-Fonterosa Antón pola súa colaboración para reproducir a pegatina coa frase de Unamuno, convertida en slogan turístico de Tui durante moitos anos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...