Ir al contenido principal

Os inicios da Banda de Música de Tui (I)

Banda de Música de Tui, 1919  Foto do arquivo do Museo Diocesano de Tui

A música sempre estivo presente na historia da nosa cidade ao través principalmente da capela da Catedral que, co seu mestre ao frente, animaba as celebracións litúrxicas e era, ao tempo, unha escola ricaz de aprendizaje de numerosos mozos tudenses.
Xa que logo é comprensible que existisen xa no século XIX diversas agrupacións musicais ou bandas de música de afeccionados que participasen nas celebracións festivas da nosa cidade e animasen as festas das sociedades recreativas de Tui. Así coñecemos que dende mediados de século existía unha banda promovida pola Beneficencia da cidade, que desaparece nos últimos anos da década de 1870.
En torno ao ano 1880 o Concello tudense, presidido daquela por Hipólito Padín, na sua sesión ordinariua de 24 de febreiro acorda que “teniendo en cuenta la necesidad que se hace sentir de una banda de música en la población, ya que dejó de existir la que había de aficionados, y con el fin de evitar los cuantiosos gastos que demanda, buscándola fuera del distrito para las funciones que están a cargo de la municipalidad, por unanimidad se acordó aceptar en principio la creación de una banda municipal, comisionándose a los señores Presidente, Martínez, Curty y Perez-Cividanes para estudiar y proponer las bases sobre que aquella ha de girar”.
Como o tema resultaba apremiante na sesión do 13 de maio o Alcalde presenta unha proposta para consignar no “presupuesto próximo la cantidad de 1500 pesetas para la adquisición de instrumentos, que sin perder el carácter de propiedad del Municipio podrían entregarse a jóvenes que se someterían a un director al efecto nombrado, dotando este con la módica retribución de una peseta diaria con lo cual además de  la economía que el Ayuntamiento obtendría se consigue dar educación a los niños de Beneficiencia y otros de clases menesterosas de la población”. Os concelleiros aceptan a proposta presidencial e designan unha comisión integrada polos señores Morais e Pérez Cividanes para a redacción do regulamento da banda de música municipal. Bases presentadas ao Pleno do 15 de xuño onde se someten a información dos concelleiros.
A aprobación definitiva chegará o 29 de xuño de 1880, cunha única modificación “de que el importe de los instrumentos que se entreguen ha de descontarse por los interesados por cuenta de los productos de las funciones a cuyo efecto éstos serán depositados en poder de la Comisión, quien hará trimestralmente la liquidación, distribución y deduciones de acuerdo con el director”. As importantes dificultades económicas que padecía o Concello tudense por aqueles anos pasan factura nas decisións dos responsables municipais.
 “En seguida se procedió al nombramiento de la persona que ha desempeñar este cargo (dirección) y por unanimidad fue elegido D. Severiano Castillo de esta ciudad”. Contrato que demorou algún tempo en formalizarse, pois na sesión plenaria do 22 de setembro se urxe a súa contratación.
O señor Castillo xa debia realizar funcións similares noutras agrupacións musicais pois na sesión plenaria do 15 de agosto, apróbase o pago de “sesenta pesetas a Severiano Castillo por la orquesta con que fue obsequiado a su llegada el Senador Sr. Cuenca”, don Lourenzo quen tanto traballou pola construcción da ponte internacional e que dalle nome oficial á popular “Rúa de Abaixo”.


Publicado parcialmente en “Faro de Vigo”  13 de outubro de 2006

Comentarios

  1. La fecha de la foto no es 1919 si no 1929 y el que sale a la derecha del bombo según miras la foto es mi abuelo Jose Vaz Lopez nacido en 1913 osea que en la foto tiene 16 años

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...