Ir al contenido principal

Finou o violinista Francisco Comesaña Concheiro


Francisco Javier Comesaña estudara no Conservatorio Nacional de Méxíco cos profesores Luis Sosa, Luz Vemova e Vladimír Vulfman Foi bolseiro para cursar os seus estudos superiores co mestre Igor Bezrodny no Conservatorio Tchaikowsky de Moscú, onde graduouse coas máximas calificacións e recibiu o grado académico de "Magister de Artes". Asistiu como bolseiro durante dous anos consecutivos ao curso de "Música de Compostela".


Dende 1974 ata 2003 foi profesor da Orquestra Sinfónica de Radiotelevisión Española. Os profesores de dita agrupación outorgáronlle en 1977 o Premio Solista.


Ten actuado como solista con diferentes orquestras en España. México, Canadá e Rusia, entre elas a Orquesta Sinfónica de RTVE. Sinfónica de Galicia, Sinfónica de Vancouver. Filarmónica de Minsk e Orquestra Filarmóníca da UNAM, baixo a dirección dos mestres Odón Alonso, Sergiu Comissiona, Cristóbal Halffter, Luis Aguirre. Emest Martínez Izquierdo. Enrique García Asensio, Arturo Tamayo y Enrique Batiz Ten participado, entre outros, nos Festivais de Alicante. Santiago de Compostela, Granada, Vancouver, Oxzrid e Tronheim.


Estrenou en España o Concerto no 2 de Shostakovich e a Sonata deste mesmo autor, asi coma o Condeno n° 4 de A. Schnittke e o Offertorium de Sofia Gubaidulina. Estreou o concerto para flauta e sexteto de Cristóbal Halffter en presenza das SS MM os Reis de España, tocando cos Stradivarius da colección do Palacio Real.


Membro fundador do Cuarteto Hispánico "Numen", co que actuou nos máis destacados centros musicais e gravou para RNE, BBX, WDR, e integrante do ensemble "Zarabanda", para a interpretación de música antiga.


Profesor de violin e conxunto instrumental no Conservatorio Superior P.A Soler de San Lorenzo de El Escorial e no Conservatorio Profesional de Ferraz en Madrid. Fundador e presidente da sección española da European String Teacher's Association.


Co dúo de violins Kotliarskaya-Comesaña estrenou e difundiu en España obras de Luciano Berio, A. Scllnittke, A. Peterson, M. Bleuse, H. Saeverud, J. Pich Santasusana, Ramón Alis, Miguel Angel Samperio, Ramón Barce, J.C Martínez Fontana, José Luis Turina e Tomás Marco. Estrenou tamén en España o Concerto n.c 3 de Alfred Schnittke coa Orquestra Sinfónica Portuguesa no Festival de Música Contemporánea de Alicante e o estreno absoluto do Concerto para dúo de violins e orquestra de Agustín González Acilu coa Orquestra Pablo Sarasate de Pamplona así como o concerto para violín "Camiños do firmamento" de Manuel Balboa.

Actuou como solista con diferentes orquestras en España, México, Canadá e Rusia, entre elas a Orquestra Sinfónica de la Radiotelevisión Española, Orquestra Filarmónica da Universidad Nacional de México, Sinfónica de Galicia e Orquestra Sinfónica Portuguesa.


Fillo do médico tudense Francisco Comesaña Rendo e de “Chonchiña” Concheiro creou a Fundación Francisco Comesaña que durante varios anos, xunto á súa filla Ana -que herdou dos seus pais a arte musical- organizou en Tui un curso de música no verán con varios concertos no seu programa que aínda é lembrado polos moitos tudenses que ateigaban as sesións musicais. Aquela iniciativa, prematura e infelizmente fenecida, testemuña a súa intima relación con Tui, onde dende o pasado domingo repousan os seus restos, logo do seu pasamento en San Lorenzo del Escorial.


Esta liñas realizadas tomando datos de diversas páxinas web son únicamente unha lembranza na memoria deste músico tudense, pois aínda que naceu no exilio mexicano, sempre e, sobre todo, dende a volta dos seus pais ás terras de Tui,conservou esta condición con querencia á terra dos seus ancestros.

Comentarios

  1. jose manuel iglesias:Bueno,generoso,simpatico.Un abrazo

    ResponderEliminar
  2. Para Chonchiña que está en México vai o meu corazón. Túa sobriña Cruz
    agarda volver a verte pronto.

    ResponderEliminar
  3. Gracias por el cariño. Un abrazo

    ResponderEliminar
  4. Rosalía Martínez Molina10 de junio de 2011, 0:51

    O universo da música, en especial o mundo da corda quedou orfa sen tí Francisco. A túa cidade ten unha débeda contigo por todo o que aportaches na nosa cultura. Sen dúbida foches,eres e serás un referente a seguir para moitas persoas que comparten as mesmas sensibilidades que tí transmitías. Non te esquencemos. Unha perta para a familia.
    Mai Chonchiña, querémoste.
    Ata pronto!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas t…

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada na nosa…