Ir al contenido principal

Evocando a Francisco Sánchez no IV centenario da súa morte (I): artigo de Juan Domínguez Fontenla

 En datas próximas, concretamente o 16 de novembro, celebraremos o cuarto centenario da morte, na cidade francesa de Tolosa, do pensador tudense Francisco Sánchez. Neste blog nos temos ocupado sobre a súa figura e a súa transcendencia con diversos post, o primeiro deles, de hai quince anos -necesitado, evidentemente, dalgunha actualización- segue sendo unha breve aproximación a súa vida e obra: https://tudensia.blogspot.com/2008/09/francisco-snchez-o-tudense.html

Retrato de Francisco Sánchez. Estampa calcográfica de Michel Lasne, sen data

Dende Tudensia queremos sumarnos ás celebración desta efeméride que ten de contribuír a revitalizar o coñecemento deste egrexio tudense do século XVI autor dunha senlleira achega ao pensamento europeo daquel tempo co seu libro Quod nihil scitur.

A pesar de que a obra de Francisco Sánchez foi coñecida por importantes autores como Francisco de Quevedo ou Miguel de Cervantes, sen embargo o noso pensador careceu dun recoñecemento nos ámbitos académicos e intelectuais españois ao longo da Idade Moderna. De seguro que a súa ascendencia xudía e o seu pensamento filosófico baseado nun escepticismo sobre a posibilidade do coñecemento limitaron a difusión do Quod nihil scitur no ámbito español. Non sucedeu o mesmo con reputados pensadores europeos como Kant, Leibnig, etc que coñeceron e estudaron a obra sancheciana.

Haberá que agardar a finais do século XIX para que un intelectual español como Marcelino Menéndez Pelayo recupere a figura de Sánchez no discurso pronunciado na súa recepción como académico na Real Academia de Ciencias Morales y Políticas o 15 de maio de 1891. Unha alocución titulada: «De los orígenes del criticismo y del escepticismo y especialmente de los precursores españoles de Kant». Este discurso fixará o paradigma hermenéutico sobre Sánchez dominante en España moitas décadas, aínda con vixencia na actualidade.

Posteriormente, no ámbito da cultura hispana, centraran a súa ollada en Sánchez, por un lado o historiador da filosofía Eloi Bullón y Fernández que no ano 1905 publica en Salamanca  Los precursores españoles de Bacon y Descartes” e posteriormente, dende a década dos anos trinta, será o filósofo Joaquin Iriarte quen lle dedique especial atención ao pensador tudense.

Xa Menéndez Pelayo recollía a polémica do berce de Francisco Sánchez entre Braga e Tui, clarificado polo investigador H.P. Cazac pouco tempo despois, en 1904, co descubrimento do seu autógrafo declarándose nacido na nosa cidade, aínda que é certo que noutros escritos defínese xenericamente como “bracarense” ou “hispano”.

O achado posterior, en 1920, da súa acta de bautismo en Braga reabriu a controversia, ou mellor dito o debate sobre como encaixar esa declaración de ter nacido na cidade tudense, en torno a 1550 segundo o seu discípulo e primeiro biógrafo R. Delassus, e o seu bautismo no ano seguinte na igrexa de San Xoán do Souto en Braga. Aínda hoxe non temos unha explicación axeitada para esta circunstancia.

Anteriormente a estas palabras de Menéndez Pelayo ninguén en Tui tiña referencia algunha sobre a figura de Francisco Sánchez, pois nin Avila y La Cueva na súa monumental obra de 1852 recolle información algunha ao respecto, como tampouco o libriño de Máximo Casal González “Apuntes histórico-biográfico-descriptivos de la M. N. y M. L. Ciudad de Tuy y sus hijos ilustres leídos en el Liceo Artístico en Octubre de 1884” ofrece referencia algunha.

Haberá que agardar ao segundo número do Boletín da Real Academia Galega, do ano 1906, onde Manuel Murguia publica un artigo titulado Francisco Sánchez denominado “el excéptico” no que recolle os descubrimentos de H.P. Cazac e a relación de Sánchez e a súa familia co xudaísmo e a súa condición de “cristians novos” vivindo a ambos lados do río Miño. Murguía abre unha liña de investigación e difusión da vida e obra de Francisco Sánchez no ámbito da cultura galega.

No ano 1922 a revista “Nós”, referencia esencial no pensamento galeguista, publicou unha tradución ao galego da principal obra de Sánchez o libro Quod nihil scitur a cargo do profesor do instituto de Ourense Xan Aznar. Foi no número 12, de 25 de agosto de 1922, en que publica o primeiro dos artigos titulado “O filósofo de Tuy” que tras esta primeira entrega cunha introdución á obra e biografía do filósofo, continuará coa tradución ao galego da referida obra nos seguintes números: 14-15, 19-23, 26-27, 30, 35-37, 40, entre os anos 1922 e 1927[1]. Cabe resaltar que esta foi a primeira tradución do Quod nihil scitur a un idioma romance, neste caso ao galego, demorándose ata o 1927 a súa versión ao español.

O galeguismo soubo aproveitar esta circunstancia que posicionaba a Galicia no panorama do pensamento europeo do Renacemento. E asi no ano 1929 o Centro Galego de Montevideo organiza unha conferencia sobre Francisco Sánchez que estará impartida polo filósofo uruguaio Luis Gil Salguero. Titúlase “El escepticismo de Francisco Sánchez” e figura referenciada no na revista do propio centro, en 1930, e recollida nun libro titulado Publicaciones del Centro Gallego, IV y V ciclo de conferencias, editado en 1930.

Un labor a cargo do mundo emigrante e galeguista continuado coa edición en 1944 dunha tradución ao español na colección “Camino de Santiago” que promove a editorial “Nova” de Buenos Aires no que foi fundada e dirixida por Luís Seoane e Arturo Cuadrado, dous nacionalistas exiliados, que editan once títulos sobre temas e autores galegos, tanto contemporáneos como clásicos, como é o caso desta obra “Que nada se sabe” cunha portada da autoría do propio Luis Seoane.

Houbo que agardar ata o ano 1937 para unha primeira referencia propiamente tudense sobre Sánchez. O cóengo e historiador Juan Domínguez Fontenla publica no xornal “Faro de Vigo”, de 27 de xullo, un artigo titulado: “Un gallego ilustre: Francisco Sánchez era de Tui” que constitúe, no estado actual dos nosos coñecementos, a primeira referencia na bibliografía local sobre a egrexia figura de Sánchez[2]. Domínguez Fontenla acredita, nunha nova oportunidade, o seu amplo bagaxe sobre a historia tudense e as fontes bibliográficas pois recolle boa parte das afirmacións de Cazac e de diversos autores portugueses.  Aínda que este traballo foi recollido no libro das festas de San Telmo deste ano 2023 polo seu interese e polo seu carácter pioneiro o publicamos neste post como un documento referencial na recuperación da memoria de Francisco Sánchez para a nosa cidade e as súas xentes.

A bibliografía tudense sobre o noso médico e filósofo se enriquece coa achega do cronista oficial de Tui, Manuel Fernández-Valdés Costas, que publica no Boletín Real Academia Galega do ano 1956 un traballo titulado: Francisco Sánchez “el escéptico”: lugar y fecha de su nacimiento cunha nova afirmación do seu berce na nosa cidade.

Outro tudense, o tamén médico Darío Álvarez Blázquez, dedica a Francisco Sánchez a súa tese de doutoramento presentada no ano 1960 co titulo La Vida y la obra del célebre médico gallego Francisco Sánchez "El Escéptico", profesor en Toulousse : (1550-1623) e cualificada cunha nota de “sobresaliente cum laude”. Nesta tese fai unha análise pormenorizada da bibliografía existente sobre a polémica da nacionalidades de Sánchez e posteriormente un achegamento amplo á obra médica do noso autor. Previamente no ano 1959 publica na revista do Museo de Pontevedra un artigo titulado Francisco Sánchez “el escéptico”. Posteriormente, tomando tamén como base a súa tese Darío Álvarez publica, en 1964, o libro “Francisco Sánchez, “El escéptico”. Un gallego precursor” na que reafirma a súa reivindicación da orixe tudense.

No ano 1982 o Museo e Arquivo Diocesano tudense edita un escrito de Francisco Sánchez, titulado "Sobre la duracióny brevedad de la vida". Un texto escolmado e presentado polo prestixioso investigador Carlos Mellizo, profesor na Universidade de Wyoming en Estados Unidos, autor de diversos traballos sobre o pensador tudense.

O seguinte fito na investigación sobre Francisco Sánchez dende Tui estivo a cargo de Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade, que nun artigo titulado “Los judíos de Tui” publicado na revista Sefarad en 1987 documenta a presenza do seu pai, o médico Antonio Sánchez, na nosa cidade. Iglesias Almeida atopou o contrato entre Antonio Sánchez e o Cabido da Catedral tudense polo que se contrata a aquel como médico no ano 1558. En consecuencia, a familia Sánchez se residía en Braga no 1551 para o bautizo de Francisco regresou a Tui aos poucos anos. Se cuestionaba así a hipótese, ata daquela xeralmente aceptada, da breve presenza desta familia en Tui.

Moi recentemente outro historiador tudense, Suso Vila, ten aportado outro notable documento sobre a permanencia do médico Antonio Sánchez en Tui. Trátase do aforamento polo Cabido dunha ampla propiedade na zona da Lagoa cun contrato asinado o 7 de xaneiro de 1564 que alongan a estadía da familia Sánchez na nosa cidade, aínda que seguimos sen coñecer unha data concreta da súa partida de Tui. Neste traballo titulado “O exilio dos cristiáns novos en Galicia. O exemplo da familia de Francisco Sánchez” publicado na revista “Murguia. Revista Galega de Historia” do pasado ano 2022 Suso Vila ofrece tamén unha documentada análise das relacións familiares que favorecerían e facilitarían a fuxida de Antonio Sánchez e Filipa de Sousa, co seu fillo Francisco, cara Bórdeos debido ás presións derivadas do clima social contra os “cristiáns novos” e ás visitas dos inquisidores tras a creación do Tribunal da Inquisición en Santiago de Compostela no ano 1562.

Finalmente, referenciar que no ámbito da investigación académica en Galicia arredor da figura de Francisco Sánchez nas últimas décadas cómpre citar dous nomes. Por unha banda, F. Fernández Dobarro que presenta, no ano 1985 a súa tese de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid titulada Francisco Sánchez y el escepticismo de su tiempo, que será publicada pola Deputación de Ourense en 1988. O outro profesor é Martín González Fernández, catedrático de Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, que realizou a súa tese de doutoramento sobre La filosofía de Francisco Sánchez, el "escéptico" : (1550-1623) no ano 1985, publicando posteriormente numerosos traballos sobre o pensador tudense, entre os que cómpre salientar o libro O labirinto de Minos: Francisco Sánchez, o "Escéptico", un galego no Renacimento editado no ano 1991.

Este breve achegamento a algunhas das principais pescudas sobre a traxectoria de Francisco Sánchez serven de limiar e contextualización a tres artigos que iremos publicando en Tudensia nos vindeiros días dedicados ao noso pensador para sumarnos ao recoñecemento, no cuarto centenario da súa morte, a este egrexio médico e filósofo que coa súa obra Quod nihil scitur realizou unha senlleira aportación filosófica no ano 1581 que aínda hoxe segue suscitando interese expresando a potencia do ser pensamento. Para Tui e para Galicia recuperar a figura egrexia de Francisco Sánchez resulta imprescindible. Agardamos que estas actividades faciliten incorporalo á nosa memoria colectiva como un fito senlleiro na nosa traxectoria histórica.

 

 

Un gallego ilustre: Francisco Sánchez era natural de Tui

De pocos hombres se ha escrito tanto como acerca de este ilustre filósofo y notabilísimo médico que a fines del siglo XVI y principios del XVII ilustró con su ciencia las universidades francesas de Montpellier y de Tolosa.

No satisfecho con haber dedicado gran parte de su vida a la enseñanza universitaria especialmente en la última de aquellas ciudades en la que fue Real catedrático de artes liberales y Filosofía y de Medicina, Rector de la misma Universidad y por último decano de la Facultad de Artes y después de la de Medicina, en cuyo cargo le sorprendió la muerte, dejó también en pos de si una estela luminosa de ciencia en obras muy notables que le han granjeado mucha fama, no solo en Francia, campo principal de sus labores científicas, sino también en otras naciones a donde llegó su ilustre nombre.

Razón es esta por la cual son muchos los escritores que en sus días y posteriormente se han ocupado en su personalidad, en el análisis de sus escritos que han formado época y en hacer investigaciones relativas a su biografía. De mucho tiempo acá no se publica ninguna obra de “Historia de la Filosofía” que no trate de este notable hijo de Tui. España es tal vez la nación en que menos se ha escrito acerca de él.

El punto más dicutido –objeto único de este artículo de carácter puramente histórico- es el relativo a su nacionalidad. Muy pocos son los escritores que lo hacen español; contadísimos los que le recuerdan como nacido en Tui; la mayor parte de ellos dicen de él que es natural de Braga, capital de la antigua provincia y comarca de Entre Duero y Miño, en el norte de Portugal.

No es del caso referir cuáles son los escritores que siguen esta opinión errónea, que tal vez el mismo Francisco Sánchez fomentó inconscientemente, calificándose a sí mismo de “bracarense” cuando explícita y francamente en documento oficial que reproducimos gráficamente de que “nació en la ciudad de Tui”.

Antes de presentar a nuestros lectores este importantísimo testimonio demostrativo de su verdadera nacionalidad vamos a resolver y destruir las razones en que se apoyan los que no le permiten nacer en Tui.

En los documentos oficiales de los registros académicos de la Universidad de Montpeller, donde nuestro paisano terminó sus estudios literarios, hablando de sus grados existen las siguientes notas:

1ª . En 23 de noviembre de 1573 al recibir el grado de Bachiller en Medicina firma así: “Ego Franciscus Sanchez, Hispanus, Bracarensis diocesis, insiquitus sum laurea Baccalaureatus”.

2ª. En 29 de abril de 1574, al ser Licenciado en Medicina escribe “Ego Franciscus Sanchez, Bracarensis diocesis, accepi gradum Licenciaturae”.

3ª. En 13 de julio de 1574 al recibir colación de Doctorado en Medicina, suscribe “Ego Franciscus Sanchez, Hispanus, diocesis Bracarensis, accepi gradum Doctoratus”.

Al leer estas frases repetidas “diocesis Bracarensis” dedujeron que el mismo había afirmado su nacionalidad portuguesa y su patria de Braga. Nada más inexacto, porque el insigne filósofo y médico sólo habla en un sentido muy lato de que era de la archidiócesis bracarense, refiriéndose a la que se conceptuaba históricamente capitalidad eclesiástica de su país, la cual extendía su jurisdicción y abrazo toda la antigua “Gallaecia” romana, y a la cual aún en nuestros días, dan la prerrogativa de “Primada de las Españas” todos los teólogos y canonistas portugueses.

Francisco Sánchez, que tenía arraigos familiares en Portugal, como veremos, al subscribir las actas de recepción de sus grados académicos, se acomodó al estilo antiguo histórico, refiriéndose a la capitalidad arcaica de la provincia eclesiástica que unas veces perteneció a Lugo y otras a Braga, y solo recientemente, al hacerse independiente Portugal de España, pasó a Compostela.

La voz “Bracarense” tiene además un sentido poco conocido y es que se identifica con la palabra “gallego”. La antigua “Gallaecia” extendíase a uno y otro lado del Miño desde el Duero, y por eso las voces gallego y bracarense tienen un carácter sinonímico histórico, y solo en este sentido la empleó nuestro escritor, al llamarse bracarense del lado de acá del Miño.

Existe, en efecto, en las mencionadas subscripciones una palabra que confirma plenamente esta nuestra afirmación, y desvirtúa en absoluto la idea de que sea bracarense geográficamente su nacimiento. Llámase de hecho en dichas subscripciones “Hispanus-Español”.

Ahora bien. Si Francisco Sánchez hubiese hecho estas declaraciones después del año 1580 en que se verificó la anexión de Portugal a España en los días de Felipe II, cuando toda la península ibérica pasó a constituir una sola nación; España, pudiera haber lugar a confusiones, pero no fue así, sino que escribió esto en los años 1573-74, y entonces estaban absolutamente separadas ambas naciones.

Al hablar Francisco Sánchez de su tío político paterno, llamado Antonio López que vivía en Valença do Miño, llama a esta ciudad la “última Lusitaniae urbs”, es decir, última o extrema ciudad de Portugal, lo cual prueba que para él eran naciones distintas la española y la portuguesa, y por lo tanto al llamarse a sí mismo “hispanus”, “bracarensis” fue lo mismo que español y gallego, no natural de Braga, sino como sufragáneo de la ciudad constituida por Constantino el grande capital de la Gallaecia romana y Metrópoli más tarde de nuestra provincia eclesiástica.

Veamos ahora la prueba categórica de su nacionalidad tudense.

En el libro registro de matrículas de la Universidad de Montpeller hállase el documento, cuyo autógrafo reproducimos a continuación, perteneciente al 21 de octubre del año 1573 folio 49 vuelto del libro académico correspondiente a esta fecha.

Yo Francisco Sánchez, español, “nacido en la ciudad de Tui” fui interrogado por el Señor Francisco Faeneo, Procurador de esta Academia y recibido por el Señor Lorenzo Jouberto. Canciller, entre los estudiantes de Medicina, y pagué los derechos del Colegio, y prometo observar los estatutos, y elijo por mi padre (padrino académico), a don Francisco Faeneo, Procurador de esta Academia.”

En fé de todo ello escribí estas con mi propia mano en el año del Señor mil quinientos setenta y tres, en el día veintiuno del mes de octubre.” – Francisco Sánchez. (firmado y rubricado.)

Por los detalles deducidos de sus grados académicos y brevísimas notas de su biografía, se deduce que nació nuestro paisano en la segunda mitad del año 1550. A esta fecha no alcanzan los libros parroquiales de Tui que hemos rebuscado diligentemente. No existe partida de supramental de su bautismo como alguien afirmó.

Sabemos que su padre se llamó Antonio Sánchez, y tuvo una tía paterna avecindada en Valença do Miño casada con un tal Antonio López, el cual venía casi diariamente a visitar a su familia de Tui. Tuvo dos hijos en Tolosa, el uno llamado Dionisio y el otro Guillermo, hombres de letras que dedicaron sus obras a la memoria de su padre. Tuvo también un primo llamado Duarte Paulo, natural de Lisboa.

Falleció Francisco Sánchez en la ciudad de Tolosa, a mediados de noviembre de 1623, siendo sepultado el día 16 de dicho mes en la iglesia de los Padres Franciscanos de la Gran Observancia, la cual iglesia hoy ha desaparecido. Tenía entonces setenta y dos años de edad.

Estos detalles tomados de su partida de sepultura eclesiástica en el libro de defunciones de la basílica de Notre Dame-la-Daurade, en Tolosa, situada en las cercanías de la Facultad de Medicina, prueban y confirman que el notable filósofo y médico era cristiano católico, pues se cobijaban sus cenizas en la tierra sagrada de un templo de los hijos de San Francisco de Asís.

 

Juan Domínguez Fontela

De la Real Academia de la Historia.                    

Publicado en Faro de Vigo de 26 de xullo de 1937

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le