Ir al contenido principal

Hoxe centenario do nacemento de Don Basilio


Don Basilio González Domínguez, “Don Basilio” como é coñecido polos tudenses, é unha das personalidades que ten deixado entre as xentes desta vella cidade unha pegada máis perdurable e unha lembranza á que recurrimos especialmente cando nos achegamos ás nosas festas patronais.

Cúmprense agora o centenario do nacemento deste egrexio fillo de Santa Comba de Ribadelouro onde naceu o 14 de abril de 1911. Ingresa no seminario tudense no ano 1922 sendo ordenado presbítero o 23 de decembro de 1933.

Xa cando cursaba teoloxía obtivo o primeiro premio nun certame celebrado arredor da figura de San Agostiño e gracias a súa habelencia literaria acadou, naqueles tempos, novos galardóns con poemas titulados “La Maternidad de la Virgen y el Concilio de Éfeso”, “San Agustín y el Niño” ou “Acenémoslle coa mán”.

Ao longo da súa dilatada traxectoria coma sacerdote desempeñou os seguintes cargos sempre vencellados á cidade de Tui, onde residía:

- Capelán do Hospital

- Profesor do Seminario

- Capelán dos Irmáns Maristas

- Coadxutor na Parroquia de Tui

- Director Espiritual do Seminario

- Cóengo Maxistral da Catedral tudense dende 1950 ata o ano 1981 en que renuncia pasando á condición de cóengo honorario

- Profesor de Relixión no Instituto San Paio

Gozaba de grande sona coma predicador e dunha insaciable inquietude intelectual, posuíndo grande coñecemento en materias como medicina –chegando a exercer mesmo como “curandeiro” en numerosas oportunidades-, antropoloxía, socioloxía rural e, especialmente, en historia local onde era recoñecida a súa erudición.

Curiosamente Don Basilio, que compartía con todos os seus coñecementos, non chegou a publicar máis que dúas obras “Quince lecciones de geografia e historia diocesana” e unha pequena biografía sobre San Telmo editada pola Confraría tudense en 1995: “Biografía ascética de San Pedro González Telmo”, reeditada en 2002.

Era unha persona sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre misturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña lembranza non acada tanto), cun crucifixo pendurado no manillar e detrás a súa cana de pesca, encamiñábase cara a Ribadelouro, tomándose unha parada nas ribeiras do Louro –cando aínda era posible- ou do San Simón para tentar sorte na pesca.

Don Basilio foi en varias oportunidades pregoeiro das festas de San Telmo, por quen sentía grande devoción; posiblemente en 1956 foi o autor dun pregón titulado “Oid, oid, oid....” que Aquilino G. Santiso lle atribúe, como ocorre no ano 1962, e finalmente leu o pregón no ano 1975 ao que corresponde a seguinte cita:

Existen también hombres célebres que, además de un extraordinario dinamismo humano, pusieron a funcionar un amor extraordinario y sobrehumano a Dios y a los prójimos. Este tipo de amor tiene un nombre. Es el de amor de Caridad, cuya donación pertenece, en exclusiva a Dios. San Pedro González Telmo, Patrono de la Ciudad y de la Diócesis de Tuy-Vigo, está encasillado en este segundo grupo de hombres célebres (...) San Telmo ayudó a salvar cristianamente a los tudenses y simultáneamente fue un “lider” que resolvió las conflictivas situaciones laborales de los hombres de mar y tierra adentro de aquella Galicia marinera, boscosa y labradora (...) Los terremotos y epidemias mortales movilizaron, muchísimas veces, a los tudenses para recurrir con éxito a San Telmo, el de la Promesa. Ahora estamos constatando el seísmo del comercio, de Aduanas y de las industrias. ¡Tremebundos seísmos! Son apuros que estremecen a tantas familias que necesitan puestos de trabajo para vivir.

El Pregón de este año lleva una intención clara. Hablemos con San Telmo –pensar no es hablar- para que él hable con Dios a favor de nuestra crítica situación. ¡Una Promesa por medio y una decisión individual y también colectiva en el otro extremos!. Y, como glosa diagnosticadora, el refrán galaico-portugués referente a los años agrícolas y al vivir cristiano: Os anos e a Fe nos frutos se ve”

Remateremos esta breve evocación cunha adiviña composta polo odontólogo tudense Jaime Fonseca dedicada a D. Basilio, no que acerta na súa descrición:

Vai depresa,

Vai fumando,

Está na iglesia

Ou está pescando

¿Quen é?

Don Basilio González Domínguez morreu o 25 de abril de 1985.



Rafael Sánchez Bargiela

Publicado no "Libro Festas de San Telmo 2011"

Comentarios

  1. Grato recordo o que teño de don Basilio nos meus anos de bacharelato no instituto. Aqueles dedos amarelos... aquel "don" que tiña de darnos calambre poñéndonos os dedos nos cóbados cando non estabamos ao noso (mira que o teño intentando e non o dou imitado). Si, realmente foi un home extraordinario que o teño na memoria entre os meus seres predilectos.
    Gracias por este agarimoso recordo de don Basilio
    Antón (A Guarda)

    ResponderEliminar
  2. Bos días amicus:
    Era/es Don basilio una figura legendaria entre los estudiantes y vecinos de Tui y de Santa Comba de Ribadelouro, además de otros muchos lugares. Recordar sus clases magistrales siendo canónigo, su viejo velocípedo como él gustaba pronunciar; más tarde una Mobilette que de sucia que estaba tenía un color naranja/azul de fondo...A ella una caña siempre pegada.
    Desbordaba su gran empatía con la gente y principalmente con la rapacería que lo admiraba por lo pacienzudo y docto que era.
    Su mejor(para nosotros) frase era: .- "Los animales también tienen alma, pero, ésta a diferencia de la de los hombres muere con ella, no va al Cielo". Era alucinante su conclusión ecoantropológica y un tanto materialista.
    Como detalle recordar su petición a acompañarlo a una sesión de espiritismo a la cual estaba invitado. Aquí comenzó nuestra conversión a la búsqueda de la verdad y de todo lo que en este mundo hay de cierto y no de leyenda y/o sobrenatural. Solía decir que todo tenía explicación que, incluso los milagros ,tarde o temprano se sabrían y que doctores tenía la Iglesia para decir la verdad. En la sesión no tardó mucho en salir a relucir su capacidad rebelde y desmontar el fraude o entuerto (además lo consiguió). Lo pasamos divertido y bajo su protección salimos como almas que "lleva el diablo"...veloces como chispas a tomarnos unos vinos en las tabernas del centro, unas tapas y a escuchar sus muchas anécdotas e historias...
    Buen hombre siempre, como pocos.
    Deica logo amicus.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Antón e "Beato Darzádegos" polos vosos comentarios de grande interese arredor da figura de D. Basilio.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas t…

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas.


Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodi…

O grupo "Ultreya" tudense (I)

A comezos do ano 1932 o daquela profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da nacionalismo entre a mocidade galega.
Alvaro de las Casas (Ourense, 1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras (especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco.
Pero en 1930 da un xiro a súa actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria ás veces …